Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Arthur Kornberg, nado en Nova York, Estados Unidos, o 3 de marzo de 1918 e finado en Stanford, California, o 26 de outubro de 2007, foi un médico e bioquímico estadounidense que en 1959 compartiu o Premio Nobel de Medicina ou Fisioloxía con Severo Ochoa.[1]

Modelo:BiografíaArthur Kornberg

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1918 Editar o valor en Wikidata
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte26 de outubro de 2007 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Stanford, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónCity College de Nova York
Abraham Lincoln High School (en) Traducir
Universidade de Rochester (pt) Traducir
New York University School of Medicine (en) Traducir
University of Rochester Medical Center (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseSevero Ochoa e Carl Ferdinand Cori (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, profesor universitario, escritor de non ficción, académico, bioquímico, químico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorNational Institutes of Health
Universidade Washington em St. Louis (pt) Traducir
Universidade Stanford Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enBioquímica Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoRandy Schekman, James Spudich (pt) Traducir, Tania A. Baker (pt) Traducir, Douglas Lee Brutlag e Julius Adler (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSylvy Kornberg Editar o valor en Wikidata
FillosRoger D. Kornberg, Thomas B. Kornberg Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Корнберг Артур)
Obálky knih,
Medvik >>>:Kornberg, Arthur, 1918-2007, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX989236 Find a Grave: 22617414 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu en 1918 na cidade de Nova York no seo dunha familia de inmigrantes da Galicia austríaca (hoxe parte de Polonia)[2]. Estudou ciencias no City College de Nova York (CUNY) e máis tarde Medicina na Universidade de Rochester, onde se doutorou en 1941. Despois de traballar durante dez anos no Servizo de Saúde Pública dos Estados Unidos, en 1953 foi nomeado xefe do Departamento de Microbioloxía da Universidade de Washington en Saint Louis, e en 1959 foi nomeado xefe do Departamento de Bioquímica da Universidade de Stanford en California. Tamén traballou neste departamento como profesor emérito desde 1988, cando se xubilou. Morreu en Stanford (California) en 2007.

Investigación científica

editar

A súa investigación inicial consistiu en estudar os seus altos niveis de bilirrubina no sangue, unha enfermidade coñecida como síndrome de Gilbert, estudos que publicou en 1942. Durante a súa etapa no Servizo de Saúde Pública dos Estados Unidos dirixiu a súa investigación cara á nutrición e as vitaminas.

En 1946 foi nomeado asistente de Severo Ochoa na Universidade de Nova York (NYU) e ampliou os seus coñecementos sobre química orgánica e purificación de encimas, e traballou na comprensión da produción de trifosfato de adenosina a partir de nicotinamida e adenina dinucleótido (NAD) e nicotinamida adenina dinucleótido fosfato (NADP). Ochoa conseguira o illamento dun encima do colibacilo que cataliza a síntese do ácido ribonucleico (ARN), o intermediario entre o ácido desoxirribonucleico (ADN) e as proteínas. Continuando este traballo, Kornberg puido demostrar experimentalmente en 1956 que o ADN tamén se sintetiza pola súa ADN polimerase utilizando a bacteria intestinal Escherichia coli (a ADN polimerase de E. coli chámase a miúdo polimerase de Kornberg[3]). Este fundamento teórico permitiu anos despois, entre outros avances tecnolóxicos, a secuenciación do ADN (biolóxico) e a reacción en cadea da polimerase (PCR), ferramentas fundamentais en biotecnoloxía.

Galardóns

editar

En 1959 foi galardoado, xunto con Severo Ochoa, co Premio Nobel de Medicina ou Fisioloxía "polo descubrimento dos mecanismos da síntese biolóxica dos ácidos ribonucleicos e desoxirribonucleicos". [4]

O seu fillo, Roger D. Kornberg, foi galardoado co Premio Nobel de Química en 2006.[5]

  1. "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 1959". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2022-07-21. 
  2. "Professor Arthur Kornberg ; Biographical summary". WhatisBiotechnology.org (en inglés). Consultado o 2022-07-21. 
  3. Kresge, Nicole; Simoni, Robert D.; Hill, Robert L. (2005-12-09). "Arthur Kornberg's Discovery of DNA Polymerase I". Journal of Biological Chemistry (en English) 280 (49): e46–e48. ISSN 0021-9258. doi:10.1016/S0021-9258(20)59088-1. 
  4. "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 1959". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2022-07-21. 
  5. "The Nobel Prize in Chemistry 2006". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2022-07-21. 

Véxase tamén

editar

----

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.