Acteón
Acteón foi un personaxe da mitoloxía grega, fillo de Aristeo e Autónoe (filla de Cadmo).
Nome orixinal | (grc) Ακταίωνας |
---|---|
Biografía | |
Causa da morte | dog attack (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Caza |
Ocupación | caçador (pt) |
Profesores | Quirón |
Celebración | Mitoloxía grega |
Familia | |
Pais | Aristeu e Autónoe |
Irmáns | Nysa Macris |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Actæon |
Foi educado polo centauro Quirón, quen lle aprendeu a arte da caza. Estando un día cazando polos bosques de Beocia, atopouse por casualidade coa deusa Artemisa, que se estaba a bañar espida nun manancial preto da cidade de Orcomeno. Cando a veu, Acteón se detivo e quedou fascinado pola súa beleza. Pero Artemisa alporizouse ao se dar de conta, e castigouno transformándoo en cervo e acirrando contra el aos seus propios cans, que terminaron devorándoo sen recoñecer ao seu amo. Logo, a manda de cans buscouno infrutuosamente por todo o bosque ata que foron dar á cova onde vivía Quirón, quen intentou consolalos construíndo unha estatua coa figura de Acteón.
Existe outra lenda sobre este mesmo personaxe, na que di que todo foi un castigo de Zeus porque Acteón intentou impedir que o deus lle fixese o amor a Sémele, unha súa irmá.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Grimal, Pierre (1981, 1ª ed; 2017, 7ª reimpr.). Diccionario de mitología griega y romana. Paidós. ISBN 9788449324574. (en castelán)