24 de decembro
data
<< | Decembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 | |||||
2024 Todos os días |
O 24 de decembro é o 358º día do ano do calendario gregoriano e o 359º nos anos bisestos. Quedan 7 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 640 - Xoán IV convértese en papa.
- 1046 - Comeza o curto pontificado de Clemente II.
- 1294: en Roma, Bonifacio VIII é elixido papa, substituíndo a Celestino V, que renunciara 10 días antes.
- 1715 - As tropas suecas ocupan Noruega.
- 1777 - James Cook descobre a illa de Kiritimati, coñecida tamén como Illa de Nadal.
- 1814 - Asínase o Tratado de Gante, rematando así a guerra de 1812.
- 1818 - Franz Xaver Gruber compón "Noite de Paz".
- 1851 - Incéndiase a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos.
- 1865 - Veteranos confederados da guerra civil americana constitúen o Ku Klux Klan.
- 1906 - Primeira emisión de radio, que consistiu na lectura dun poema, un solo de violín e unha alocución.
- 1914 - Comeza a "Tregua de Nadal" durante a primeira guerra mundial.
- 1924 - Albania convértese en república.
- 1941 - Hong Kong cae diante do Exército Imperial Xaponés.
- 1943 - O xeneral estadounidense Dwight D. Eisenhower é nomeado comandante supremo aliado.
- 1946 - Fundación da Cuarta República Francesa.
- 1951 - Libia independízase de Italia. Idris I é proclamado rei.
- 1954 - Independencia de Laos.
- 1968 - A tripulación do Apollo 8 entra en órbita ao redor da Lúa, sendo os primeiros humanos en logralo.
- 1979 - A Unión Soviética invade Afganistán en apoio do seu goberno.
- 1979 - Lanzamento do primeiro foguete espacial europeo, o Ariane.
- 1979 - Publícase por vez primeira en galego O Novo Testamento, elaborada por especialistas para a SEPT.
- 2001 - Ariel Sharon impide a Arafat a súa habitual asistencia á Misa do Galo en Belén.
Nacementos
editar- 1742 - Gregorio Ferro, pintor neoclasicista galego (m. 1812).
- 1798 - Adam Mickiewicz, poeta e escritor polaco (m. 1855).
- 1818 - James Prescott Joule, físico británico (m. 1889).
- 1818 - Jesús Muruais Rodríguez, avogado, xornalista e escritor galego (m. 1903).
- 1881 - Juan Ramón Jiménez, escritor español, Premio Nobel de Literatura (m. 1958).
- 1884 - Xesús Carro, sacerdote e escritor galego (m. 1973).
- 1888 - Michael Curtiz, director cinematográfico húngaro-estadounidense (m. 1962).
- 1889 - Luís Trigo Chao, guerrilleiro antifranquista galego (m. 1948).
- 1905 - Howard Hughes, aviador, enxeñeiro, empresario e produtor cinematográfico estadounidense (m. 1976).
- 1905 - Amando Losada, avogado e político galego (m. 1980).
- 1922 - Ava Gardner, actriz estadounidense (m. 1990).
- 1930 - Arsenio Iglesias, adestrador de fútbol galego, técnico da Selección galega.
- 1934 - Stipe Mesić, presidente de Croacia.
- 1943 - Tarja Halonen, presidenta de Finlandia.
- 1949 - Moncho Borrajo, humorista e dramaturgo galego.
- 1957 - Hamid Karzai, político afgán.
- 1971 - Ricky Martin, cantante estadounidense.
- 1973 - Stephenie Meyer, escritora estadounidense.
- 1991 - Louis Tomlinson, cantante británico.
Mortes
editar- 1524 - Vasco da Gama, navegante portugués (n. 1469).
- 1790 - Juan Francisco de Castro Fernández, sacerdote e avogado ilustrado galego (n. 1721).
- 1811 - Hermenegildo Amoedo Carballo, xesuíta, poeta galego, no cárcere en Mantua (n. 1747).
- 1863 - William Makepeace Thackeray, escritor inglés (n. 1811).
- 1872 - William John Macquorn Rankine, enxeñeiro e físico escocés (n. 1820).
- 1891 - Miguel Payá y Rico, cardeal da Igrexa Católica (n. 1811).
- 1935 - Alban Berg, compositor austríaco (n. 1885).
- 1936 - Ricardo Gómez Buceta, político galego (n. 1900).
- 1938 - Severiano Martínez Anido, militar galego (n. 1862).
- 1975 - Bernard Herrmann, compositor estadounidense (n. 1911).
- 1980 - Karl Dönitz, almirante, presidente da Alemaña (n. 1891).
- 1987 - Joop den Uyl, primeiro ministro dos Países Baixos (n. 1919).
- 1999 - João Baptista de Oliveira Figueiredo, presidente do Brasil (n. 1918).
- 2007 - Luís Cordeiro, político galego (n. 1934).
- 2008 - Harold Pinter, dramaturgo e guionista inglés (n. 1930).
- 2013 - Germán Coppini, cantante pop (n. 1961).
- 2014 - Baldomero Cores Trasmonte, avogado e sociólogo galego (n. 1929).
- 2016 - Gil Parrondo, director artístico (n. 1921).
Festas e celebracións
editarOutros
editar- Santoral: Adán e Eva; San Chárbel.