Bildu
Bildu (Reunirse en éuscaro) é unha coalición política cunha ideoloxía nacionalista vasca e situado no chamado polo soberanista e independentista, conformada polos partidos Eusko Alkartasuna, Alternatiba, a plataforma cidadá Herritarron Garaia e outros independentes abertzales e de esquerdas.[1] Os seus integrantes afirmaron a súa vontade de continuar o proxecto de coalición máis alá das eleccións de 2011. Presentaron candidaturas nas eleccións do mes de maio de 2011, como foron as eleccións ao Parlamento de Navarra, as Xuntas Xerais de Araba, de Guipúscoa e de Biscaia, e as eleccións municipais españolas de 2011 en Euskadi, Navarra e no Condado de Treviño (Castela e León).
Bildu | |
---|---|
Partido político de Euskadi e Navarra | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Pello Urizar Oskar Matute Bakartxo Ruiz |
Historia | |
Fundación | 3 de abril de 2011 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Esquerda abertzale, nacionalismo vasco, soberanismo, independentismo |
Representación | |
Concelleiros no País Vasco e Navarra | 1,138 / 4,635 |
Parlamento de Navarra | 7 / 50 |
Xuntas Xerais do País Vasco | 45 / 153 |
Outros datos | |
Na rede | |
www.ehbildu.eus | |
Notas
editar- ↑ Gara, ed. (4 de abril de 2011). "Bildu acude a las elecciones con un proyecto a largo plazo" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2012. Consultado o 01 de xuño de 2011.