Birka
localidade comercial viquinga en Suecia
Birka foi unha poboación comercial fortificada dos suións, na era viquinga, situada na illa de Björkö no lago Malar, en Suecia.[1][2][3][4] Con Hovgården, está clasificada como Patrimonio da Humanidade.[5] É acesible en barco desde Strängnäs, Härjarö, Estocolmo e Södertälje.[6]
Birka e Hovgården | |
---|---|
Casas dos viquingos (reconstrución) | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Suecia |
Localización | 59°20′10″N 17°32′44″L / 59.33611, -17.54556 |
Tipo | Cultural |
Criterios | III, IV |
Inscrición | 1993 (17ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 555 |
Características
editarFoi fundada no século VIII e habitada até o X, sendo coñecida como "primeira cidade de Suecia", se ben Uppåkra en Escania é máis antiga. Tiña unha poboación de entre 700 e 1000 persoas. O seu mercado ofrecía peles do norte de Suecia, escravos, e artigos de luxo traídos polos viquingos do Rus de Kíiv, o Imperio Bizantino, Asia Central e Oriente Medio.[7] Puido ser destruída por viquingos daneses, e polo rei Olav II de Noruega cara ao ano 1007.[8][9]
Galería de imaxes
editar-
A Birka actual
-
Fortificación antiga
-
Barcos da época (reconstrución)
Notas
editar- ↑ ENS 2019.
- ↑ Magnusson 2004, p. 202.
- ↑ Orre 2006, p. 12.
- ↑ Ayoub 2013, p. 34-37.
- ↑ UNESCO 1993.
- ↑ Ottosson 2012, p. 88.
- ↑ Jägerbrand 2009, p. 6-7.
- ↑ Ohlmark 1975, p. 15.
- ↑ Gabrielsen 2002, p. 18-19.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Ayoub, Munir Lutfe (2013). Gođkynningr: o rei escandinavo como ponte entre deuses e homens (en portugués). São Paulo: Pontifícia Universidade Católica de São Paulo.
- "Birka". Enciclopédia Nacional Sueca (en sueco). Gotemburgo: Universidade de Gotemburgo. 2019.
- Gabrielsen, Karsten; Thurban, Christian (2002). "Städer och marknader". Vikingar. En översikt (en sueco). Lunda: Historiska Media. p. 73. ISBN 91-89442-53-9.
- Jägerbrand, Mikael (2009). "Birka". Sveriges 33 mest sevärda vikingaplatser (en sueco). Brastad: Virvelvind Förlag. p. 74. ISBN 9789187363894.
- Magnusson, Thomas; Sjögren, Peter A. (2004). "Birka". Vad varje svensk bör veta (en sueco). Estocolmo: Albert Bonniers Förlag e Publisher Produktion AB. p. 654. ISBN 91-0-010680-1.
- Ohlmark, Åke (1975). "Birka". Fornnordisk ordbok (en sueco). Estocolmo: Tiden. p. 202. ISBN 91-550-1914-5.
- Orre, Håkan (2006). "Ortnamnen i Johannelund och Tolemåla" (PDF) (en sueco). Linköpings Universitet.
- Ottosson, Åsa; Ottosson, Mats (2012). "Det bästa av Uppland". Upplev det bästa i Sverige (Conheça o melhor da Suécia). Topplistor landskap för landskap (en sueco). Estocolmo: Bonnier Fakta. p. 118. ISBN 978-91-7424-212-6.
- "Birka and Hovgården". UNESCO. 1993.