Aguiúlfo
Aguiúlfo (tamén: Agiulfo, Achiuulf, Agriwulf, Agilulf, Aiulf e en latín: Aioulfus ou Aiulfus) foi feito gobernador do Reino Suevo de Galicia por Teodorico II no 456 trala morte de Requiario. Goberno que chegou a ser real só na parte sur do reino e durante un curto período de tempo ata o ano 457, cando falece asasinado no castro do Porto.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V |
Morte | 457 (Gregoriano) Porto, Portugal |
Gobernador Reino Suevo | |
456 – 457 ← Requiario – Maldras → | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Varnos |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Traxectoria
editarExecución de Censorio
editarNo ano 448, previamente ao seu reinado, executa a Censorio en Hispalis, tras pasar 8 anos en cativerio dende que o apreixoara Requila en Emerita. Isto dá lugar á sublevación e disconformidade tanto de suevos como de galaico-romanos xa que fora un dos firmantes do acordo imperial que fixera a Gallaecia un foedus.
Goberno do reino
editarAguiúlfo que posiblemente fose pertencente a tribo dos varnos, orixinarios do Báltico occidental era lugartenente do rei visigodo Teodorico II e probablemente participara na guerra contra os suevos.
Trala morte de Requiario no 456, Teodorico II pon en Emerita a Aguiúlfo como gobernador, para defenderse das posibles invasións suevas e para loitar contra os cántabros e vascóns mentres Teodorico marcha cara ao norte para protexer o reino visigodo dos romanos dirixidos polo novo emperador Maioriano imposto por Ricimer.
Guerra civil
editarAguiúlfo, quizais pola ausencia de Teodorico, deserta e únese aos suevos do sur do reino, subindo dende Emerita ata Porto, esperando ser o seu rei. Durante o seu mandato o reino vive en caos, nun período de desgoberno no que se suceden asaltos e saqueos. Finalmente, unha parte dos suevos proclaman rei a Maldras, provocando unha revolta contra Aguiúlfo. Durante o conflito Aguiúlfo é asasinado no castro do Porto, no mes de xuño do 457 probablemente a mans do mesmo Maldras.[1]
Aguiúlfo Nacemento: ? Falecemento: 457
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Requiario
|
Rei de Galicia Só no sur 456–457 |
Sucedido por Maldras Só no sur de Galicia |
Notas
editar- ↑ Peres Vigo, Alexandre (2022-09-06). "Reis dunha Gallaecia dividida. A monarquía galega entre o 456 e o 459". Nós Diario. Consultado o 2022-09-07.
Véxase tamén
editar Reis dunha Gallaecia dividida. A monarquía galega entre o 456 e o 459. |
Bibliografía
editar- López Carreira, A; Fernández Cal, T. Os reis de Galicia. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 84-96203-27-1.