Atlantic Records
Atlantic Records é un selo discográfico estadounidense coñecido sobre todo polas súas gravacións de rhythm and blues, rock and roll e jazz. Durante moito tempo foi un dos selos independentes máis importante dos Estados Unidos, e na actualidade opera como subsidiaria de Warner Music Group (á cal pertence na súa totalidade), que fusionou a Atlantic Records e a Elektra Records nun grupo chamado Atlantic Records Group no ano 2004. Craig Kallman é o actual presidente de Atlantic Records, e Ahmet Ertegün traballou como "presidente fundador" ata a súa morte o 14 de decembro de 2006, aos 83 anos.
Atlantic Records | |
---|---|
Acrónimo | Atlantic |
Tipo | selo discográfico |
Data de fundación | 1947 |
Fundador(es) | Ahmet Ertegün e Herb Abramson |
Organización matriz | Warner Music Group |
Sede | Estados Unidos de América |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.atlanticrecords.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina do selo (en inglés)