Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Anfiteatro de Tarraco

O anfiteatro de Tarraco é un edificio romano construído preto do mar, tras a muralla da cidade de Tarraco (actual Tarragona), capital da provincia romana Hispania Citerior Tarraconensis. Constitúe, xunto con outras localizacións, o conxunto arqueolóxico de Tarraco, que forma parte do Patrimonio da Humanidade dende o ano 2000, sendo o seu código de inscrición 875-007.

Modelo:Xeografía físicaAnfiteatro de Tarraco
Imaxe
Tipoanfiteatro romano
estrutura romana Editar o valor en Wikidata
Parte deConxunto arqueolóxico de Tarraco
Tarraco Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaTarragona, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónCidade de Tarragona Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°06′52″N 1°15′32″L / 41.11457, 1.2588
Características
Ben de interese cultural
Data5 de agosto de 1924
IdentificadorRI-51-0000298
Ben Cultural de Interese Nacional
TipoMonumentos do patrimonio histórico de España
Codi BCIN208-MH Editar o valor en Wikidata
Codi BICRI-51-0000298 Editar o valor en Wikidata
Id. IPAC225 Editar o valor en Wikidata
Id. IPAPC13135 Editar o valor en Wikidata

A función do anfiteatro

editar

Nel tiñan lugar todo tipo de espectáculos, coma a munera (loita de gladiadores), as venationes (loitas con animais) e as execucións públicas. Construíuse preto do mar na parte baixa da cidade para proporcionar un aceso doado ao público asistente as funcións e facilitar o desembarco na praia dos animais empregados. No ano 259, Fructuoso de Tarragona e os seus diáconos foron martirizados neste lugar, feito que foi conmemorado no século VI mediante a construción dunha basílica visigoda adicada a estes mártires na propia situación do anfiteatro.

Características técnicas

editar
 
Detalle das bancadas.
  • Data de construción: século II d.C.
  • Capacidade: 14.000 persoas
  • Forma arquitectónica: elipse
  • Dimensións: 109,5 x 86,5 metros (en forma elíptica)
  • Estancias: Baixo a area onde tiñan lugar os espectáculos atopábanse as fossae ou estancias subterráneas para os animais e os gladiadores, que contaban cun montacargas para erguelos ata a area do anfiteatro. A cavea era a bancada e estaba dividida en tres maenianae ou sectores, separados por muros e corredores para distribuír aos espectadores segundo a súa clase social. Un podium de 3,25 metros de altura separaba a area das bancadas.
 
Anfiteatro de Tarragona.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

Información relacionada

editar