Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro
O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro[2] (IATA: SCQ, OACI: LEST), tamén coñecido como aeroporto da Lavacolla ou simplemente como aeroporto de Santiago, é un aeródromo situado preto do lugar da Lavacolla, Sabugueira, Santiago de Compostela. Aínda así, boa parte das pistas de rodaxe e aterraxe sitúanse tamén en terras das parroquias de Pereira, no concello do Pino e, en moita menor medida, de Loureda, no de Boqueixón[3].
Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Propietario | AENA | ||
Cidade/Illa | Santiago de Compostela | ||
Localización | A Lavacolla, Sabugueira | ||
Elevación (msnm) | 330 metros / 1213 pés | ||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
17/35 | 3200 | 10498 | asfalto |
Estatísticas (2019) | |||
Pasaxeiros | 2 903 427 | ||
Aumento pasaxeiros | 6,5% | ||
Operacións | 23 396 | ||
Aumento operacións | 2,5% | ||
Carga (ton.) | 3 201 | ||
Aumento carga | 6% | ||
Fonte: AENA[1] |
Na actualidade está xestionado por AENA, e abrangue a maior parte do tráfico aéreo en Galicia, tanto nacional como internacional. Ofrece voos regulares a 27 destinos, 21 deles durante todo o ano e o resto estacionais.[4]
Historia
editarO aeroporto de Santiago de Compostela comenza a súa andaina no ano 1932, cando un grupo de afeccionados da aeronáutica constrúe un aeroclub na cidade, máis concretamente, no termo municipal da Enfesta. Nos seus inicios, o aeroporto contou con tres zonas de aterraxe formando un triángulo de pistas de dimensións 1100 por 200 m, 950 × 150 m e 600 × 125 m.
O aeroporto adquiriu protagonismo militar coa chegada da guerra civil española, mais non é ata 1937 cando o día 27 de setembro se iniciaron os servizos comerciais regulares coa liña Santiago-Salamanca-Valladolid-Zaragoza, operando nun aeroporto que só contaba cun barracón de madeira para albergar os pasaxeiros.
En 1939 e 1940 un batallón de 388 traballadores, prisioneiros políticos, traballaron na construción do aeroporto e na ampliación das pistas.[5]
No ano 1948 iniciáronse obras de asfaltado da pista e no ano 1953 construíuse a pista de rodaxe e o estacionamento. Non é ata os anos sesenta cando se pode falar dun grande aeroporto comercial, posto que é nesta década cando se fan obras de especial transcendencia, como son o parque contra incendios, a nova torre de control, melloras nas pistas de aterraxe e de rodaxe, e se constrúe a nova terminal de pasaxeiros.
Nos anos 80 construíuse a terminal de carga, que se tivo que ampliar posteriormente debido á forte demanda de mercancías que sofre Santiago polo aire. Un factor fundamental na operatividade do aeroporto foi a instalación do sistema ILS Cat II/III no ano 1993, que permite á aviación operar en condicións meteorolóxicas de baixa visibilidade e reducir así as cancelacións e desvíos de voos.
Xa por último, os Anos Santos Composteláns, que se celebran cando o 25 de xullo coincide en domingo, teñen sido de importancia para o desenvolvemento do aeroporto, posto que coincidindo con eles tense levado a cabo importantes melloras. Así, co motivo do Ano Santo de 2010 construíuse unha nova terminal de pasaxeiros.
En xaneiro de 2016, a corporación municipal de Santiago acordou, por unanimidade, solicitar o cambio de nome do aeroporto para bautizalo como aeroporto Rosalía de Castro. A proposta recibiu nos días seguintes o apoio unánime do Parlamento galego, da Xunta de Galicia, da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, e tamén o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, manifestou o apoio do goberno nacional á iniciativa [6].
Aeroliñas e destinos
editarAeroliñas | Destinos
|
---|---|
Aer Lingus | Dublín
|
Air Europa | Gran Canaria, Lanzarote, Tenerife-Norte, Tenerife-Sur Estacional: Fuerteventura, Eivisa, Menorca, Palma de Mallorca |
easyJet | Milán-Malpensa Estacional: Londres-Gatwick |
easyJet Switzerland | Basilea-Mulhouse, Xenebra |
Iberia | Madrid |
Iberia Express | Madrid |
Iberia Regional operado por Air Nostrum |
Bilbao, Tenerife-Norte Estacional: Fuerteventura, Gran Canaria, Madeira, Palma de Mallorca, Melilla |
Lufthansa | Frankfurt [7] |
Ryanair | Alacant, Barcelona, Bérgamo, Gran Canaria, Hahn, Lanzarote, Londres-Stansted, Madrid, Málaga, Palma de Mallorca, Sevilla, Tenerife-Sur, Valencia, Malta |
Swiss International Air Lines | Estacional: Zürich |
Vueling | Ámsterdam-Schiphol, Barcelona, Fuerteventura, Lanzarote, Londres-Gatwick, Málaga, Palma de Mallorca, París-Charles de Gaulle, Roma-Fiumicino, Tenerife-Norte[8] Estacional: Alacant, Bruxelas, Eivisa, Zürich |
Comunicacións
editarO aeroporto encóntrase comunicado coa cidade de Santiago de Compostela a través da autovía A-54, dende a cal se accede facilmente cara ao centro da cidade a través do periférico SC-20. Grazas á autoestrada AP-9 (de peaxe) é posible chegar a Santiago de Compostela dende Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Vigo. O mesmo ocorre co ferrocarril da Renfe, que opera con trens cada hora entre as cidades da Coruña e Vigo e dende aí desprazarse ata o aeroporto.
O autobús é unha das opcións coas que conta, con servizos dende as 6:50 ata as 23:30, todos eles procedentes da estación de autobuses de Santiago e da rúa Doutor Teixeiro, que se atopa no centro da cidade. Existen tamén dúas liñas de autobuses directas dende as cidades da Coruña (1 servizo diario) e Lugo.
Datos de tráfico
editarDende a implantación no aeroporto das compañías de baixo custo, como Ryanair, Vueling, ou easyJet, experimentouse un aumento progresivo do número de pasaxeiros, aínda que perdeu peso na cota de mercado dos tres aeroportos galegos, movendo por primeira vez en anos menos do 50 % do total de pasaxeiros de Galicia.
É o 16º aeroporto na clasificación a nivel nacional de tráfico aéreo e é o 8º aeroporto na clasificación de tráfico aéreo da Península Ibérica (datos 2017). Durante o ano 2016 produciuse un aumento do número de pasaxeiros do 9,3 % con respecto ó ano 2015 e o número de operacións aumentou nun 3,6 %. Este foi o primeiro ano da súa historia no que superou a barreira dos 2 millóns e medio de pasaxeiros, cantidade acadada un día antes do final de ano.[9]
En canto ó número de mercancías transportadas, houbo un descenso pasando do ano 2000 de 6 733 877 kg a 2 693 251 kg no 2017, aínda que ese ano o tráfico de carga medrou un 17,3%.[Cómpre referencia]
Ano | Nº de pasaxeiros | T Mercancías | Operacións | ||
---|---|---|---|---|---|
2000 | 1 332 896 | 6.733 | 19.660 | ||
2001 | 1 281 334 | 6.288 | 19.084 | ||
2002 | 1 240 730 | 5.716 | 17.362 | ||
2003 | 1 381 826 | 5.318 | 18.454 | ||
2004 | 1 580 675 | 4.938 | 21.593 | ||
2005 | 1 843 118 | 3.805 | 25.693 | ||
2006 | 1 994 519 | 2.587 | 24.712 | ||
2007 | 2 050 121 | 2.749 | 24.637 | ||
2008 | 1 917 466 | 2.418 | 21.945 | ||
2009 | 1 944 068 | 1.988 | 20.166 | ||
2010 | 2 172 869 | 1.964 | 21.247 | ||
2011 | 2 464 431 | 1.787 | 22.317 | ||
2012 | 2 194 611 | 1.815 | 19.509 | ||
2013 | 2 073 055 | 1.928 | 18.668 | ||
2014 | 2 083 873 | 2 095 | 19 431 | ||
2015 | 2 296 409 | 2 311 | 20 541 | ||
2016 | 2 510 740 | 2 296 | 21 277 | ||
2017 | 2 644 925 | 2 693 | 21 520 | ||
2018 | 2 724 750 | 3 019 | 21 839 | ||
2019 | 2 903 427 | 3 201 | 22 396 | ||
2020 | 935 394 | 2 981 | 10 949 | ||
2021 | 1 653 663 | 4 940 | 15 376 | ||
2022 | 3 002 600 | 4 356 | 23 633 | ||
Fonte: AENA |
Estatísticas das rutas
editar
|