Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Nas universidades medievais, o trivio[1] (do latín trivium) comprendía as tres materias que primeiro se ensinaban, isto é, antes do cuadrivio. Supoñían o comezo do estudo das artes liberais.

A palabra latina trivio procede do prefixo tri- 'tres' e da raíz latina viam, que significaba 'vía, camiño'. Literalmente en latín significaba 'tres vías, tres camiños' ou, o que é o mesmo, 'a tripla vía, o camiño triplo' (cf. as palabras trivial e trivialidade, que fan referencia ó máis básico e que están emparentadas etimoloxicamente con ela, como se pode advertir pola raíz).

O trivio consistía na educación dos estudantes en gramática, dialéctica (ou lóxica, dado que dialéctica e lóxica funcionaban como palabras sinónimas na Idade Media) e retórica. Dado que o latín era a lingua internacional do mundo académico e unha lingua segunda para moitos europeos, a súa gramática tiña que ser ensinada e aprendida concienciudamente.

Na gramática os estudantes encargábanse do estudo da mecánica da lingua; nas de lóxica, da mecánica do pensamento e da análise; nas aulas de retórica, do uso da lingua para instruír e persuadir. Estas tres materias eran consideradas como un campo de preparación para o cuadrivio, que consistía no estudo da aritmética, xeometría, música e astronomía. Á súa vez o cuadrivio supoñía a preparación para o estudo serio da filosofía e a teoloxía.

  1. "Trivio". Real Academia Galega. Consultado o 24 de outubro de 2016. 

Ligazóns externas

editar