Calendario hebreo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata |
Sen resumo de edición |
||
Liña 71:
A tradición popular, dita por primeira vez por [[Hai Gaon]] (†1038), mantén que o calendario continuo moderno era antigamente un segredo coñecido só por uns sabios, o "comité do calendario" e que o patriarca [[Hilel II]] revelou no ano 359 debido á persecución cristiá. Nese ano, o sabio Hilel II perfeccionou os cálculos e métodos coñecidos, e estabeleceu os mecanismos de embolismo do ano utilizados até o día de hoxe, que foron corroborados polas últimas e máis modernas observacións astronómicas. Os devanditos cálculos xa eran coñecidos desde centos de anos atrás, pero até aqueles tempos preferíanse os métodos empíricos para estabelecer o comezo do mes -dúas testemuñas que habían de atestiguar ante o gran Sanedrín que viran o nacente da Lúa- e o comezo da primavera, en base á maduración dos cereais sementados e á chegada do [[equinoccio]] de primavera (o 20 de marzo no hemisferio norte), que é a data en que o día e a noite teñen a mesma duración; mentres que o almanaque era utilizado en caso de impedimentos, como días nubrados.
[[Ficheiro:Byzantinischer Mosaizist um 1000 002.jpg|miniatura|Flavio Valerio Constantino, chamado [[Constantino I o Grande]] (272 - 337). Mosaico bizantino, igrexa de Santa Sofía, [[
Crese que a razón pola cal publicou Hilel II o calendario hebreo tal como se utiliza desde os seus tempos até os nosos días provén dunha das decisións tomadas polo Cristianismo no primeiro Concilio de Nicea, celebrado o ano 325, a instancias do emperador [[Constantino I o Grande]]. Segundo a tradición cristiá, [[Xesús de Nazaret]] foi crucificado o Venres Santo, coincidente co venres da Pascua xudía. O Concilio decidiu desvincularse do xudaísmo tamén neste aspecto, e prescindir da necesidade de pescudar ano tras ano, a data exacta da Pascua xudía. Para ese efecto, estipulouse que o primeiro día da Pascua cristiá, o Domingo de Ramos, se celebre o primeiro domingo logo da lúa chea, inmediatamente logo do equinoccio de primavera. Cabe destacar que ao independizar o calendario litúrxico cristián do hebreo, perdeu o primeiro a flexibilidade e o equilibrio que caracterizan a este último, o que terminou causando, co correr dos séculos, o traspaso da Pascua cristiá para o inverno, desfase que houbo de ser corrixido ao cabo dun milenio polo papa [[Gregorio XIII]], por medio do seu calendario gregoriano.
|