Accra
Accra[1] ou Acra[2][3] é a capital de Ghana, e conta cunha poboación de 1 661 400 (2001) e preto de 2,9 millóns na área metropolitana. Está situada na costa do golfo de Guinea. É a maior cidade do país e o seu centro administrativo, de comunicacións e econômico. As industrias principais son as de alimentos, madeira, téxtil, roupas e produtos químicos.
Nkran (ak) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Ghana | ||||
Rexións | Grande Acra (pt) | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.291.352 (2013) (13.244,81 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 173.000.000 m² | ||||
Bañado por | golfo de Guinea | ||||
Altitude | 61 m | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Elizabeth K.T. Sackey (en) (2021–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0302 e 0302 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | ama.gov.gh | ||||
Historia e características
editarA súa orixe remonta a un forte portugués que aquí existiu entre 1557 e 1578. Acra desenvolveuse en torno de fortes británicos e holandeses construídos no século XVII, e baixo a súa protección estableceuse a etnia Ga. En 1877, Acra pasou a ser capital da Costa do Ouro británica. Após a conclusión dun ferrocarril para o interior mineiro e agrícola, Accra tornouse o centro económico de Ghana.
Accra é sede do museo nacional, a Academia de Artes e Ciencias de Ghana, da Universidade de Ghana, e da biblioteca central. Tamén digno de nota é o Forte de Christiansborg, construído por dinamarqueses no século XVII. Nos suburbios de Ghana fica a Achimota School, a principal escola secundaria do país. A Comisión de Defensa da Organización da Unidade Africana (OUA - actual UA, Unión Africana) ten a súa sede en Accra.
Notas
editar- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. (2012). Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 103. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
Acra (Gana)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Accra |