Augsburgo
Augsburgo[1][2] (en alemán: Augsburg; en latín: Augusta Vindelicorum) é unha cidade no sur do estado alemán da Baviera, Alemaña situada na confluencia dos ríos Wertach e Lech e capital e sede de administración da Suabia. Ten 295.830 habitantes (31 dec.2020) dese modo é a terceira maior cidade da Baviera, despois de Múnic e Nuremberg, na súa área metropolitana ten uns 885.000 habitantes.[3]
Augsburg (de) | |||||
Epónimo | Augusta dos Vindelícios (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baviera | ||||
Regierungsbezirk | Suabia | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Augsburg-Bergheim (en) Augsburg-Bärenkeller (en) Augsburg-Firnhaberau (en) Augsburg-Göggingen (en) Augsburg-Hammerschmiede (en) Augsburg-Haunstetten (en) Augsburg-Hochfeld (en) Augsburg-Hochzoll (en) Augsburg-Innenstadt (en) Augsburg-Inningen (en) Augsburg-Universitätsviertel (en) Lechhausen (en) Oberhausen (en) Pfersee (en) Q760462 Q760487 Q760501 | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 301.033 (2022) (2.049,66 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 146,87 km² | ||||
Bañado por | Río Lech, Wertach (en) e Singold (en) | ||||
Altitude | 489 m-498 m-482 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 15 a. C. | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Eva Weber (pt) (2020–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 86150, 86199, 86152, 86153, 86154, 86156, 86157, 86159, 86161, 86163, 86165, 86167, 86169 e 86179 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0821 | ||||
Código NUTS | DE271 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 097610000000 | ||||
Número de municipio alemán | 09761000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | augsburg.de | ||||
Augsburgo é unha cidade independente (Kreisfreie Städte) ou distrito urbano (Stadtkreis), ou sexa, posúe estatuto de distrito (kreis).
Despois de Neuss, Tréveris, Colonia e Xanten, Augsburgo é unha das cidades máis antigas de Alemaña, fundada no 15 a.C. polos romanos como Augusta Vindelicorum, recibe o nome do emperador romano Augusto. Foi unha Cidade Imperial Libre de 1276 a 1803 e o fogar das familias patricias Fugger e Welser que dominaron a banca europea no século XVI. A cidade xogou un papel principal na Reforma como lugar da Confesión de Augsburgo de 1530 e Paz de Augsburgo de 1555. O Fuggerei, o complexo de vivendas sociais máis antigo do mundo, fundouno en 1513 Jakob Fugger. aluvial En 2019, a UNESCO recoñeceu o Sistema de Xestión da Auga de Augsburgo como Patrimonio da Humanidade.[4]
Xeografía
editarAugsburgo atópase na converxencia dos ríos Alpinos Lech e Wertach e do Singold. A parte máis antiga da cidade e os barrios do sur atópanse no contraforte norte dun socalco alto, que xurdiu entre o bordo empinado dos outeiros de Friedberg no leste e os outeiros altos do oeste. No sur esténdese o Lechfeld, unha chaira aluvial da post idade do xeo entre os ríos Lech e Wertach, onde se conservaron paisaxes primixenias raras. O bosque da cidade de Augsburgo e os breixos do val de Lech están hoxe entre os hábitats de Europa central máis ricos en especies.[5]
Augsburg limita co parque natural dos bosques occidentais de Augsburgo - un gran bosque. A propia cidade tamén é moi verde. Como resultado, en 1997 Augsburgo foi a primeira cidade alemá en gañar o concurso europeo Entente Florale pola cidade máis verde e habitable de Europa.
Historia
editarA cidade foi fundada en 15 a.C. no reinado do emperador romano Augusto, como colonia co nome de Augusta Vindelicorum. Foi tomada polos hunos o século V, por Carlos Magno o século VIII, e por Welf de Baviera o século XI. No ano 1276 converteuse en Cidade Libre do Sacro Imperio Romano-Xermánico e foi a base dende a que operaba a familia de banqueiros Fugger. Carlos V xuntou nela varias dietas, a máis famosa delas, a Dieta de 1530 na que os protestantes presentaron a Confesión de Augsburgo. Medrou sempre en importancia e prosperidade, excepto durante a guerra dos Trinta Anos e durante a segunda guerra mundial. Foi tamén o berce dun dos primeiros xornais impresos, o "Relation oder Zeitung", en 1609 o mesmo ano, foi creado o xornal "Ordinarii Avisa" en Estrasburgo.
En 1686 a cidade foi a sede da Liga de Augsburgo, coalición de boa parte dos estados de Europa contra Lois XIV de Francia. En 1805, Augsburgo perdeu a súa independencia, pasando a formar parte do reino de Baviera. Na segunda guerra mundial a cidade foi moi danada polos bombardeos dos norteamericanos. Foi escenario das probas de canoa dos Xogos Olímpicos de 1972.
Sistema de xestión da auga
editarOs sistemas de auga de Augsburgo construíronse entre o século XIV e hoxe. Unha rede de canles, torres de auga, equipos de bombeo e centrais hidroeléctricas proporcionaron auga potable e enerxía á cidade durante séculos.[6]
O 6 de xullo de 2019, o Sistema de Xestión da Auga de Augsburgo designouse como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[7]
Notas
editar- ↑ «Ruswick, paz de» e «Reforma». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. pp. 1770 e 1846. ISBN 9788482893600.
- ↑ Outros exemplos de uso en: Max Weber (2006). USC, ed. A ética protestante e o "espírito" do capitalismo. Clásicos do pensamento universal 9. Traducido por Xosé Manuel García. ISBN 9788497506137.; Xosé Carlos Caneiro (1997). Xerais de Galicia, ed. Un xogo de apócrifos. ISBN 9788483021293.
- ↑ "Und-wieder-5000-Menschen-mehr-Augsburg-waechst-und-waechst". www.augsburger-allgemeine.de. 17 de febreiro de 2015.
- ↑ ""Great honor": Augsburg water management system recognized as a World Heritage". tellerreport.com. 6 de xullo de 2019.
- ↑ John G. Kelcey; Norbert Müller (7 de xuño de 2011). Plants and Hábitats das cidades europeas. Springer Science & Business Media. ISBN 978-0-387-89684-7.
- ↑ James Douet (2018). "The Water Industry as World Heritage" (PDF). The International Committee for the Conservation of the Industrial Heritage (TICCIH). p. 32.
- ↑ "Seven more cultural sites added to UNESCO's World Heritage List". UNESCO. 6 July 2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Augsburgo |
Ligazóns externas
editar Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |