Esta unidade didáctica está deseñada para o estudo das vangardas poéticas galegas do primeiro terzo do século XX.
Á hora de analizarmos calquera período artístico ou produción concreta é conveniente que nos acheguemos antes a todos aqueles aspectos que o rodean que estean ao noso alcance. Este labor previo vainos axudar á súa correcta interpretación e valoración tanto no momento da súa creación como desde a etapa histórica actual.
O principal obxectivo deste material é que o seu paso por el permita adquirir dunha banda unha visión xeral do fenómeno do vangardismo e doutra, unha visión máis específica da súa manifestación no noso corpus literario.