Platà N 2023
Platà N 2023
Platà N 2023
UNIDADE 3. PLATÓN
Naceu en Atenas, cara ao 427 a.N.E. probablemente. E morre no 348 a.N.E. De familia
aristocrática, tanto el como os seus parentes críanse descender directamente dos deuses
(de Neptuno, neste caso), para xustificar así a superioridade da súa liñaxe.
O seu verdadeiro nome foi Aristocles, pero se lle chamou Platón en alusión as súas
anchas costas. Aos 20 anos coñece a Sócrates, ao que estará moi ligado durante toda a
súa vida. Pronto se sentiu inclinado cara á acción política (entre os Trinta Tiranos de
Atenas houbo dous parentes seus e varios coñecidos, o que explica quizais o seu
escaso interese pola democracia), pero desilusionouse cando condenaron á morte a
Sócrates.
1
PLATÓN
A súa ilusión: crear un Estado no que a morte de Sócrates -o mellor, máis sabio e
xusto dos homes coñecidos- resulte imposible.
Despois da morte de Sócrates, Platón viaxou por Exipto, Sicilia e o sur de Italia.
No ano 387 a.N . E , tras regresar da súa primeira viaxe a Siracusa, fundou en Atenas
a súa escola filosófica, á que lle deu o nome de “Academia”( situada a carón do
santuario dedicado ó heroe Academo). Alí se estudaba non só filosofía senón tamén
Física, Xeometría, Astronomía e Aritmética. Neste sentido, constituía a antítese da
educación sofista. A academia debía servir principalmente para a formación de
futuros políticos e gobernantes, nun novo intento de aplicar a súa doutrina do filósofo
gobernante.
➢ Obra
Platón escribiu as súas obras en forma de diálogo, na maioría das cales Sócrates é o que
leva a voz cantante, dialogando con outros. Os diálogos platónicos soen levar o nome
da personaxe que fai de interlocutor principal de Sócrates, e frecuentemente tamén
levan o título do tema tratado.
A súa obra, xa que logo, non é unha serie de libros sistemáticos, senón diálogos que
resumen a miúdo as discusións mantidas na Academia. Moitas das súas teorías están
vertidas nunha sofisticada roupaxe mítica e literaria, do que custa desprender as
reflexións tipicamente filosóficas.
Nesta época mantén total fidelidade aos ensinos de Sócrates e a virtude será o seu
tema central.
2
PLATÓN
2º. Diálogos de transición (388-385): Platón viaxa a Italia e entra en contacto con
algúns pitagóricos , cuxo influxo será considerable (inmortalidade e transmigración da
alma, vida comunitaria dos filósofos, temas cosmolóxicos, importancia das
matemáticas, música, etc.). Despois marcha a Sicilia, onde coñece ao cuñado do tirano
que alí gobernaba (Dionisio I de Siracusa). Criticou, parece, a vida escandalosa e fastosa
da corte, motivo polo cal parece que Dionisio o vendeu como escravo. Un amigo -
Anniceris de Cirene- rescatouno e conseguiu volver a Atenas. Alí funda a Academia
(estaba cerca do templo dedicado ao heroe Academos), inspirándose en parte nas
comunidades filosóficas pitagóricas. Polo seu estilo e funcionamento, pode considerarse
a primeira universidade occidental. Mantivo a súa actividade ata o ano 549 de nosa era.
3º. Diálogos de madurez (385-370): Platón dirixe a súa Academia, en Atenas. Nesta
época elabora a súa teoría das Ideas e unha teoría completa do Estado. Presenta a
Sócrates moito máis convencido das súas ideas, como posuidor da verdade. É agora
cando Platón redacta os seus principais mitos.
4º. Diálogos críticos (369-362): Volve a Siracusa coa esperanza de poder pór en
práctica as súas ideas sobre o Estado, morto xa o tirano Dionisio I. Acusan de
conspirador ao protector de Platón e este permanece dous anos prisioneiro en Siracusa,
antes de poder volver a Atenas.
Agora, os seus diálogos son bastante críticos respecto das súas teorías anteriores. O
estilo é máis difícil e presta maior atención aos problemas lóxicos. Desaparecen os
mitos (excepto un contido no Sofista).
Outros diálogos: Parménides (unha autocrítica á Teoría das Ideas), Teeteto (unha
procura infrutuosa sobre o coñecemento), o Político (que debería ser completado
con outro que nunca chegou a escribir, o Filósofo). deslíndanse os conceptos filósofo-
políticos e Sócrates deixa de ser a personaxe principal. Emprega un novo método na
procura de definicións, a diáiresis (divisións dicotómicas).
5º. Últimos diálogos (361-347): Platón volve a Siracusa outra vez e de novo embróllano
e termina feito prisioneiro. Volve a Atenas grazas á mediación doutro amigo influente.
3
PLATÓN
Brevemente exposta podería dicirse que a teoría platónica das ideas consiste na
afirmación de que existen entidades inmateriais, absolutas, inmutables e universais con
independencia do mundo físico (sensible): por exemplo, a xustiza en si, a bondade en si,
o home en si, as entidades matemáticas en si; das ideas derivaría todo o seu ser o
xusto, todo o bo, todos os homes, todo o harmonioso e proporcionado que hai no mundo
físico.
Así pois, as ideas platónicas non son construcións mentais, non son obxectos sen
existencia fora da mente que as concibe. Trátase de realidades, máis aínda, de
realidades en sentido pleno, xa que o que de realidade hai no mundo físico deriva
delas. Platón fala xeralmente das ideas dun modo máis ou menos metafórico. En
todo caso, catro características atribúe Platón con seguridade ás ideas:
Polo tanto, os seres sensibles son reais unicamente na medida en que participan (imitan
ou se asemellan) das realidades ou entidades ideais (intelixibles). Estas ideas (eidos)
forman un mundo aparte, ao que Platón denomina Kosmos noetós. No kosmos noetós
as ideas constitúen un sistema xerarquicamente organizado, cuxo cumio está
representado pola idea do ben, simbolizada metaforicamente polo sol no mito da
caverna. Constitúe a meta última do ascenso dialéctico, e Platón lle asigna tres
funcións:
Vemos pois que a Idea de Ben adopta distintos matices nos diversos contextos da
obra de Platón. Así, na Teoría das Ideas como Ontoloxía a Ideade Ben coincide co Ser,
en Epistemoloxía coincidirá co fundamento da Verdade e o Coñecemento, en Ética
coincidirá coa Idea de Xustiza e de Virtude, en Estética coincidirá coa Idea de Beleza,
etc..
A teoría das Ideas expón un problema: ¿como podemos coñecer as Ideas, se pertencen a
outro mundo distinto do noso, o Mundo Intelixible? A teoría platónica do coñecemento
basearase en tres supostos: 1º. As cousas imitan ou participan das Ideas; 2º. A alma é
unha realidade intermedia entre as cousas e as Ideas; 3º. As Ideas están en
comunicación entre si.
Na obra de Platón atopámonos con tres grandes teorías epistemológicas cada unha das
cales tenta resolver un problema concreto do coñecemento
a) ¿Que coñecemos? A teoría que se ocupa de que podemos coñecer é a dos graos de
coñecemento, que inclúe, dentro dela, a teoría sobre o coñecemento máis perfecto: o
da dialéctica. Está desenvolvida nun texto denominado o símil da liña. Pero, como
nela, faise demasiado radical o salto entre Mundo Sensible e Mundo Intelixible,
Platón vese na necesidade de proporcionar dúas teorías que expliquen como
podemos pasar do coñecemento do Mundo Sensible ao do Mundo das Ideas.
6
PLATÓN
c) ¿ Que nos move a coñecer o Mundo das Ideas?. A teoría que se encargará de
responder a esta pregunta será a do coñecemento como eros.
No simil da liña Platón (República, libro sexto, 509 d-511e): establece unha
correspondencia estrita entre os distintos graos de realidade e os diferentes graos de
coñecemento. . Platón comeza a súa metáfora dividindo unha liña en dous segmentos
desiguais. Un, o maior, representa o coñecemento (episteme) e o mundo intelixible; o
outro, o menor, a opinión (doxa) e o mundo sensible.
A opinión (doxa) respecto das primeiras chámase crenza (pistis); respecto das
segundas imaxinación ou conxectura (eikasía). O segmento que corresponde ao
coñecemento (episteme) subdivídese tamén,segundo a mesma proporción, noutros
dous: o da intelixencia intuitiva ou intelección (noesis) e o da razón discursiva
(dianoia).
Pero, o símil da liña non se limita a establecer unha relación entre os modos de coñecer,
senón tamén entre estes e os modos de Ser real. A seguridade do saber vai depender
da realidade do obxecto sobre o que versa e, polo tanto, só do que é absolutamente
se pode ter un coñecemento absoluto. Así pois, segundo Platón, o desenrolo da
mente humana ao longo do seu camiño dende a ignorancia ata o coñecemento,
atravesa dous campos principais, o da doxa (opinión) e o da episteme
(coñecemento). Só este último pode recibir propiamente o nome de saber.
¿Como se diferencian estas dúas funcións da mente, estes dous tipos de coñecemento?
Parece claro que a diferencia baséase nunha diferenciación dos obxectos: a doxa
(opinión) versa sobre “imaxes”, mentres que a episteme, na súa forma máis elevada
de noesis, versa sobre os orixinais ou arquetipos (as ideas).
Platón dinos que os obxectos da sección da pistis son os obxectos reais que
corresponden ás imaxes da sección da eikasía, e menciona “os animais que
nos rodean e todo o universo da natureza e o fabricado polo home”.
Isto implica, por exemplo, que o home cuxa única idea de cabalo é a que ten a partir
dos cabalos particulares da realidade, e que non ve que os cabalos particulares son
“imitacións” imperfectas do cabalo ideal, atópase nun estado de pistis. Non adquiríu o
coñecemento do cabalo, senón só opinión (doxa).
Do mesmo modo, quen xulga que a natureza exterior é a verdadeira realidade e non ve
que é unha copia máis ou menos “irreal” do mundo intelixible ten só pistis.
Polo que respecta ao segmento do mundo intelixible,hai que dividilo igualmente en
dous subsegmentos ou partes: a) a inferior corresponde aos obxectos ou entidades
matemáticas, tales como triángulos, círculos, números, cubos, esferas,figuras
xeométricas en xeral.
7
PLATÓN
Estes obxectos imitan ou copian aos do chanzo inmediatamente superior ( as Ideas),
polo que, si ben son máis reais que as cousas do mundo sensible- pois son eternos e
inmutables-, sen embargo, ao ser copias das Ideas, son menos reais que estas. b) O
subsegmento superior corresponde finalmente as Ideas ou esencias, que representan o
nivel superior de realidade ou autenticidade. Ideas e obxectos da matemática
forman, pois, o mundo intelixible, que en conxunto é imitado polo mundo sensible,o
cal é,por tanto, ontoloxicamente inferior.
a) A diferenza do filósofo que intenta coñecer as Ideas sen apoiarse en nada sensible,
facendo uso exclusivamente da intelixencia e do pensamento abstracto, o
matemático estuda as entidades matemáticas axudándose da imaxes sensibles,
isto é de copias materiais e visibles desas cousas ( debuxos e figuras visibles)
b) Ademais, para Platón existe unha gran diferenza entre o método matemático e o
dialéctico: As matemáticas seguen un método de razoamento descendente:
parten dunhas hipóteses e deducen conclusións, axudándose mediante imaxes
visibles (as formas e debuxos xeométricos). A dialéctica en cambio, segue
un método de razoamento ascendente: Pártese simplemente dunha Idea desde a
cal remontámonos cara a outras superiores.
8
PLATÓN
Posto que as cousas imitan ás Ideas, o coñecemento sensible serve de ocasión para o
recordo (anámnesis). Deste xeito a multiplicidade das sensacións é reducida á unidade
dunha soa Idea mediante o recordo. Hai que interpretar que Platón está defendendo con
esta teoría certo innatismo do coñecemento: na alma de cada home existen,dende o
momento do seu nacemento, certos coñecementos e nocións innatas acerca das
ideas,pero son coñecementos escuros e confusos que só poden cobrar certa claridade
mediante unha educación adecuada que nos encamiñe á contemplación directa das
Ideas.
Platón intenta mostrar esta teoría nun diálogo titulado Menón. Neste diálogo un xoven
escravo, que xamais recibiu ningunha educación matemática, guiado mediante as
preguntas adecuadas do mestre, chega a formular por si mesmo verdades matemáticas(
concretamente o teorema de Pitágoras). A explicación que encontra Platón é que estas
verdades estaban xa dentro de el, eran en certo sentido innatas, e grazas ao
interrogatorio empregado polo mestre conseguiu recordalas.
Se na dialéctica a ascensión parece realizarse a partir das Ideas inferiores ata a idea
suprema, no amor trátase dunha ascensión desde as cousas ata a idea suprema (o Ben
ou a Beleza), sen falar para nada de ideas intermedias no traxecto.
9
PLATÓN
Platón desenvolve unha teoría moi complexa sobre o ser humano e a súa natureza, cuxo
influxo en toda a antropoloxía occidental e, sobre todo, na cristiá, persiste ata hoxe.
Posto que a súa concepción sobre o mundo é dualista (divídeo en dous: Mundo das
Ideas e Mundo das cousas), tamén o é a súa concepción do ser humano, no que
distingue claramente alma e corpo. A superioridade do Mundo das Ideas sobre o das
cousas tradúcese no contexto antropolóxico nunha prioridade absoluta da alma sobre
o corpo, ata o punto de afirmar que «o home é a súa alma». Alma e corpo forman unha
unidade accidental.
O corpo: É o cárcere da alma, supón un lastre negativo para a alma, pois lle crea
necesidades, enfermidades, desexos, temores, paixóns e sensacións que lle obstaculizan
a procura da verdade. É un estorbo do que a alma ten que liberarse aos poucos, do que
ten que purificarse para poder acceder á contemplación das Ideas. Non debe estrañar,
xa que logo, que Platón estivese convencido de que "morrer é o mellor que lle pode
pasar ao filósofo" e de que a filosofía sexa unha "preparación para a morte"..
A alma: É moi superior ao corpo. É a que constitúe o noso eu. Representa o máis
auténtico do ser humano, e á beira dela o corpo é só unha sombra, unha aparencia. A
alma racional é unha creación directa do Demiurgo, tomando como modelo as Ideas
eternas . A alma obtivo os seus coñecementos mentres estivo en contacto coas Ideas,
na súa primeira existencia (Fedro, 245). A alma, creada directamente polos deuses,
descende nun carro alado á terra, onde se une accidentalmente a un corpo e queda
instalada no mundo sensible. Por iso, máis que de unión hai que falar división ou
dicotomía entre corpo e alma. O elemento material, o corpo, está cargado de
connotacións negativas e é un obstáculo para a procura da verdade.
Platón fala de tres partes da alma, que nalgúns textos parecen almas independentes
máis que partes dun alma única
No Fedro, expón Platón o mito da caída e ascensión da alma humana, na que a alma é
1
PLATÓN
comparada cun carro dirixido por unha auriga, que representa á parte racional, tirado
por un cabalo branco e dócil( parte irascible) e por outro negro e indomable(parte
apetitiva), que deben ser convenientemente guiados e dirixidos pola auriga
A distinción de partes na alma está moi en relación coa vida ética individual e a
concepción política da sociedade. Platón presenta unha clara correlación entre a alma
e o Estado. Opina que a estrutura da cidade e clases sociais ten o seu reflexo na alma
e, á súa vez, as partes da alma correspóndense coa estrutura social. Por esa razón
cando fala de ética e virtudes persoais introdúcenos, ao mesmo tempo, na política.
Ademais, só na cidade xusta é posible educar a homes xustos, capaces de harmonizar
ben as súas diferentes virtudes. Só a pólis permite adquirir as virtudes éticas propias
dun cidadán honrado.
Deste xeito segundo Platón a cidade, componse de tres clases sociais que se
corresponden coas tres partes da alma: artesáns, guerreiros e gobernantes.
A súa educación e preparación deben ser a propia dunha elite, posto que deles
dependerá o bo funcionamento da cidade.
Pero, ¿ quen e como determinará a qué clase pertence cada individuo? Platón parte
de que non todos os homes están igualmente dotados por natureza nin deben realizar as
mesmas funcións. En cada un predomina un alma e ha de ser educado para as
1
PLATÓN
funcións que deba realizar (a educación debe ser idéntica para homes e para mulleres).
1
PLATÓN
O criterio que utiliza Platón para establecer as súas preferencias por un ou outro sistema
político é a capacidade intelectual e preparación filosófica que cada forma de goberno
require.
1º. Aristocracia ("goberno dos mellores"): É a forma máis perfecta de goberno, tanto
se manda unha persoa soa coma se o fan varios.
2º. Timocracia: É o goberno dos que teñen certa renda e honra. Nel non mandan os
mellores, senón os máis ambiciosos e guerreiros, máis amigos da guerra que da boa
xestión política pacífica.
3º. Oligarquía: Goberno duns poucos, os explotadores, os que están á caza de postos e
riquezas. Isto non significa que sempre gobernen mal.
Como o propio Platón confesa na “Carta VII”, a súa filosofía arranca da insatisfacción
co a situación política da súa época, e en particular co réxime de goberno propio da
cidade na que naceu e viviu: a democracia ateniense. As obxeccións que Platón formula
contra a democracia do seu tempo son as seguintes:
1
PLATÓN
Estes políticos lonxe de buscar o ben do Estado, en opinión de Platón buscaban só o seu
propio enriquecemento e beneficio persoal.
c) Por último, a decepción de Platón fronte a democracia foi xa definitiva cando, baixo
este sistema, cometeuse a extrema inxustiza de xulgar e executar ao seu mestre
Sócrates.
Nun dos seus últimos diálogos, as Leis, Platón móstrase moi desilusionado polos seus
fracasos políticos en Sicilia e propón unha cidade imposible: encerrada en si mesma e
autosuficiente, sen comercio exterior, dominada por unha aristocracia agraria (sen
industria), baixo un estreito sistema de vixilancia mutua, onde todo -ata os xogos dos
nenos- está rixidamente lexislado para impedir a máis mínima variación. Nas Leis hai
algunhas pasaxes onde recoñece que moitas das súas propostas constitúen un ideal,
difícil ou imposible de pór en práctica.
1
PLATÓN
Pensemos na súa concepción dualista do home, un ser dividido nun alma que mira cara
arriba e un corpo atrapado no mundo das cousas. Esta concepción marcou todo o
pensamento occidental e, moi especialmente, a antropoloxía cristiá.
A valoración platónica das matemáticas, aínda que esquecida durante moitos séculos,
renaceu co gran Galileo Galilei, un dos protagonistas da revolución científica dos
séculos XVI e XVII. Pódese dicir que Galideo defínese platónico ao afirmar que o libro
da natureza está escrito na linguaxe matemática. A ciencia de hoxe segue o camiño que
Platón establecera: ao coñecemento chégase pasando polas matemáticas.
VOCABULARIO
1
PLATÓN
✓ Coñecemento sensible (opinión, dóxa): Cando a nosa mirada diríxese cara ao mudable e
perecedoiro, obtemos un coñecemento igualmente mudable e perecedoiro: é a opinión (oposta á
intelixencia), un mirar cos ollos do corpo. Platón distingue dous graos fundamentais no coñecemento
sensible: a conxectura e a crenza.
✓ Coñecemento intelixible (intelixencia, noús): Para Platón coñecer? é ver. O ser humano ten na súa
natureza a capacidade de coñecer, de mirar. Cando esta mirada diríxese cara ao fixo e inmutable, obtén
un coñecemento permanente, verdadeiro, que non cambia. A correspondencia entre coñecemento e ser
en Platón permite denominar ao mundo das ideas como mundo intelixible, porque é un coñecemento,
un mirar coa intelixencia, cos ollos da alma. O oposto ao coñecemento intelixible é o coñecemento
sensible (opinión).
✓ Demiurgo: Intelixencia ordenadora do mundo. A figura do demiurgo aparece no relato mítico da
cosmoxénesis no Timeo. Literalmente interpretado o relato, trataríase dunha divindade que configura
o mundo a partir dunha materia caótica (lugar, espazo, chora) tomando como modelo as ideas. Se non
se interpreta literalmente, a súa figura viría expresar a causalidade das ideas como principio da orde e
da intelixibilidad do universo.
✓ Dialéctica: Forma superior de razoamento. Para os sofistas, a dialéctica era a arte da discusión
por medio do diálogo, cuxa finalidade era convencer ao oínte. Tratábase, pois, dunha retórica. Sócrates
elevou esta arte a un xenuíno método científico no que se pretendía legar ao fundamento das cousas. É
dicir, ao que ou esencia das cousas. Platón adopta a liña socrática. Segundo el, na arte do diálogo
temos, en primeiro lugar, un método científico racional, propio dos filósofos que aspiran a demostrar a
verdade, a diferenza da retórica sofista.
Pero, en segundo lugar, a dialéctica para Platón é, ante todo, un instrumento necesario para chegar á
contemplación das ideas. Deica que adquira un carácter ascensional, desde o mundo sensible ata o
intelixible, e un carácter ontolóxico. Mediante a dialéctica, un alcanza a coñecer as cousas polas súas
razóns supremas de ser, que son as ideas subsistentes, especialmente a idea de ben. E, desde o ben,
adquire igualmente un carácter descendente, en canto fai comprender todas as demais realidades. Por
outra banda, a dialéctica cobra unha relevancia especial no Estado platónico, porque é no ben como han
de ser educados os futuros gobernantes.
✓ Estado: Comunidade política que Platón concibe segundo o modelo tradicional grego da cidade -
estado de reducidas dimensións. Na República propón a súa utopía dun estado ideal composto de tres
grupos ou clases: produtores, gardiáns auxiliares e gobernantes. Estes últimos serán os sabios ou
filósofos, coñecedores do ben e adestrados para iso na dialéctica. O goberno dos sabios é o goberno da
razón; a función do estado é promover a xustiza e, con ela, a felicidade do estado e dos
seus cidadáns.
✓ Espazo, chora: Substrato material sobre o que se exerce ao acción ordenadora do demiurgo. Platón
denomínao deste xeito, espazo ou lugar, porque nel se localizan ou reflicten as ideas ou estruturas
intelixibles. Non entanto, non se trata dun lugar ou espazo baleiro, senón dun substrato material en
movemento eterno e caótico.
✓ Idea, forma, eidos: Esencia intelixible. Para Platón as ideas non son simples conceptos universais
elaborados a partir da experiencia. Son realidades subsistentes e independentes das cousas ou feitos
particulares. Son eternas, inmutables. O conxunto das ideas constitúe a orde ou mundo do intelixible.
A el pertencen as esencias dos seres físicos , as realidades matemáticas e os valores e ideais morais
1
PLATÓN
(xustiza en si, beleza en si, etc.). A primeira idea, fundamento último da orde intelixible, é a idea de
ben.
✓ Xustiza: Virtude de carácter xeral que consiste na orde estable e perfecto dun todo, sexa este a alma
individual ou o estado, cando as distintas partes executan a súa función específica dun xeito adecuado
e conforme á virtude que lles corresponde.
✓ Lei: Na Grecia clásica, termo polémico. Referido, entre os presocráticos, ao logos ou movementos e
cambios dependentes da physis ou natureza, de carácter cíclico e regular, estendeuse o uso conceptual
ás normas sociais ou nomos. A polémica estriba na orixe destas últimas, divino, natural ou humano e,
xa que logo, no seu carácter necesario ou continxente, permanente ou mutable, froito do consenso ou
imposición.
✓ Mundo intelixible: O mundo onde se atopa a verdadeira e auténtica realidade, que son as ideas.
Neste mundo atopámonos cos obxectos matemáticos e coas ideas.
✓ Mundo sensible: O mundo da caverna, onde se atopan imaxes, sombras e obxectos físicos. É o
mundo do cambiable, o perecedoiro, do falso coñecemento.
✓ Natureza: Trátase dun concepto con moitos matices, entre os que convén destacar: a) referencia ao
principio, orixe e causa das cousas; b) esencia permanente dunha cousa que permite descubrir cal é a
actividade propia de devandita cousa, e c) conxunto de cousas que configuran o universo. Platón
utiliza este termo no sentido de orixe
✓ Política: A organización da pólis e a ocupación natural de todo ser humano libre e racional, cara á que
todo grego sentía veneración.
En función do tipo de réxime, a dirección da vida cidadá terá carácter unipersoal, grupal ou colectivo;
así, estaremos ante monarquía, tiranía, oligarquía, ditadura ou democracia.
✓ Opinión, doxa: Forma de coñecemento inferior á ciencia e oposta a esta. Ao contrario que a ciencia,
a) a mera opinión puiden ser verdadeira ou falsa, e b) é falible e inestable porque, c) non se funda en
razóns sólidas que a xustifiquen. Platón adoita afirmar que o obxecto da opinión é o mundo físico,
mentres que o obxecto da ciencia son as ideas inmutables. A mutabilidade e inestabilidade do mundo
físico sería, pois, a razón última da inestabilidade propia da opinión como formadecoñecemento.
✓ Reminiscencia, anámnesis: Platón aplica concretamente a idea xeral de reminiscencia ao proceso
polo cal o home recorda as ideas a partir da experiencia sensible. Segundo a doutrina da
reminiscencia, a alma adquiriu o coñecemento das ideas cando habitaba no mundo das ideas.
✓ Os vestixios deste coñecemento resultan substancialmente debilitados, pero non definitivamente
perdidos, ao encarnarse a alma nun corpo. A experiencia sensible reactiva tal coñecemento. Por
iso, Platón afirma que aprender é propiamente recordar.
✓ Retórica: Base da formación do político que ensina a arte da persuasión por medio da palabra. En
Platón, pseudo coñecemento (dóxa); aparencia. Entre os graos de coñecemento platónicos estaría
incluída na crenza (pístis). Era ensinada polos sofistas a cambio dun estipendio fixado, xunto a un
cúmulo de coñecementos relacionados co saber común que permitían aos pupilos argumentar e contra
argumentar sobre dereito, comercio, xeografía, cálculo, estratexia, xeometría, mecánica, relixión,
literatura, costumes...
✓ Virtude, areté: A palabra grega “areté”, que adoita traducirse como “virtude”, significa orixinalmente
1
PLATÓN
“excelencia”. Virtude é, pois, a excelencia dun ser en xeral ou dunha capacidade, excelencia grazas á
cal actúa de xeito perfecto e sobresaliente. A cada axente ou facultade corresponde unha virtude
específica, un modo de ser que a fai actuar de xeito excelente. No ámbito moral, Platón adoita
enumerar cinco virtudes fundamentais, a piedade e as catro denominadas tradicionalmente cardinais:
xustiza, prudencia, valor e moderación. As tres últimas corresponden: a) ás partes da alma, razón,
ánimo e apetito; e tamén b) ás tres partes dun estado: gobernantes, gardiáns auxiliares e produtores,
respectivamente.