Esport3
Esport3 é unha canle de televisión española propiedade de Televisió de Catalunya. A canle adícase exclusivamente ao deporte. Iniciou as súas emisións en probas o 18 de outubro de 2010 e as regulares o 5 de febreiro de 2011.
Esport3 | |
---|---|
Inicio das emisións | 5 de febreiro de 2011 |
Propiedade de | Televisió de Catalunya |
Formato da imaxe | 1080i HDTV |
Datos de audiencia | 1,1% (, TV3) |
País | España |
Área de emisión | Cataluña Andorra |
Sede central | Sant Joan Despí |
Canle/s irmá(s) | TV3 El 33 Canal Super3 3XL 3/24 TV3CAT TV3HD TV3 3D |
Dispoñibilidade | |
Terrestre | |
TDT | Barcelona: 44 Xirona: 52 Lleida: 52 Tarragona: 36 |
TDT | Andorra: 57 |
Na rede
| |
www |
Historia
editarComezou as súas emisións de forma regular o 5 de febreiro de 2011, ás 21:45h, cun pequeno acto de presentación no Camp Nou. A súa primeira emisión regular foi o partido de fútbol disputado entre o Fútbol Club Barcelona e o Club Atlético de Madrid, correspondente á 22ª xornada da Liga española de 1ª División.
Programación
editarA programación de Esport 3 ten retransmisións e acontecementos deportivos, sobre todo nas franxas horarias de máxima audiencia. A canle completa a súa programación apostando por programas que se centran no estilo de vida deportiva, potenciais valores emerxentes como o feito de estar en forma, a saúde ou o aire libre. Algúns programas que formaban parte de TV3 ou el 33 son emitidos nesta nova canle.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |