Bioko Norte
Bioko Norte é unha das 8 provincias que compoñen a república de Guinea Ecuatorial, a segunda máis poboada, detrás da provincia Litoral, nas costas da rexión continental (Río Muni).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Guinea Ecuatorial | ||||
Region of Equatorial Guinea (en) | Região Insular (pt) | ||||
Capital | Malabo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 410.541 (2013) (529,05 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua bubi | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 776 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
ISO 3166-2 | GQ-BN | ||||
Situada na parte norte da illa de Bioko, limita ao sur coa provincia de Bioko Sur e ao oeste, norte e leste co golfo de Guinea. A súa capital é a cidade de Rebola, situada a poucos quilómetros ao sueste da capital do estado, Malabo.[1]
O seu gobernador é Salvador Bolekia, do Partido Democrático de Guinea Ecuatorial (un partido único que, desde a independencia, goberna a República).
Xeografía
editarLocalízase xeograficamente entre os 3°40′ N e os 8°50′ L, no golfo de Guinea, a uns 40 km ao oeste das costas do Camerún. O deshabitado illote Horacio, situado na costa norte da provincia (3°45′33″N 8°54′30″L / 3.75917, -8.90833), conta cun faro.
O asentamento máis pequeno da provincia, Santiago de Baney, encóntrase na parte nordeste da provincia.
Na costa nordeste está a estación turística de Sipopo, que ten un hotel de 200 cuartos dirixido pola cadea hoteleira Sofitel, o "Sofitel Malabo Sipopo Le Golf".[2]
Cuberta polo bosque tropical e con pouco desenvolvemento urbano, a parte central sur inclúe parte do Parque Nacional do Pico Basilé (antigo Pico de Santa Isabel), que é un volcán e a maior montaña da illa de Bioko, e ao tempo de Guinea Ecuatorial, cunha altura de 3 011 msnm. O parque nacional ten unha extensión de 330 quilómetros cadrados, e creouse no ano 2000.[3]
Hai minas antipersoa nos bosques de Rebola, Baney e o val do Moca.[4]
Demografía
editarDemografía Histórica | |
---|---|
Censos ano |
Poboación |
1983 | 46 221 |
1994 | 75 137 |
2001 | 231 428 |
2014 | 300 000 |
A provincia está habitada por individuos da etnia Bubi que falan a lingua bubi.[5]
O poeta Gerardo Behori Sipi Botau, nado en 1960 en Rebola e que agora vive nos Estados Unidos, é de ascendencia Bubi.[6] Foi membro da Unión Bubi grupo sociopolítico e logo partido político creado para representar os intereses do pobo Bubi da illa de Bioko, que pretendía a incorporación da illa a España ou, no seu defecto, unha administración para a illa diferente da de Río Muni.[7][8]
Así mesmo Juan Balboa Boneke, tamén nacido en Rebola, escritor e político ecuatoguineano (pai da cantante Concha Buika), membro do Movemento para a Autodeterminación da Illa de Bioko e que foi ministro nun dos gobernos de Teodoro Obiang até que, por discrepancias políticas, en 1994 exiliouse en Valencia.
División político-administrativa
editarA provincia está constituída polos seguintes municipios e distritos.[9]
Municipios
editarDistritos
editar- Malabo (con 11 Consellos de Poboado)
- Baney (con 12 Consellos de Poboado)
Galería
editar-
Illote Horacio
Notas
editar- ↑ Rebola en GeoNames. 11-03-2020.
- ↑ "Sofitel Malabo Sipopo Le Golf". Sofitel. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2018. Consultado o 19 de xuño de 2021.
- ↑ Pico Basilé National Park Google maps. Consultado o 19 de xullo de 2021.
- ↑ "Landmine Monitor Report 2002: Toward a Mine-free World". Human Rights Watch, 2002. ISBN 978-1-5643-2277-7, pp. 248.
- ↑ Tortora, Christina; Dikken, Marcel den & Montoya, Ignacio L. (2016): Romance Linguistics 2013: Selected papers from the 43rd Linguistic Symposium on Romance Languages (LSRL). New York: John Benjamins Publishing Company. ISBN 978-90-272-6768-9, p. 238.
- ↑ World Literature in Spanish (2011): G-Q. ABC-CLIO. ISBN 978-0-313-33770-3, p. 353.
- ↑ El Laberinto Guineano. Escrito por Emiliano Buale Barikó, páxinas 87, 88 e 89.
- ↑ Conflictos étnicos y gobernabilidad: Guinea Ecuatorial. Escrito por Muakuku Rondo Igambo, páxinas 75, 76 e 77.
- ↑ Ministerio del Interior y Corporaciones Locales