Mar de Bohai
o Mar de Bohai ou Mar de Bo, tamén coñecido domo Golfo de Bohai, Golfo de Bo ou Baía de Pohai ((en chinés) 渤海), é o golfo máis interior do Mar Amarelo e Baía de Corea na costa Nordés e Norte da China. Ten aproximadamente unha superficie de 78.000 km² e a súa proximidade a Beijing convértea nunha das rutas marítimas máis transitadas do mundo.
(zh) 渤海 | |||||
Tipo | mar marxinal | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Mar Amarelo Océano Pacífico | ||||
Localización | |||||
División administrativa | República Popular da China | ||||
| |||||
Composto por | |||||
Afluentes | Rio Luan (pt) ,Mihe (en) ,Río Amarelo ,Bailang He (en) ,Daling River (en) ,Rio Hai (pt) ,Jiaolai (en) ,Q16888849 ,Q16888851 ,Weihe (en) ,Xiaoling River (en) ,Xiaoqing River (en) | ||||
Características | |||||
Profundidade | 30 m | ||||
Superficie | 77.000 km² | ||||
Historia
editarAta o inicio do século XX, Bo Hai foi chamado a miúdo "Golfo de Chihli" ((en chinés) 直隸海灣), Golfo de Pechihli ou Pechili ((en chinés)北直隸海灣 ). Zhili e Beizhili foron provincias históricas na área circundante a Pequín.
Xeografía
editarO mar de Bohai está limitado pola cadea das Illas Changshan entre a península de Liaodong e a Península de Shandong. Tornouse unha das rutas marítimas máis concorridas nos últimos tempos. Hai tres baías importantes no interior do Mar de Bohai: a Baía de Laizhou ao sur, a Baía de Liaodong ao norte e a Bhía de Bohai ao oeste. No extremo oriental do mar de Bohai, entre o extremo máis meridional da península de Liaodong e o extremo máis setentrional da península de Shandong, atópase o estreito de Bohai ((en chinés) 渤海海峡), historicamente tamén coñecido como "Canle Lau-ti-shan". Algúns dos ríos que desembocan no golfo inclúen os ríos Amarelo, Hai, Liao e Río Luan. Hai algunhas reservas de petróleo importantes nas inmediacións do golfo, incluíndo o Shengli Field. Os grupos insulares ou illas importantes no golfo inclúen as Illas Changshan (en chinés) 长山列岛), Illa Changxing ((en chinés) 长兴岛), e Illa Xizhong ((en chinés)西中岛 ). As divisións a nivel provincial da República Popular da China que teñen costa no Mar de Bohai son, desde o sur, en sentido horario: Shandong, Hebei, Tianjin, Hebei de novo, e Liaoning.
Portos principais
editarHai cinco portos principais ao longo da ribeira do Mar de Bohai, cun movemento de máis de 100 millóns de toneladas, aínda que o porto de Tangshan está subdividido en Jingtang e Caofedian:
- Porto de Yingkou ((en chinés))
- Porto de Qinhuangdao ((en chinés))
- Porto de Jingtang ((en chinés))
- Porto de Tangshan ((en chinés))
- Porto de Tangshan Caofeidian ((en chinés))
- Tianjin Port ((en chinés))
- Porto de Huanghua ((en chinés))
Caofeidian e Jingtang normalmente son tratados como un só porto para fins estatísticos. Os portos de Dalian e Yantai tamén se consideran tradicionalmente parte do arco de Bohai, aínda que estritamente se atopan fóra dos límites do mar. O porto de Longkou alcanzou os 70 millóns de toneladas de carga en 2013, e espérase que alcance o fito de 100 millóns de toneladas no futuro próximo.[1]
Principais cidades ao longo da costa do Mar de Bohai
editarRecursos de hidrocarburos
editarA baía de Bohai contén importantes reservas de petróleo e gas, proporcionando gran parte da produción offshore da China. O campo principal da rexión chámase Shengli e foi explotado desde a década de 1960. Aínda produce preto de medio millón de barrís ao día, pero esta esgotándose.[2] A produción está dominada por empresas chinesas (China National Offshore Oil Corporation) que creouse principalmente para esta rexión) pero tamén están presentes compañías estranxeiras, como ConocoPhilips,[3] Roc Oil,[4] e outros.
O campo Gudao, situado na baía de Zhanhua, foi descuberto en 1968, baseado en enquisas gravitacionais, magnéticas e sísmicas entre 1963-1964.[5] O depósito inclúe as formacións xeolóxicas de Guantao (Mioceno) e Minghuazhen (Plioceno) dentro da cúpula anticlinal.[5] O campo de petróleo Suizhong 36-1 foi descuberto en 1987.[6]:459
Producíronse verteduras de petróleo con frecuencia nesta rexión: tres verteduras ocorreron nun período de tempo de dous meses en 2011.[7]
Notas
editar- ↑ http://www.chinanews.com/gn/2013/12-23/5652663.shtml
- ↑ China. Background. US Energy Information Administration
- ↑ China. Key facts. conocophillips.com
- ↑ Roc Oil begins Bohai Bay oil production Arquivado 16 de marzo de 2012 en Wayback Machine.. Bairdmaritime. 14 de maio de 2009
- ↑ 5,0 5,1 Sizhong, C., and Ping, W., 1980, Geology of Gudao Oil Field and Surrounding Areas, in Giant Oil and Gas Fields of the Decade: 1968-1978, AAPG Memoir 30, Halbouty, M.T., editor, Tulsa: American Association of Petroleum Geologists, ISBN 0891813063, Pp. 471-486
- ↑ Gustavson, J.B., and Gang, X.S., 1992, The Suizhong 36-1 Oil Field, Bohai Gulf, Offshore China, In Giant Oil and Gas Fields of the Decade, 1978-1988, AAPG Memoir 54, Halbouty, M.T., editor, Tulsa: American Association of Petroleum Geologists, ISBN 0891813330
- ↑ China: Third Oil Spill in Bohai Sea in Less than Two Months Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Offshore Energy Today (2011-07-12). Retrieved on 2011-08-03.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Bohai |