Benjamin Lee Whorf
Benjamin Lee Whorf, nado en Winthrop (Massachusetts) o 24 de abril de 1897 e finado en Wethersfield (Connecticut) o 26 de xullo de 1941, foi un lingüista estadounidense, pupilo de Edward Sapir, de quen tomaría a hipótese etnolingüística para levala ao que actualmente se coñece como a hipótese de Sapir-Whorf, unha teoría do relativismo lingüístico.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1897 Winthrop, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 26 de xullo de 1941 (44 anos) Wethersfield, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | cancro |
Educación | Universidade Yale Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Director de tese | Edward Sapir |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingüística e volkerpsychologie (en) |
Ocupación | antropólogo, lingüista, filósofo |
Empregador | Universidade Yale |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Уорф Бенджамин Ли) Enciclopedia soviética armenia |
Traxectoria
editarBenjamin Whorf estudou química no MIT e despois iniciou unha carreira de inspector de incendio para compañías de seguranza. Interesouse polos estudos lingüísticos bastante tarde na súa vida, seguindo os cursos de E. Sapir a partir de 1928, e logo foi asistente de Sapir na Universidade Yale (1937-1938).
Investiga as linguas amerindias dos Estados Unidos e de México. Publica unha gramática da lingua hopi (estivera vivindo con eles en 1932), diversos estudos sobre os dialectos náhuatl, sobre a escrita xeroglífica maia, e o primeiro intento de reconstrución do utoasteca. Publica ademais a partir de 1936 un bo número de artigos en revistas de lingüística que trataban da hipótese Sapir-Whorf, das maneiras en que ao seu parecer os diversos sistemas lingüísticos afecten os sistemas de pensamento e os costumes de comportamento dos usuarios das linguas.
Morreu en 1941 e os seus textos, algúns entón aínda inéditos, foron reunidos nun volume, que apareceu en 1956 co título Language, Thought and Reality.