Abel Bouhier
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2019.) |
Abel Marcel Bouhier, nado en Les Sables d'Olonne o 10 de abril de 1921 e finado en Poitiers o 22 de outubro de 1997, foi un xeógrafo francés. É coñecido especialmente no mundo galego pola súa obra de investigación sobre Galicia. En 1977 presentouna como tese de Estado no seu país, co título "La Galice, essai géographique d'analyse d'interpretation d'un vieux complexe agraire".[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1921 Les Sables-d'Olonne, Francia |
Morte | 22 de outubro de 1997 (76 anos) Poitiers, Francia |
Educación | Universidade de Poitiers (pt) |
Actividade | |
Ocupación | xeógrafo |
Premios | |
|
Traxectoria
editarRematada a carreira comezou a traballar na École Normal de Laval. En 1954 presentou a súa tese-memoria na universidade de Potiers, titulada "La façade maritime du Sud-Vendée". Nela desvelaba o maior centro de interese do seu labor investigativo como xeógrafo: os países atlánticos da vella Europa. Dous anos despois comezou a investigar en Galicia.
Durante os vinte anos seguintes viaxou con frecuencia non só a Galicia, senón tamén a España para realizar traballo de campo e de arquivo. Visitou os centros documentais máis importantes, como o Arquivo nacional de Simancas ou o Instituto Nacional de Estadística. O froito das súas investigacións revelou non só a estrutura agraria da Galicia dos inicios da segunda metade do século XX, senón que mesmo constituíu un profundo traballo de arqueoxeografía. Mostraba a evolución histórica da paisaxe agraria galega, campo pouco estudado en España mais non en Francia, onde existía unha notábel pléiade de xeógrafos especializados. De feito, a obra de Bouhier fora precedida pola doutro xeógrafo francés, Alain Huetz de Lemps, quen estudara a arqueoxeografía do mundo do viño.
O traballo de Bouhier foi presentado en 1977 como tese de Estado e en 1979 foi publicado en francés. Desde que foi coñecido en Galicia converteuse nunha obra de referencia, especialmente para a xeografía, a historia e a economía, tanto polos resultados como pola metodoloxía.
Nos anos seguintes, Bouhier dedicouse ao seu traballo na cátedra de Xeografía na Universidade de Poitiers, e á investigación na súa disciplina, mais xa non sobre Galicia. Porén, tras xubilarse volveu dedicar parte do seu traballo ao país galego.
Foi membro da prestixiosa Société de Géographie.
Distincións
editarAbel Bouhier foi distinguido co "Pergamiño de honra e louvanza" do Patronato do Pedrón de Ouro en 1980.
- Les communaux de la partie orientale du Marais Poitevin, in rev. ""Norois", nº 49, janvier-mars 1966, 58 páxs.
- Les types de maison à l'usage agricole sur la façade maritime du Sud vendéen, in rev. "Norois", nº 63, juillet-septembre 1969.
- La Galice: essai géographique d'analyse et d'interpretation d'un vieux complexe agraire, 2 vols. La Roche-sur-Yon (Vendée), s.n. (Imp. Yonnaise), 1979, 1510 páxs.
Existe unha tradución ao galego realizada por Benxamín Casal: Galicia: Ensaio xeográfico de análise e interpretación dun vello complexo agrario, 2 vols. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria-Caixanova. 2001, 1407 páxs - ISBN 84 4532 7690
- Les phénomènes récents de dégradation des formes d'organisation agraire en openfield de l'extrême Sud-Est galicien, in "Revue Gëographique de l'Est, t. XXIII, nº 3-4, 1983.
- Las formas tradicionales de utilización del monte: su evolución reciente, las perspectivas de porvenir, in "Xornadas de Estudio sobre os usos do monte en Galicia, 1983, Lourizán (Pontevedra)". Sada-A Coruña. Edicións do Castro. 1984, páxs. 11-28.
- La production du fromage de chêvre en Poitou-Charente, in "Actes du colloque de Caen, 18-20 de septembre de 1985", publicadas so dirección de Pierre Brunet, in "Cahiers du Cérvir", nº XI, 1987 - ISBN 2-905461-21-7.
- L'evolution des systémes d'utilisation agricole du sol en Poitou-Charente au cours de trente dernières années, 1955-1985. Potiers. Centre de Géographie humaine et sociale française. 1987 (en colaboración con Jean-Baptiste Humeau).
- Le port de commerce des Sables d'Olonne, in rev. "Norois", nº 156, 1992, páxs. 407-422.
- La conversion de la Galice à l'élevage bovin laitier, in rev. "Recherches rurales", nº 2, Talence. 1992.
- Cultures dans le sable et originalité d'une socété littorale: le pays de La Tranche, Vendée, au début des années cinquante de ce siécle. Poitiers. 1992.
- Violence et relations sociales dans le Poitou et le pays charentais de la fin du Moyen Âge au début du XXe siécle, in "Mémoires de la Société des Antiquaires de l'Ouest", 5éme série, t. II. 1994.
- Le réseau de villes de la Galice, in rev. "Norois", nº 171, 1996, páxs. 623-645.
- Lourdeurs du passé et mutations récentes: la situation actuelle de l'agriculture galicienne, 1965-1996, in "Annales de Géographie", t. 107, nº 59, janvier-février 1998, páxs. 33-58.
- Mussel breeding in the bay of l'Aiguillon and on the nearest coastlines, 1960-1997. Permanency and novelty in an old sea activity, in rev. Norois, nº 179, 1998, páxs. 353-360.
Notas
editar- ↑ "O francés máis galego. Abel Bouhier e o sistema agrario da Galiza". Nós Diario. 20 de xaneiro de 2023. Consultado o 21 de xaneiro de 2023.
- ↑ Trátase unicamente dunha escolma.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Abel Bouhier (1921-1997)". Norois (179): 353-360. 1998.