Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Calendario hebreo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 57:
Unha vez decidido, o principio de cada mes era anunciado primeiro a outras comunidades con sinais de lume, mais dende que os samaritanos e unha facción dos saduceos comezou a acender falsos lumes, enviábase un mensaxeiro ou [[shaliagh]]. A imposibilidade de avisar a comunidades fóra de [[Israel]] ata un día despois levou a comunidades a celebrar festas de dous días no canto de un, tendo así un segundo día de [[diáspora xudía]] pola incerteza de se ese mes tiña 29 ou 30 días.
 
Dende os tempos dos [[Amora|amoraimamora]]im (séculos III a V), os cálculos incrementáronse, como os de [[Samuel o astrónomo]], quen afirmou durante a primeira metade do século III que o ano tiña 365 días, e segundo os "calculadores do calendario" ao redor de 300. Jose, un amora que viviu durante a segunda metade do século IV, afirmou que o [[Purim]], día 14 do mes de Adar, non podía ser nin sábado nin luns, de non ser que o 10 do mes de Tishri ([[Iom Quipur]]) caese en venres ou en domingo. Isto indica un número fixo de días en todos os meses dende Adar ata Elul, implicando tamén que o mes extra xa era o segundo Adar engadido ante o Adar normal.
 
=== Era romana ===
Liña 66:
 
=== Período de transición ===
O período entre os anos 70 e 1178 foi unha transición entre as dúas formas, coa adopción gradual das regras características da forma moderna. excepto polo número moderno de ano, as regras acadaron a súa forma definitiva ao redor do ano 820 ou, non se sabe moi ben cando, antes do ano 920. O calendario moderno non se pode usar para calcular datas [[Biblia|bíblicas]] porque as datas da nova lúa poden estar equivocadas por ata catro días e os meses poden estar cunha descompensación de ata catro meses de diferenza. As últimas contas para a intercalación irregular (engadido de meses extra) foi realizada en tres anos sucesivos a principios do segundo século, segundo o [[Talmud]].
 
==== Evidencias da adopción das regras modernas ====
Liña 73:
[[Ficheiro:Byzantinischer Mosaizist um 1000 002.jpg|miniatura|Flavio Valerio Constantino, chamado [[Constantino I o Grande]] (272 - 337). Mosaico bizantino, igrexa de Santa Sofía, [[Estambul]] (antes, [[Constantinopla]], na súa honra)]]
 
Crese que a razón pola cal publicou Hilel II o calendario hebreo tal como se utiliza desde os seus tempos até os nosos días provén dunha das decisións tomadas polo Cristianismo no primeiro Concilio de Nicea, celebrado o ano 325, a instancias do emperador [[Constantino I o Grande]]. Segundo a tradición cristiá, [[Xesús de Nazaret]] foi crucificado o Venres Santo, coincidente co venres da Pascua xudía. O Concilio decidiu desvincularse do xudaísmo tamén neste aspecto, e prescindir da necesidade de pescudar ano tras ano, a data exacta da Pascua xudía. Para ese efecto, estipulouse que o primeiro día da Pascua cristiá, o Domingo de Ramos, se celebre o primeiro domingo logo da lúa chea, inmediatamente logo do equinoccio de primavera. Cabe destacar que ao independizar o calendario litúrxico cristián do hebreo, perdeu o primeiro a flexibilidade e o equilibrio que caracterizan a este último, o que terminou causando, co correr dos séculos, o traspaso da Pascua cristiá para o inverno, desfase que houbo de ser corrixido ao cabo dun milenio polo papa [[Gregorio XIII]], por medio do seu calendario gregoriano.
 
De todos os xeitos, a decisión de Nicea espertou o temor entre os xudeus da época, que os cristiáns lles prohibisen anunciar os comezos de mes e os embolismos de cada ano, indispensables para o normal discorrer da vida xudía; e de aí a necesidade dun calendario preestablecido de antemán e aceptado por todas as diásporas do pobo xudeu. Aínda así, o [[Talmud]], que non chegou á súa forma final ata máis ou menos o ano 500, non menciona o calendario continuo nin nada tan mundano como os ciclos de dezanove anos ou a duración dos meses, aínda que fala das características dos calendarios anteriores.
Liña 80:
 
==== Controversia acerca da Pascua do 4682 Anno Mundi ====
As regras babilonias requirían o atraso do primeiro día de Tishri cando a lúa nova aparecía tras o mediodía.
 
En 921, [[Aarón ben Meir]], unha persoa descoñecida doutro modo, intentou o retorno da autoridade para o calendario de volta a [[Israel]] afirmando que o primeiro día de Tishri debía ser o día da nova lúa agás se a lúa ocorría máis de 642 partes (35 veces dous terzos de minuto, onde cada "parte" é 1/1080 de hora, 1/18 de minuto ou tres terzos de segundo) tras o mediodía, cando debía ser atrasado un ou dous días. Podía estar afirmando que o calendario debería ir acorde coa hora de Xerusalén no canto da de Babilonia. A hora local do [[meridiano]] de Babilonia suponse que ía 642 partes máis tarde que o calendario de [[Xerusalén]].
Liña 131:
* Un ano ''quesidrá'' ("regular" ou "en orde") é de 354 ou 384 días. A letra hebrea כ "caf", e a letra para o día da semana denota este modelo.
* Un ano ''shlemá'' ("abundante" ou "completo") ten 355 ou 385 días porque un día é engadido au mes de Heshván. A letra hebrea ש "shin", e a letra para o día da semana denota este modelo.
 
 
Unha variante deste modelo de nomenclatura inclúe outra letra que especifica o día da semana para o primeiro día do Pésagh (Pascua) do ano.
Liña 173 ⟶ 172:
[[Ficheiro:A Seder table setting.jpg|miniatura|Celebración da Pascua xudía, ''[[Pésagh]]'', na mesa do tradicional ''Séder'']]
 
Os 265 días dende o primeiro día do mes de 29 días de adar (o décimo segundo mes ou o décimo terceiro, adar II, nos anos bisestos) ata o 29 de heshván forman un período fixado que ten todos os festivais especificados na Biblia, como a [[Pessach|Pascua]] (15 de nisán), o [[Shavuot]] (6 de siván), o [[Rosh Hashaná]] (1 de tishri), o [[Iom Quipur]] (10 de tishri), o [[Sucot]] (15 de tishri), e o [[Shemini Atseret]] (22 de tishri).
 
O período festivo dende a Pascua ata o Shemini Atseret (inclusive) é de exactamente 185 días. O tempo dende o día tradicional do ''[[equinoccio]] de primavera'' ata o día tradicional do ''[[equinoccio de outono]]'' (inclusive) tamén ten 185 días. Isto causou especulacións sobre se a Pascua debía ser o [[21 de marzo]] e o Shemini Atseret o [[21 de setembro]], os días tradicionais dos equinoccios. Como o día hebreo comeza co solpor, o ano hebreo comeza no (Rosh Hashaná) de outono, aínda que a non coincidencia dos anos solares e lunares finalmente o move a outra estación se o calendario moderno fixado non é movido á súa forma orixinal de ser xulgado polo Sanedrín (que require o [[Beit Hamicdash]])
Liña 188 ⟶ 187:
=== Bibliografía ===
* ''The Code of Maimonides (Mishneh Torah), Book Three, Treatise Eight: Sanctification of the New Moon''. Traducido por Solomon Gandz. Yale Judaica Series Volume '''XI''', Yale University Press, New Haven, Conn., 1956.
* Ernest Wiesenberg. "Appendix: Addenda and Corrigenda to Treatise VIII". ''The Code of Maimonides (Mishneh Torah), Book Three: The Book of Seasons''. Yale Judaica Series Volume '''XIV''', Yale University Press, New Haven, Conn., 1961. pp.557-602 557–602.
* Samuel Poznanski. "Calendar (Jewish)". ''Encylopædia of Religion and Ethics'', 1911.
* F.H. Woods. "Calendar (Hebrew)", ''Encylopædia of Religion and Ethics'', 1911.
Liña 198 ⟶ 197:
* L.A. Resnikoff. "Jewish calendar calculations", ''Scripta Mathematica'' '''9''' (1943) 191-195, 274-277.
* Edward M. Reingold e Nachum Dershowitz. ''Calendrical Calculations: The Millennium Edition''. Cambridge University Press; 2ª edición (2001). ISBN 0-521-77752-6
* Bonnie Blackburn e Leofranc Holford-Strevens. ''The Oxford Companion to the Year: An Exploration of Calendar Customs and Time-reckoning''. Oxford University Press; EE.UU., 2000. pp 723-730723–730.
 
=== Ligazóns externas ===
Liña 217 ⟶ 216:
{{MesesHebreo}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Xudaísmo]]