Atahualpa
Atahualpa, do quechua Ata-wallpa, que en galego quere dicir 'galo', nado en 1500 e finado o 26 de xullo de 1533, foi o décimo terceiro gobernante inca, e aínda que tivo sucesores nomeados polos españois é considerado como o último emperador incaico.
Nome orixinal | (qu) Ataw-wallpa |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1500 Quito, Ecuador |
Morte | 29 de agosto de 1533 (Gregoriano) (32/33 anos) Plaza de Armas of Cajamarca, Perú (en) |
Causa da morte | pena de morte, enforcamento |
Lugar de sepultura | Cajamarca |
13º Sapa Inca | |
1532 – 1533 ← Huáscar | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Cónxuxe | Coya Asarpay |
Pai | Huayna Cápac |
Irmáns | Paullu Inca Huáscar Manco Cápac II o Manco Inca Túpac Hualpa Quispe Sisa |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Atahualpa) Obálky knih, The Nuttall Encyclopædia >>>:Atahualpa |
Traxectoria
editarO seu pai Huayna Cápac morreu contra 1525, sen designar sucesor. Ese feito desatou unha guerra civil incaica pola sucesión entre Atahualpa e o seu irmán Huáscar. Atahualpa atopábase en Quito, ao mando do exército incaico do norte e a cargo do goberno da rexión, subxugada ao imperio incaico. Tras unha longa campaña, Atahualpa venceu a Huáscar en 1532, preto de Cuzco.[1]
Atahualpa estaba en Cajamarca cando recibiu a visita dunha expedición española ao mando de Francisco Pizarro, que o capturou. Atahualpa ofreceu un rescate a cambio da súa liberdade, e Pizarro aceptou. Non obstante, os españois decidiron desfacerse del. Tras recibir o rescate, foi acusado traizón, de conspiración contra a coroa española e do asasinato de Huáscar. Enxuizárono, sentenciárono a morte foi executado.[2]
Notas
editar- ↑ Rostworowski, M. (1999): Historia del Tahuantinsuyu (2.ª edición). Lima: IEP Instituto de Estudios Peruanos. ISBN 978-9972-51-029-8 (en castelán).
- ↑ del Busto Duthurburu, J. A. (2001): Pizarro 2 (1.ª edición). Lima: Ediciones COPÉ. ISBN 9972-606-20-1 (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atahualpa |
Ligazóns externas
editar- "Un Rey llamado Atahualpa" (en castelán)
- "Atahualpa, el inca en busca del sol" por Jorge Said Barahona (en castelán).
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |