Bilbao Athletic
equipo de fútbol español da cidade de Bilbao
O Bilbao Athletic, antes coñecido como Athletic Club B, é un equipo de fútbol español da cidade de Bilbao. Fundouse en 1964 e compite na Primeira División RFEF. Trátase do filial do Athletic Club.
Bilbao Athletic | |||
---|---|---|---|
Nome | Bilbao Athletic Club | ||
Alcume(s) | Los cachorros | ||
Fundación | 1964 (60 anos) | ||
Estadio | Lezama, Bilbao, España | ||
Inauguración | 1970 | ||
Capacidade | 3250 | ||
Presidente | Jon Uriarte | ||
Adestrador | Carlos Gurpegui | ||
Liga | Primeira RFEF – Grupo 1 | ||
2020–21 | 2ª B – Grupo 2 (A), 2º 2ª B – Grupo 2 (C), 2º | ||
Vestimenta | New Balance | ||
Na rede | |||
http://www.athletic-club.net/ | |||
| |||
Segundo as normas, como filial xogará en polo menos unha categoría inferior á do primeiro equipo e tampouco lle está permitido participar na Copa do Rei. Só pódese compor de xogadores menores de 23 anos ou, na súa falta, menores de 25 anos con contrato profesional co primeiro equipo.
Estadio
editarO Bilbao Athletic xoga no campo 1 das Instalacións de Lezama, con capacidade para 2000 espectadores. As tempadas nas que militou na Segunda División adoitou xogar no Estadio de San Mamés.
Datos do club
editar- Tempadas en 2ª: 14
- Tempadas en 1ª RFEF: 1 (incluída a 2021–22)
- Tempadas en 2ªB: 31
- Tempadas en 3ª: 10
- Debut en Segunda División: 1969–70
- Mellor posto en Segunda División: 2º (1983–84)
- Peor posto en Segunda División: 22º (2015–16)
- Promocións de ascenso a Segunda División: 2 (0 ascensos)
Xogadores
editarCadro actual
editarActualizado a 8 de setembro de 2021.
|
|
Palmarés
editarTorneos rexionais
editarTorneos nacionais
editar- Segunda División B de España (2): 1982-83, 1988-89
- Terceira División de España (2): 1966-67, 1968-69
- Subcampión da Segunda División (1): 1983-84
- Subcampión da Segunda División B (1): 1997-98