Adamantios Koraís
Adamantios Koraís ou Coraís, nado o 27 de abril de 1748 en Esmirna, Anatolia e finado o 6 de abril de 1833 en París, foi un académico e humanista grego.
Nome orixinal | (el) Ἀδαμάντιος Κοραῆς |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de abril de 1748 Esmirna, Turquía |
Morte | 6 de abril de 1833 (84 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse |
Educación | Evangelical School of Smyrna (en) Universidade de Montpellier |
Actividade | |
Campo de traballo | Greek philology (en) , lingua estándar, lexicografía e Literatura grega |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | lexicógrafo, crítico literario, médico, humanista, escritor, lingüista, filósofo, filólogo |
Membro de | |
Movemento | Modern Greek Enlightenment (en) |
Alumnos | Ambroise-Firmin Didot (pt) |
Pseudónimo literario | Adamance Coray |
Familia | |
Pais | Joannis Korais e Thomaida Korai |
Descrito pola fonte | The Nuttall Encyclopædia >>>:Coraïs Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarEstudou medicina en Francia e foi en París onde se empeñou en realizar unha carreira literaria. Dedicouse a concienciar sobre as aspiracións nacionais dos seus compatriotas e a incrementar a comprensión do legado cultural heleno. O seu apoio ao clasicismo tivo unha grande influencia sobre o idioma grego e a súa cultura.
Entre as súas antoloxías atópanse os dezasete volumes da Biblioteca de Literatura Grega, escrita de 1805 a 1826 e a obra Parerga, de nove tomos, que fixo entre 1809 e 1827. Mediante o seu lexicón Atakta que redactou de 1828 a 1835 e que representa o primeiro dicionario de grego moderno, Korais creou unha nova linguaxe literaria no seu idioma ao combinar elementos do grego vernáculo (dimotikí) co grego antigo.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adamantios Koraís |