Barro
Barro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE no ano 2016 tiña 3.746 habitantes (1.862 homes e 1.884 mulleres), o que representa un aumento respecto a 2005, cando contaba con 3.408 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barrés ou barroso.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital | Santo Antoniño | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.651 (2023) (96,84 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 37,7 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Xosé Manuel Fernández Abraldes | ||||
Eleccións municipais en Barro | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36194 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36002 | ||||
Sitio web | barro.es |
Demografía
editarCenso total 2015 | 3.726 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 511 (13.71 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2.378 (63.82 %) |
Maiores de 65 anos | 837 (22.46 %) |
Evolución da poboación de Barro Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5.267 | 5.245 | 6.442 | 4.975 | 3.380 | 3.583 | 3.668 | ||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
editarOs seus límites son, polo sur, os municipios de Poio e Pontevedra, polo leste, o de Moraña; ao norte, o de Portas e, polo oeste, Meis.
Historia
editarOs primeiros restos humanos datan da cultura castrexa, atopados no castro Bandufe e Monte da Chan(Agudelo). Coa romanización a zona comezou a cobrar importancia, ao estar atravesada de norte a sur pola vía XIX (Aquis celenis) do itinerario de Antonino. Dita vía é paralela ou similar á vía portuguesa do camiño de Santiago e á estrada N-550.
Segundo o censo de Floridablanca, durante o antigo réxime as parroquias do actual concello de Barro pertencían á xurisdición de Peñaflor, na provincia de Santiago. Trala constitución española de 1812 e a demarcación dos concellos, Barro pertenceu ao municipio de Trasumia e ao partido xudicial de Caldas de Reis. En 1822, cando Galiza pasou a ter 4 provincias, seguiu existindo o concello de Trasumia. Foi suprimido polo Decreto de Fernando VII do 1 de outubro de 1823, que retomaba a organización do Antigo Réxime.
O 23 de xullo de 1835 dispúxose por real Decreto a formación de novos concellos. O 23 de agosto de 1835 propúxose a creación do concello de Barro, con sete parroquias e 2.459 habitantes. Unha vez constituída a Deputación de Pontevedra, o 22 de xuño de 1836 propuxo que o concello de Barro tivese seis parroquias, pasando a de Romai ao concello de Portas. O concello quedou finalmente constituído no Boletín Oficial da Provincia do 3 de decembro de 1836.
A capital do concello estivo en Porráns até 1900, cando pasou a Santo Antoniño.
Patrimonio histórico-artístico
editar- Petróglifos do monte Bazar, en Portela. Son tres conxuntos, denominados de Castro Loureiro, de Outeiro de Codeso e do Outeiro da Pedra Mirtada.
- Castros de Barro e de Randulfe.
- Vía romana XIX, Aquis Celenis.
- Igrexa románica de San Martiño de Agudelo, da segunda metade do século XII, moi modificada posteriormente.
- Igrexa de Santa María de Curro, de comezos do XVI en estilo oxival tardío.
Tamén existen pazos (como o da Crega, en Santo Antoniño, Perdecanai), cruceiros e muíños.
O Camiño Portugués cruza o concello de sur a norte, en paralelo á estrada N-550. Na parroquia de Portela existe un albergue de peregrinos adaptado sobre unha vella escola.
Neste concello ten a súa sede a Banda de música Xuvenil de Barro, formada no ano 1992.
A festa do patrón do concello, San Martiño, celébrase o 11 de novembro. O primeiro domingo de outubro celébrase a romaría de San Breixo, avogoso contra a reuma. O terceiro domingo de xuño celébrase a festa do viño de Barro, fundada a finais da década de 1970.
Patrimonio natural
editarDestaca o Parque da Natureza do Río Barosa, unha carballeira en desnivel pola que baixa a fervenza que forma o río Barosa, que se aproveitaba antigamente mediante dezasete muíños, algúns deles rehabilitados. O espazo tamén está axeitado para as visitas como zona de lecer.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Barro.
-
Capela de San Antoniño
-
Fervenza e muíños no río Barosa
-
Muíños de auga
-
Fervenza e muíños no río Barosa
Parroquias
editarGalicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Barro | |
---|---|
Agudelo (San Martiño) | Barro (San Breixo) | Curro (Santa María) | Perdecanai (Santa María) | Portela (San Mamede) | Valiñas (Santo André) |
Lugares de Barro
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Barro vexa: Lugares de Barro.
Notas
editar- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 42. ISBN 978-84-8158-706-7.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barro |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |