Location via proxy:   
[Report a bug]   [Manage cookies]                

25 mayo 2023

a contemporaneidade é máis complexa coas caixas negras dos monopolios tecnolóxicos

Organizacións, empresas e institucións -as de toda a vida- enfróntanse a disrumpir e avanzar se queren quedar no ecosistema que se está a formar.  

É unha mágoa que a dixitalización chegara nun momento tan disciplinar e compartimentado. Por iso a mirada ainda non alcanza a ser ecosistémica, dende

  • a tecnoloxía - focalizada na conectividade, os nodos de sempre, os retos da inversión no 5G, da automatización, do audio e das intelixencias artificiais
  • a economía neoliberal - resucitando modelos vellos e publicidades, sen fórmulas financieiras, volcada no comercio electrónico, e rematando a concentración capitalista nas plataformas monopolistas,
  • a política - das falsedades e da viralización coas viraxes dos movementos sociais, o tremendo auxe dos populismos co todos seus negacionismos,
  • a comunicación - servindo formas hipermediais de dixitalización sen escoita nin calado na interacción repousada, consciente e crítica.
A estas alturas das sempiternas demandas ecosistémicas queda superado o inter- e o transdisciplinar. Nos carríls de sempre non atopamos solucións diversas. As viciadas formas non encaran a complexidade do ecosistémico en expansión e transformación. 

Claro que é bo que a perspectiva comunicativa complexa do ecosistema dixital lembre as principais aportacións das tradicións disciplinares para destacar a eficiencia das plataformas tecnolóxicas (casi monopolísticas), dos acordos supranacionais sobre valores e de futuro, lembrar o poder e as responsabilidades das institucións politico-culturais que asoballan industrias creativas e grupos mediáticos, os meta proveedores de contidos, as esferas de influenciadores e as masas de perfís activos nas principais aplicacións cuasi-globais. 

A perpectiva pluridisciplinar non gaña categoría de perspectiva complexa sen completar a arquitectura estrutural do ecosistema hipermedial coa dinámica tecno-económico-social que gradúa e avalía as xerarquías de interaccións e participación, seu impacto na difusión, memetización ou transmediación de contidos e mensaxes. As burbullas, polarizacións ou viralidades en xeral que poden investigarse de forma non lineal recoñecendo desaparicións e perigos de extinción ou emerxencias e innovacións das que moi pouco sabemos.

Na dixitalización están a evolucionar tamén os ecosistemas comunicativos previos. 
Por exemplo, as formas de liderado e de comunidades propias das retóricas prehistóricas e rurais expándense ao tempo que disminúe o calado do compromiso grupal nos movementos globais. Os ecosistemas institucionais dos estados-nacións, igrexas e demais dilúen seus discursos ou amplian as interpretacións moito mais alá dos relatos revelados ou fundacionais.
A dixitalización da modernidade e da sociedade de consumo altera a financiación e a publicidade das industrias culturais nun mercado total con mais riscos para o extraordinario, minorizado ou  periférico en xeral. 

Nos albores do seguinte estadío ¿4.0, 5.0, n.0?, quizais de proxectos de metaversos, de novas automatizacións e dixitalizacións nas cousas da vida, as vellas retóricas prehistóricas sufren profundas transformacións nas redes sociais dixitais dirixidas por opcións e algoritmos que marcan nosas preferencias persoais e agrupan  colegas, familias e correlixionarios.

E despois do ruido universal que xera a concentración da atención mundial móvil, co contido omnipresente regalado gratuitamente, fanse os almacéns de datos, a información vendida e as reservas privadas de coñecemento e ciencia ocultos nas caixas negras das macro-plataformas tecnolóxicas monopolísticas. 
Se a sabiduría dixital non sae delas e conecta cos outros coñecementos e co resto do ecosistema social e natural non chegará a ser o sentido profundo colectivo que foron as culturas primixenias, as orixes das cidades e civilizacións ou imperios, os ideais da modernidade e dos futuros alternativos das contraculturas contemporáneas. 
¿Non sería como posuír tesouros maiores cos do alfabetizado e letrado Rei Midas podrecidos nos seus servidores como merda corrupta de macro-plataformas en loita por unha hexemonía que non ten nada de global?

09 mayo 2023

intelixencia artificial: riscos, verdades e mentiras elDiario.es #39


 A revista de primaveira #39 do elDiario.es conta, coma sempre, cunha ducia de bos artigos sobre a cuestión do momento. 

Algúns máis convencionais lembran que un almacén ou gran memoria só ten as cualidades enciclopédicas de quen ordea (ordenador). Que en todo caso permite procesar ou formular solucións naqueles problemas nos que está adestrado (computador). Máis a cousa do algoritmo fóisenos das mans cos grandes modelos de linguaxe que permiten encadear palabras relacionadas con certa coherencia e verosimilitude. De seguir tal ritmo parece que é mera inercia da autoprendizaxe profunda que pronto sexamos operados a corazón aberto por bots e decidamos en base a escenarios virtuais (bélicos por exemplo). 

Hai tempo que chamamos artificial ao forzado, extravagante; ou ben que teña que ser completado por algunha ferramenta ou tecnoloxía. Dende o lume ou a roda a intelixencia é artificial porque usa ritos e aparellos pra construir liderados e agrupar asociacións e comunidades den fai centos de miles de anos na prehistoria ata as culturas rurais contemporáneas. Tamén falamos de natural como do normalizado dende a ética grega e o dereito romano. Forxaron cidades-estado, sociedades locais e cidadanías a través de institucións e técnicas con superestruturas máis complexas cas comunais. En xeral son intelixentes nas culturas clásicas, tamén orientais, os sabios, cun sentido integrador da totalidade axustado a seu tempo e contornas.

No desenvolvemento medieval e moderno dos estados-nación, das igrexas e dos imperios as culturas escritas dos grandes relatos e dos libros sagrados defenderon a intelixencia como saber práctico para a vida prudente dotada de hábitos, costumes e virtudes alentadas pola honra, a dignidade e os fins e valores relixiosos.

A modernidade individualizou a realización e a identidade o longo da ilustración, o idealismo o romanticismo e os nacionalismos estatales. A unificación do canon cultural internacional nos últimos douscentos anos defende unha intelixencia aberta e responsable dende os valores mercantís, liberais, republicanos e democráticos. 

Estes anteriores de sabiduría e vida chea non teñe aínda cabida na artificialidade actual das intelixencias robóticas. Ás máquinas decisoras e seus robots non teñen identidade nin comprenden quén lles fala. Non integran o almacenado ou "aprendido" nun saber. Como simplifican os contextos, perden as diverxencias e as diferencias das faccións e perspectivas debidas a opcións vitais e valores non homoxeneizables. Poden parecen empáticos, cada vez máis, sen sentir nadiña. Ainda semellan cans sen colar, mais teñen dono e defenden os territorios das grandes plataformas tecnolóxicas; sen coidar de valores alleos nin responder ante ningén das desfeitas que poidan derivar delas. 

Imos vivir con elas. Atentos entón pra que non nos vivan como outros queran. Que como tantas veces na prehistorias a o longo dos séculos, os autómatas terminamos sendo nos.

20 abril 2023

a cultura que nos fixo Europeos (ao fio de Figes)

A comunicación sempre ha colaborado en construcións sociais: 
  • -a fala dende a prehistoria fai grupos, asociacións ou comunidades, 
  • -os discursos dirixidos constrúen institucións, como igrexias ou imperios e 
  • -as industrias culturais congregan as heteroxéneas e masivas sociedades contemporáneas, se queredes de benestar e consumo.
Cando falamos de sociedade adoitamos referirmos á nosa. Inda sen decatarnos que nosos estados-nación veñen dos nosos tataravós no século XIX europeo. 
A cultura da aristocracia, como música de cámara e de salóns, convérteuse en concerto sinfónico, gran ópera, biblioteca ou museo para os grandes públicos das capitais do mundo. Faise cultura popular, creando mercados artísticos e necesidades estatais de atender estas emerxentes curiosidades públicas. 
Sae do mecenado aristocrático para caer nas reproducións industriais e a divulgación masiva. O pop non foi deseguido popular. 
Tra-lo romanticismo a música, a danza, a literatura deixan de ser ocio dos estamentos liberais e convértense en neg-ocio. Sempre que saibas vender a baixo prezo reproducions, partituras, pezas de peto aptas para todos os bolsos e mentes.

Un primitivo marketing de críticos e revistas e xornalistas fai que a xente coñeza a tonadilla, os pasos, a trama da intriga no relato seriado. É chave para un consumo masivo da cultura e a conformación dunha sociedade extensa e diversa. Acompaña á decadencia do romanticismo, nas primeiras décadas do XIX certo desleixo do canon de clásicos das academias e dos salóns aristocráticos. 
Os promotores operísticos e teatrais, os críticos e as revistas culturais mantiveron a certa altura a panoplia de títulos e autores que ían dar cartos ás industrais e institucións culturais. Chegou a hora das exposicións universais, dos gran espectáculos operístico ou concertístico, que percorren co ferrocarril as cidades europeas de primeiro nivel. Todo o mundo (Europa) fala deses novos valores. Mercan libretos, partituras, folletines, viñetas...  facendo populares as pezas románticas contemporáneas e das vangardas artísticas europeas. Construíndo, en definitiva, as nacións e culturas como as coñecemos hoxe, esas que pensamos que sempre foron así.

As primeiras industrias culturais e creativas conforman o entretemento e estilo de vida nunha incipiente globalización europea das sociedades burguesas; mais aló de fronteiras e moito antes da chegada do cine, da radio e demáis medios de comunicación masiva. 

Isto é o que pretende demostrar e explicar Los europeos do historiador Orlando Figes. O recoñecido investigador da cultura rusa nesta obra divulga a economía e política da cultura europea recuperando o título consagrado por Henri James, defendido polo relato de Rafael Azcona e repicado na máis recente película de Victor García León con Raúl Arévalo e Juan Diego Botto.

Figes, como en outras obras súas, salpica de datos e demostracións o relato da primeira internacionalización de Europa dende a cultura comercial que comparte. 
A partir de unha pequena intrahistoria dunha familia de orixe andaluz, que deu relumbrantes figuras da ópera na metade do século XIX. Percorre o relato de Sevilla a San Peterburgo, balizando o ensaio nos eventos culturais das grandes cidades europeas. Con detalles da figuras señeiras -artistas e empresarios- da popularización e masificación da cultura compartida, grazas á publicidade e a venda de artigos promocionais e derivados polos primeiros marchantes, editores e xestores culturais de produtos artísticos. 
Ao gusto da época ou facendo que a época gustase deles.

17 abril 2023

O gran relato segundo ChatGPT

 Nas miñas conversas con chatgpt cuestionaba o que coñece do gran relato. Tanto en castelán como en portugués, considerao como una narración maestra, un metarrelato como paradigma de moitas outras explicacións ou contos. As idades e as culturas distínguense, en efecto, polos relatos paradigmáticos. No chat se comparan o evolucionismo darwiniano con teorías conspiratorias. Mais cando pideslle que clasifique e detalle tipoloxias, iguala os grandes relatos religiosos, a os filosóficos, científicos, históricos e políticos. Sempre cunha apostila final lembrando a os postmodernos consideraron rematado o tempo dos grandes relatos. Preguntando polo gran relato en internet contesta que as vellas covas seguen a existir e difundirse nas plataformas dixitais. Que ademáis temos un gran relato, algo tecnoutópico, sobre a conectividad e suas vantaxes na globalización. 

15 abril 2023

Fillos de rebeldes románticas

 As ideas coas que pensamos a sociedade e o Estado teñen dous séculos e pouco.

Caroline Böhmer-Schlegel-Schelling e outros xóvenes intelectuais rebeldes xuntáronse na incipiente Universidade de Xena, aproveitando unha maior liberdade de pensamento e de vida no ducado de Saxonia-Weimar nos anos finais do s. XVIII.  Co apoio do asesor do duque Goethe chegaron os literatos Schiller e Novalis. Tamén atraeu a Fichte, ao que seguiron os filósofos Schelling, Schleiermacher e Hegel. Os irmaos Schlegel e os von Humboldt como a familia Tieck ou Veit destacaron na pequena cidade do rio Saale dende o verao de 1794 ata a invasión dos estados alemáns por Napoleón no inicio do século XIX.

O que Andrea Wulf con acerto chama Círculo de Jena é o xerme dos romanticismos europeos nunha cooperación intelectual e cultural entre mulleres e homes, nomeados intelectuais, ensaiando liberdades: de opinión, de matrimonio, de xestión cultural, de construcción intelectual. Nas atraintes tertulias burguesas e nas aulas universitarias desenvolvéronse os ideais de liberté, egalité et fraternité que chegaban das recentes revoltas parisinas. Melloradas e aumentadas creceron coa difusión cultural do momento dendo o romanticismo alemán aos que o foron inglés, francés, ruso, italiano, español... 

A pesar das crises e da pandemia a impenitente Wulf segue a rebuscar nas cartas e na documentación é como foi boi contadora da invención humboldtiana da natureza tamén é quén de explicar á non ilustrados a invención do eu polos filosofos idealistas xermanos e a construción da gran literatura e as artes do romanticismo.

A rápida difusión da modernidade supón amais un exitoso ensaio das industrias culturais dos libros e revistas nos albores do paradigma mediático da sociedade contemporánea. Sen ista innovación, a nosa normalizada "sociedade" diferente e heteronxénea non o sería. E sen estes iniciais medios de comunicación tampouco teríamos Estado, a pesar da boa definición que Hegel lle dera.


 Andrea Wulf. Magnificent Rebels. The first romantics and the invention of Self. Penguin Random House, 2022.



Andrea Wulf. Magníficos rebeldes. Los primeros románticos y la invención del yo. Madrid: Taurus, 2022.

13 abril 2023

o perigoso IKIGAI

En relatos breves, acurtados para o microlector/a actual, Hector "Kirai" García e Francesc Miralles reeditan dende 2016 ikigai, los secretos de Japón para una vida larga y feliz (Ed. Urano, Madrid). Cun índice descendente, dende a sabiduría e mestría dos nonaxenarios e centenarios entrevistados na aldea de Õgimi, preto de Okinawa, ate recomedacións prácticas, nutricionais e vitais ao estilo dun texto de orientación e autoaxuda.

Malia as desfeitas inveteradas da nosa especie na natureza, temos capacidades de innovación e intelixencia coma para aumentar anos ás nosas vidas. Aínda que inmensas contaminacións do planeta medran cada ano tamén gañamos anos á vida (nos primeiros mundos).

O ikigai é o propósito, o sentido persoal da nosa vida. Parte de dentro, como deixar as drogas. Máis non é só un pulo interior, un simple momento existencial. Como a contaminación, que é o resultado do que non facemos ou voluntariamente - con deixamento - imos botando tras de nos. O ikigai non é unha idea, o u un eureka coa solución. Resulta dun proceso; esixe un modo de vida, ou tentalo.

Como calquera filosofía que se gabe, o ikigai, non ten espazo suficiente nas poucas páxinas dunha edición de bolsillo. Contén, alomenos, unha filosofía persoal, coñecementos ambientais e de saúde, unhas pasións sociais e ecolóxicas, unas rutinas cooperativas, prácticas e exercicios saudables diarias... sen precisar seminarios, obradoiros, ximnasios ou coachers.

A filosofía ikigai, non cabe nos diagramas ou esquemas de autoaxudas ikigai-parecidas. Realmente representan un perigo para o modo de (no es -) vida contemporáneo como para a seguridade social e o finanzamento das pensións do futuro.




10 abril 2023

ceremonias de comunidad

Las ceremonias trascienden los límites del individuo y resuenan más allá del reino de lo humano. Son actos de respeto poderosamente pragmáticos. Actos que magnifican la vida. 

En muchas comunidades indígenas, el tiempo y la historia pueden haber descosido los dobladillos y los bordados de los ropajes ceremoniales, pero la tela no ha perdido su fuerza. En la sociedad hegemónica, sin embargo, todas las ceremonias parecen haberse evaporado. Supongo que hay muchos motivos que lo explican: el ritmo frenético de la vida, la disolución de la comunidad, la idea de que las ceremonias son artefactos creados por religiones organizadas e impuestos sobre los participantes, y no celebraciones elegidas libre y felizmente.

Las ceremonias que la sociedad occidental sigue llevando a cabo -- los cumpleaños, las bodas, los funerales --  se centran únicamente en el individuo, en la conmemoración de ritos de transición personal. Puede que la más comunal de todas sea la graduación del instituto. A mí me encanta.Vemos a todos los miembros de la comunidad vestirse de gala, una noche de junio, para asistir al auditorio, tengan un hijo en el instituto o no. Las emociones compartidas producen una sensación de vínculo comunal. Un sentimiento de orgullo ante los jóvenes que cruzan el escenario. De alivio por algunos de ellos. Una buena dosis de nostalgia y recuerdos. Conmemoramos a esos hermosos jóvenes que han enriquecido nuestras vidas; reconocemos el duro trabajo realizado y los logros conseguidos contra todo pronóstico. Les decimos que depositamos en ellos nuestras esperanzas para el futuro. Les animamos a salir al mundo y pedimos que vuelvan sanos y salvos. Les aplaudimos. Ellos nos aplauden. Todo el mundo derrama alguna lágrima. Y entonces comienzan los festejos.

ROBIN WALL KIMMERER, 2021, pag 288. Una trenza de hierba sagrada. Saber indígena, conocimiento científico y las enseñanzas de las plantas. Madrid: Capitán Swing.