Arandela
Unha arandela é un disco delgado cun buraco, normalmente situado no centro. O uso principal é soportar a carga dun parafuso. Entre outros usos poden facer a función de espazador, de resorte, dispositivo indicador de precarga ou como un dispositivo de bloqueo (evitando que a porca escape do parafuso coas vibracións).
As arandelas normalmente son de metal ou plásticas. Os parafusos con cabezas de alta calidade requiren arandelas de certos metais duros para asegurar a perda de carga unha vez que esta é aplicada. Os selos de hule ou fibra usados en tapas e xuntas para evitar a fuga de líquidos (auga, aceite etc.) en ocasións son da mesma forma ca dunha arandela pero de función distinta. As arandelas tamén son importantes como prevención da corrosión galvánica, empregándose como illamento dos parafusos de metal coas superficies de aluminio.
Tipos de arandelas
editar- Arandela plana.
- Arandela normal, DIN 125
- Arandela ancha, DIN 9021
- Arandela grosa, DIN 433
- Arandelas de presión.
- Arandela Grover, DIN 127
- Arandela dentada.
Arandelas especiais
editar- Arandela culica (Ovarillo)
- Arandela elástica ou de circlip (Seeger) para suxeitar reténs
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arandela |