





UNA OPCIÓN SEGURA…
¡¡INFÓRMATE!!



¿TE LA VAS A PERDER?
¡¡INFÓRMATE!!



NOTICIAS
AXENDA
Celebra con nós o X Aniversario!
O vindeiro venres 25 de abril terá lugar a 8ª Competición de Robots da EEI na Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, a partir das 10:30 horas.
Queremos que sexa unha edición moi especial, na que poidamos gozar coa presenza de estudantes e profesorado dos distintos centros educativos da nosa comuninidade e vivir unha xornada de convivencia chea de sorpresas, premios e sorteos entre os equipos inscritos e na que poder compartir experiencias con outras persoas coa mesma paixón pola robótica.
Unha oportunidade para pór a proba o voso talento e creatividade, aprender e mellorar as habilidades en robótica dunha maneira divertida, vivindo unha experiencia inesquecible.
Queremos celebrar o noso X Aniversario coa vosa presenza!
Esperámosvos o 25 de abril no RobotFriday da EEI!
Podes consultar máis información na seguinte ligazón.
O xoves 20 de marzo, a partir das 12:00 horas, celebrarase o acto académico do patrón da Escola de Enxeñería Industrial.
Para asistir, tanto ao acto coma ao xantar posterior, é necesario rexistrarse antes das 14:00 horas do 17 de marzo a través do QR ou na ligazón:
https://forms.gle/ecM3zugjRP26U7T4A
Consulta o programa completo do acto académico do patrón da EEI.
O Mestrado en Enxeñería da Automoción organiza unha nova charla dentro das CHIA, unha serie de charlas-coloquio nas que se aborda temática de actualidade relacionada co sector da automoción, contando coa participación de persoas de relevancia no sector.
Nesta ocasión teremos o pracer de contar coa participación do Director Xeral do CTAG, D. Luis Moreno que nos falará dun tema tan importante e de actualidade coma o vehículo eléctrico, as súas vantaxes, inconvenientes, perspectivas de futuro... Vehículo eléctrico, si, ou non?
A charla terá lugar o próximo venres 14 de marzo a partir das 16:00 horas na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus.
Anímamosvos a participar nesta charla. Coma o número de prazas é limitado, para asistir é necesario rexistrarse na seguinte ligazón: inscrición
Dende o 10 de marzo celebraranse diferentes torneos e actividades.
Con motivo da celebración do Patrón da Escola de Enxeñería Industrial, a Delegación de Alumnado de Industriais (DAI) vai desenvolver un amplo programa de actividades moi diversas. Haberá torneos de triples de baloncesto, futbolín, xadrez, league of leguends, Mario Kart e moito máis.
Os prazos para inscribirse aos distintos torneos finalizan entre o 5 e o 9 de marzo.
Para máis información, podes contactar coa delegación de alumnado, delegacion@dai.uvigo.gal.
Anímate e participa!
Iniciativa organizada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Uvigo.
Esta xornada está enmarcada dentro das actividades do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. É unha oportunidade para dar a coñecer á sociedade e ás alumnas o que se fai na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Unha actividade divulgativa esencial para dar visibilidade ao traballo das investigadoras, científicas e enxeñeiras da institución e fomentar as vocacións entre as xeracións máis novas.
O programa previsto para esta xornada é o seguinte:
9:30 - 9:45 horas: Benvida por parte da Subdirectora de Alumnado e Relacións Institucionais da EEI - Foto grupal na entrada da EEI - descrición da Actividade 11F: E ti, queres ser enxeñeira?
9:45 - 9:55 horas: Benvida por parte de Natalia Caparrini - Vicerreitora de Estudiantado e Empregabilidade da Uvigo.
9:55 - 10:15 horas: Relatorio a cargo de Ana Mejías Sacaluga - Docente e Enxeñeira de Organización Industrial da EEI.
10:15 - 11:00 horas: Relatorio a cargo de Sonia Segade Blanco - Directora de transformación dixital e tecnoloxía de RENFE.
11:00 - 11:45 horas: Actividade 11F/Parte 1 – Enxeñeiras da EEI: Entrevista.
11:45 - 12:10 horas: Descanso.
12:10 - 12:30 horas : Showroom das JAI'2025.
12:30 - 13:20 horas: Actividade 11F/Parte 2 – Así imaxinabas a unha enxeñeira?
13:20 - 13:25 horas: Peche da Actividade 11F.
13:25 - 13:30 horas: Dirección cara aos autobuses.
O luns 10 de febreiro comezan as JAI'2025, a X Edición destas "Jornadas sobre Tecnologías y Soluciones para la Automatización Industrial".
Ás 11:00 horas terá lugar o acto oficial de apertura no Salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus.
Estas xornadas celebraranse do 10 ao 14 de febreiro e contarán con máis de 50 relatorios de expertos de empresas punteiras no ámbito da automatización. Temas como intelixencia artificial, robótica móbil, sustentabilidade enerxética e ciberseguridade serán protagonistas.
Xunto co programa de relatorios, haberá catro mesas redondas, que analizarán os retos e oportunidades do sector, e unha grande exposición de robótica, que se celebrará na entrada da Escola de Enxeñería Industrial, onde os asistentes poderán interactuar coas solucións más innovadoras e explorar casos de éxito reais.
Podes consultar máis información na web das JAI.
Esperámosvos na UVigo do 10 ao 14 de febreiro!
Do 07 ao 14 de febreiro de 2025 terán luga na Escola de Enxeñería Industrial (Sede Campus), as I Xornadas de Enxeñería Biomédica – JIB’2025
O programa inclúe os seguintes relatorios:
Venres 7 de febreiro
- 11:00 a 12:00 horas: Charla FabRX - "Driving innovation in research with 3D printing" (Salón de actos). Adrián Campos.
- 12:30 a 13:30 horas: Charla KUNE Implants - "Implantes personalizados: da planificación dixital á realidade cirúrxica" (Salón de actos). Iago González Fernández e Fátima Sendín.
- 15:00 - 17:00 horas: Obradoiro Beta Implants - "Principios biomecánicos en osteosíntese (Aula 0). Lorena Rodríguez, Elia Fernández, Claudia López e Rubén Pérez.
Martes 11 de febreiro
- 12:00 - 13:30 horas: Simposio «Enxeñaría da Saúde I» sobre «Cara un futuro intelixente: tecnoloxía e IA para transformar o manexo da apnea do sono» (Aula de grao). María Luisa Torres e Manuel Casal (Hospital Álvaro Cunqueiro).
Xoves 13 de febreiro
- 12:00 - 13:30 horas: Simposio «Enxeñaría da Saúde II» sobre «Presente e futuro da cirurxía endovascular» (Aula de grao). José Manuel Encisa de Sá (Hospital Álvaro Cunqueiro) e José Manuel Blanco Rey (Siemens Healthineers).
Venres 14 de febreiro
- 14:30 - 15:15 horas: JAI TALK: "A Revolutionary Theranostics Approach for Robotized Colonoscopy" (Salón de actos). Prof. Bruno Siciliano (Universidade de Nápoles Federico II).
Ademais, durante toda a semana, haberá un showroom de equipamento biomédico, onde se presentarán servizos do Hospital Álvaro Cunqueiro e empresas como BETA Implants, KUNE IMPLANTS e FABRX, que non vos podedes perder.
Podedes consultar máis información en JIB'2025.
Esperámosvos!