Éliphas Lévi
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Éliphas Lévi, nome de bautismo Alphonse-Louis Constant, nado en París o 8 de febreiro de 1810 e finado na mesma cidade o 31 de maio de 1875, foi un escritor francés, ocultista e cabalista.
Nome orixinal | (fr) Eliphas Lévi |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fr) Alphonse Louis Constant 8 de febreiro de 1810 París, Francia |
Morte | 31 de maio de 1875 (65 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | Cimetière parisien d'Ivry (en) |
Outros nomes | Éliphas Lévi |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Ocultismo |
Ocupación | ocultista, escritor de non ficción |
Alumnos | Fernand Rozier (pt) |
Influencias | Platón, Ramon Llull, Paracelso, Robert Fludd (pt) , Emanuel Swedenborg, Joseph de Maistre, Antoine Fabre d'Olivet (pt) , Josef Hoëné-Wronski (pt) e Simon Ganneau (pt) |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Noémie Rouvier |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
O seu pseudónimo Éliphas Lévi, so o cal publicaba os seus libros, é unha tradución do seu nome "Alphonse-Louis" ao hebreo.
Traxectoria
editarFillo dun zapateiro, demostrou grande intelixencia, e aos dez anos de idade foi educado na casa reitoral da Igrexa de Saint-Louis en Lille onde aprendeu o catolicismo. De aí foi encamiñado, con quince anos de idade, para o seminario de Saint-Nicolas du Chardonnet, onde realizou os estudos preparatorios. En 1830 foi transferido para o seminario de Issy para estudar filosofía. E en 1832 ingresou no seminario de Saint-Sulpice para estudar teoloxía.
Foi ordenado diácono en 1835. Tería sido ordenado sacerdote, se non confesase o seu amor por Adelle Allenbach, con quen realizara a primeira comuñón. O suceso causa unha grande decepción na súa nai, que acaba suicidándose. En 1838, en París, fai amizade con Flora Tristan e retoma a do seu amigo de seminario Aphonse Esquiros.
Anos difíciles
editarTres anos máis tarde, logo de certas vicisitudes publica La Bible de la liberté (1841) (A Biblia da liberdade), que sería secuestrado polas autoridades apenas nunha hora da súa aparición (aínda que se salvaron algúns) e Constant foi detido, e posteriormente xulgado e encarcerado. No cárcere comezou a ler a Swedenborg Sairía da cadea dous anos despois, en 1842. Puido conseguir un emprego como pintor.
Os anos seguintes son de dificultades, en parte derivadas da imposibilidade de escribir na prensa a causa do asunto d'A Biblia da liberdade. Durante un certo tempo mudou de nome (abbé Beaucourt: abade Beaucourt). Acaba casando cunha rapaza nova, Marie Noémi Cadiot. A instancias da dona comeza a inmiscuírse en política. Un virulento panfleto político La Voix de la famine (A voz da fame), provoca a súa condena a un ano de prisión e 1.000 francos de multa, aínda que só cumpre seis meses.
A revolución 1848 outórgalle unha maior liberdade, pasando a dirixir unha revista esquerdista "Le Tribun du peuple" (O tribuno do pobo), de curta vida. Co seu amigo Esquiros e Le Gallois funda un club político, o Club de la montagne (Club da montaña), composto principalmente de traballadores. Porén a revolución trouxolle decepcións persoais, en parte ao non ver cumpridas as súas expectativas políticas. As súas ideas políticas ficaran plasmadas en Le Testament de la liberté (1848) (O testamento da liberdade). Mentres a súa muller escribe folletíns literarios, co seudónimo Claude Vignon. De xeito que durante certo tempo a parella vive con relativa comodidade, obtendo mercé ás influencias labradas pola dona, encargos artísticos do ministerio do Interior.
Ao tempo le sobre a Cábala, e estuda os escritos, especialmente, de autores místicos e esotéricos: Jacob Boehme, Louis-Claude de Saint-Martin, Emanuel Swedenborg, Antoine Fabre d'Olivet, Chaho, et Gœrres.
Cara 1850, encóntrase con Migne, fundador e director da biblioteca eclesiástica de Montrouge, que lle encarga para a súa colección un Dictionnaire de la littérature chrétienne (1851) (Dicionario da literatura cristiá), que asombra polo saber que encerra. Nesta mesma época A. Constant coñece ao sabio polaco Hoëné-Wronski, cuxa obra lle causou un impacto duradeiro, ademais de orientalo para o pensamento matemático e o mesianismo napoleónico. Comeza entón a redacción de Dogme et rituel de la haute magie (Dogma e ritual da alta maxia), e ao tempo comeza a usar o pseudónimo Éliphas Lévi, ou Éliphas Lévi Zahed (tradución en hebreo de Alphonse-Louis Constant).
Na primavera de 1854, viaxa a Londres, alí coñecerá a Sir Edward Bulwer-Lytton, autor dalgunhas novela (Zanoni, o Mestre Rosa-Cruz p.ex.), con quen fai amizade e que o presenta nos círculos rosacrucianos. Iniciado, tentará efectuar invocacións (no curso dunha delas, supostamente, aparéceselle a pantasma de Apolonio de Tiana). Porén, salvo neste caso, Éliphas Lévi será sempre contrario a experiencias máxicas; cando posteriormente teña algúns discípulos, farálles prometer que se han ocupar da parte especulativa da filosofía ocultista.
Recoñecemento público
editarLogo da estadía breve en Inglaterra, regresa a París. Entre 1854 e 1856 acaba Dogma e ritual da alta maxia, coñecerá nesta altura a fama e o éxito. En 1855, funda con Fauvety e Lemonnier a Revue philosophique et religieuse (Revista filosófica e relixiosa) que aparece durante tres anos, e na que publica numerosos artigos sobre a Cábala. Mentres, unha canción que compuxo, na que compara a Napoleón III con Calígula, lévao de novo ao cárcere, aínda que será perdoado polo monarca.
En 1859 a publicación da súa Histoire de la magie (Historia da maxia) faille gañar 1.000 francos, unha boa cantidade na época. A obra conságrao definitivamente e atrae ao seu contorno á maioría dos esoteristas franceses (especialmente Henri Delaage, Luc Desages, Paul Auguez, Jean-Marie Ragon, Henri Favre, e o Dr. Fernand Rozier, con quen se reencontrará máis tarde no Papus). Tratará tamén ao cartomancista Edmond e o magnetizador Cahagnet. Os anos 1860 serían de grande actividade creadora para Lévi.
A rogos dos seus amigos Fauvety et Caubet, Lévi afíliase á masonería. Iniciado o 14 de marzo de 1861 na loxa La rose du parfait silence, da que Caubet era Venerable, a cerimonia realízase en presenza de numerosos irmáns.
En 1861, publica La Clef des grands mystères (A chave dos grandes misterios), derradeiro volume da triloxía formada por Histoire de la magie e Dogme et rituel de la haute magie.
Traballa de abondo, iniciando nas ciencias ocultas a eruditos pertencentes mesmo a alta aristocracia, e mesmo ao bispo de Évreux, Mr. Devoucoux, ao que imparte leccións da Cábala. Con maiores ingresos, vive nun relativo confort material, que lle permite enriquecer sen cesar a súa biblioteca. O 29 de agosto de 1862 aparece Fables et symboles (Fábulas e símbolos), obra na que Éliphas Lévi analiza os símbolos de Pitágoras, dos Evanxeos apócrifos, do Talmud etc... Ás veces frecuenta de incógnito reunións espiritistas para documentarse sobre a materia. En 1865 publica Science des esprits (Ciencia dos espíritos), escolma de ensaios nos que volta tratar do simbolisme dos Evanxeos apócrifos, do Talmud etc ( pero sen absolutamente nada que ver co espiritismo). No verán de 1865, o editor Larousse pídelle que escriba algúns artigos sobre Cábala para o seu Grand Dictionnaire. Ao tempo traballa nunha obra soberba, pero de valor histórico discutíbel Livre des splendeurs (Libro dos esplendores), que trata sobre todo da Cábala do Zohar, obra que non aparecería ata despois do seu falecemento.
A fins da década dos 1860 comezou a quebrarse a súa saúde, surxíndolle unha doenza de corazón en 1871. Aínda que paulatinamente vai devecendo, ao longo de 1873 acaba o manuscrito de L'Évangile de la science (O evanxeo da ciencia) e en xaneiro do 1875 o do Le Catéchisme de la paix (O catecismo da paz). Falece o 31 de maio de 1875 no nº 155 da parisiense rúa de Sèvres.
Obras
editarObras de Alphonse-Louis Constant
editar- Nemrod (1832, aparecido no Dictionnaire de littérature chrétienne).
- le Rosier de mai ou la Guirlande de Marie (1839).
- La Bible de la liberté (1841).
- l'Assomption de la femme ou le Livre de l'amour (1841).
- Doctrines religieuses et sociales (1841).
- la Mère de Dieu, épopée religieuse et humanitaire (1844).
- la Fête-Dieu ou le Triomphe de la paix religieuse (1845).
- Paix! Paix! Réprimande adressée par un abbé et un théologien à Timon qui n'est ni l'un ni l'autre (1845).
- le Livre des larmes ou le Christ consolateur, Essai de conciliation entre l'Église catholique et la philosophie moderne (1845).
- les Trois Harmonies (1845).
- la Dernière Incarnation (1846).
- La Voix de la famine (1846).
- le Deuil de la Pologne. Protestation de la Démocratie française et du Socialisme universel (1847).
- Rabelais à la Basmette (1847).
- les Trois Malfaiteurs (1847).
- le Sorcier de la Devinière (1847).
- la Marseillaise du peuple (canción, 1848).
- le Règne du peuple (canción, 1848).
- le Testament de la liberté (1848).
- Dictionnaire de la littérature chrétienne (1851).
Obras asinadas so o pseudónimo de Éliphas Lévi
editar- Dogme et rituel de la haute magie (1854)[1].
- Histoire de la magie (1859).
- la Clef des grands mystères suivant Hénoch, Abraham, Hermès Trismégiste et Salomon (1859)[2].
- Le Sorcier de Meudon (1861)[3].
- Appel de la Pologne à la France par un Polonais (1863).
- Philosophie occulte. Première série: Fables et Symboles (1863)[4].
- Philosophie occulte. Seconde série: la Science des esprits (1865)[5].
Obras póstumas
editarNesta sección, a data indicada é a de redacción e non a de publicación.
- la Clavicule universelle des clavicules de Salomon ou le Grimoire des Grimoires (1854).
- Carnet de notes d'Éliphas Lévi (1856).
- la Clavicule prophétique des sept esprits de Jean Trithème (1860).
- les Mystères de la Kabbale ou l'Harmonie occulte des deux testaments (1861).
- Cours de philosophie occulte. Lettres au baron Spedalieri (1861).
- Le Grand Arcane ou l'Occultisme dévoilé Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Chamuel, 1868-69.
- Le Livre des splendeurs (1869-70.
- Le Livre des sages (1869-70.
- les Éléments de la Kabbale (1870).
- les Portes de l'avenir ou les Dernières Paroles d'un voyant (1871).
- le Grimoire franco-latomorum (1871).
- le Voile du temple déchiré (1872-74.
- l'Évangile de la science (1873).
- la Religion de la science (1873).
- les Paradoxes de la haute science (1873).
- la Sagesse des Anciens (1874).
- le Livre d'Abraham le Juif retrouvé (1874).
- le Catéchisme de la paix suivi de Quatrains de la Bible et de la Bible de la liberté (1875).
- Le Livre d'Hermès restitué et expliqué par Éliphas Lévi et commenté par Éliphas Ben Zahed, avec quarante-sept figures in texte et un album cartonné contenant les soixante-dix-huit lames du Tarot.
- l'Annexe de Salomon.