Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Averroes

filósofo e médico andalusí


Abu al-Walid Muhammad Ibn Ahmad Ibn Munhammad Ibn Ruchd (أبو الوليد محمد بن احمد بن محمد بن احمد بن احمد بن رشد), nado en Córdoba o 4 de abril de 1126 e finado en Marrakech o 10 de decembro de 1198, foi un filósofo e médico andalusí, coñecido como Averroes[1].

Modelo:BiografíaAverroes

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) ابن رُشد Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ar) أبو الوليد محمد بن أحمد بن محمد بن رشد Editar o valor en Wikidata
14 de abril de 1126 Editar o valor en Wikidata
Córdoba (Dinastía almorábide) Editar o valor en Wikidata
Morte10 de decembro de 1198 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Marrakech (Imperio almohade) Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía islámica, astronomía, Aqidah (pt) Traducir, fiqh, medicina, lingüística, matemáticas, Kalam (pt) Traducir e xeografía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, xuíz, mestre, astrónomo, médico, escritor Editar o valor en Wikidata
MovementoAristotelismo e Averroísmo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAbu Jafar ibn Harun al-Turjali (en) Traducir, Ḫalaf Ibn-ʿAbd-al-Malik Ibn-Baškuwāl (en) Traducir e Ibn Tufail (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesAbu-'l-Walīd Muḥammad Ibn-Aḥmad Ibn-Rušd, avó Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteInfernal Dictionary, 6th ed. (en) Traducir
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Dictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX891211
Averroes.

Traxectoria

editar

Averroes naceu en Córdoba, procede dunha familia de maxistrados que condicionou en gran medida a súa formación cultural, profesional e académica. O seu pai era xuíz de Córdoba e ensinoulle xurisprudencia musulmá. Foi dignatario dos príncipes Abu Xaqub Yusuf e Xaqub al Mansur. No ano 1169 foi nomeado cadí en Sevilla e pouco tempo despois foi asignado á corte califal como médico do califa de Córdoba. Como consecuencia diso foi nomeado gran cadí de Córdoba.

Era o médico de Abu Yaqub Yusuf, o califa almohade de Marrocos e da España musulmá. A idea de Averroes de que a razón prima sobre a relixión levouno ao exilio en 1195 por orde de Abu Yusuf Yaqub al-Mansur; foi restituído pouco antes da súa morte en territorio marroquí.

Está considerado como un dos filósofos máis importantes do mundo árabe na conexión co pensamento aristotélico. Foi discípulo de Ibn Tufayl. Viviu en Sevilla e Córdoba onde exerceu como maxistrado. Era coñecido por Ibn Rushd, filósofo árabe musulmán, físico, xurista maliki e teólogo ashari; na súa cidade natal tamén estudou teoloxía, filosofía occidental e matemáticas co filósofo árabe Ibn Tufayl, e medicina co médico árabe Avenzoar.

O final da súa carreira pública coincidiu coa loita emprendida polo fanatismo relixioso contra os cristiáns. A ortodoxia coránica conseguiu vencer ao partido heterodoxo da filosofía que defendía o mesmo Averroes. As súas doutrinas foron anatemizadas e morreu en Marrakech pouco despois de que o emir lle permitise volver do exilio.

Filosofía

editar

O mundo é eterno, o que non contradí a súa creación por Deus. A relación entre Deus e a creación non é a causa co efecto, senón que ten o fundamento con aquilo que se funda nel. A creación non é máis que a emancipación do principio creador que é Deus. Afirmar a eternidade do mundo supón crer na eternidade da materia e das súas formas. Aínda así, Averroes non admite a inmortalidade persoal senón só a unión con Deus.

A dobre verdade

editar

Averroes mantiña que as verdades metafísicas poden expresarse por dous camiños: a través da filosofía, de acordo coa ensinanza aristotélica e os postulados neoplatónicos da antigüidade tardía e a través da relixión como mostra nos libros da revelación.

Non foi el o que acuñou o termo da teoría da dobre verdade senón os pensadores cristiáns escolásticos posteriores. Rexeitou o concepto da creación do mundo no tempo pois mantiña que o mundo non ten principio. Deus era para el o primeiro motor, a forza creadora e impulsora de todo movemento. A alma da persoa flúe da alma universal unificada ou conxunta.

 
Colliget

Durante toda a súa vida manifestou unha especial preocupación por situar o pensamento árabe baixo a órbita de Aristóteles. Tratábase de conciliar a filosofía clásica co Deus do Corán. Para iso utilizou as fontes directas procedentes do método tanto aristotélico como platónico ou neoplatónico o que en ocasións lle reportou inimizades e enfrontamentos con outros teóricos e sectores teolóxicos da época.

Entre as obras anteriores a 1162 áchase a Paráfrase ou Comentario menor de Aristóteles (o Organom, a Física, a Metafísica, e Das partes e da xeración dos animais) e unha importante obra de medicina denominada Colliget.

Outras obras posteriores foron Comentarios menores e os Opúsculos sobre o intelecto, De substantia orbis, Fasl al maqal ou Fundamento da concordia entre a revelación e a ciencia ou Doutrina decisiva, Kasf ou an-Manahiy ou Libro da exposición dos camiños que conducen á demostración dos artigos de fe, Tahafut al Tahafut ou a incoherencia da incoherencia ou a destrución da destrución onde rebate unha obra do teólogo islámico Algazel sobre a filosofía, os Comentarios maiores aos escritos aristotélicos e un Opúsculo sobre a República de Platón.

Escribiu tratados de lóxica, física, medicina e astronomía. Os amplos comentarios de Averroes sobre as obras de Aristóteles foron traducidos ao latín e ao hebreo.

  • Fasl Al-Maqal. É todo un tratado de metodoloxía cuxa pretensión é achegar a lei coránica coa especulación filosófica, a tradición e a razón. Pretende dotar de carácter universal ao Corán como unha obra feita para todos os homes, intelectuais, empíricos, dialécticos e a poboación en xeral.

O averroísmo

editar

As súas obras foron traducidas ao latín e formaron parte da intelectualidade europea no século XIII cando penetraron na Universidade de París. O seu nome vai unido ao pulo do pensamento clásico occidental. Nel conflúen as oposicións máis enfrontadas na distinción entre a razón e a fe.

Os seguidores

editar

Algúns mestres de arte como Sigerio de Brabante e Boecio de Dacia ensinaron as teses de Averroes relacionadas co monopsiquismo e durante toda a súa vida manifestaron o seu aristotelismo radical procedente da ensinanza de Averroes.

Defenderon a autonomía de toda ciencia no seu propio campo de investigación. Elaboraron a teoría da dobre verdade partindo dos postulados de Averroes, o da fe e o da razón.

No século XV volveu resucitar a súa doutrina, esta vez encarnada nos mestres de Padua, un dos centros do renacemento máis preocupado por rescatar o patrimonio da antigüidade clásica na tendencia máis racionalizadora do humanismo renacentista.

Díxose que a escolástica averroística de Pietro Pomponazzi e Cesar Cremonini áchase na orixe do mundo moderno. Estes ensinos chegaron ata o século XVII.

Averroes influíu filósofos e outros intelectuais da Idade Media e do Renacentismo, entre outros: Alberte o Magno, Tomé de Aquino, Pietro d'Abano, Dante, Ibn Khaldun, Giovanni Pico della Mirandola.

Os detractores

editar

Foi Santo Tomé de Aquino un dos maiores detractores do averroísmo, das súas doutrinas nos puntos máis irreconciliábeis coa propia doutrina cristiá.

A teoría da dobre verdade foi perseguida polos mestres parisienses do século XIII. Esta teoría sinalaba que as concepcións relixiosas só constitúen un enmascaramento alegórico da verdade filosófica pura.

Con todo, Santo Tomé de Aquino e Alberte o Magno combateron con todas as súas forzas o seu monopsiquismo ou as teses que aproban a eternidade do mundo e do movemento, así como a unidade da alma de todos os homes.

Con todo, Averroes converteuse no antecedente directo da escolástica de San Alberte o Magno e Santo Tomé de Aquino.

As doutrinas de Averroes deron lugar a numerosas controversias nas universidades europeas de era moderna («averroísmo»). En definitiva, tivo grande influencia tanto na escolástica como na filosofía cristiá e xudía medieval.

Véxase tamén

editar
  1. "Averroes". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 244.