Bosque de sequoias de Poio
O bosque de sequoias de Poio ou Bosque de Colón é un bosque de sequoias situado no monte Castrove, en San Xoán de Poio. Este bosque alberga o maior conxunto de sequoias vermellas (californianas) de Europa.[1]
Tipo | xardín | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | monte Castrove | |||
Localización | ||||
División administrativa | Poio (San Xoán), España | |||
| ||||
Composto por | ||||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1992 | |||
O bosque foi creado en 1992 para celebrar o 500 aniversario da chegada de Cristovo Colón a América. A súa orixe tivo lugar nunha iniciativa xurdida no Congreso dos Estados Unidos, e o proxecto levouse a cabo logo de que expertos norteamericanos tomaran mostras da terra para confirmar a ideoneidade do solo para a especie. O 4 de decembro dese ano foron plantadas un total de 500 sequoias vermellas por parte da veciñanza de Poio e de persoal californiano que supervisaba o traballo. No acto estiveron presentes o daquela presidente da Xunta, Manuel Fraga, e o embaixador dos Estados Unidos de América en España, Richard Capen.
Na actualidade, a Comunidade de Montes de San Xoán de Poio é parte responsable da conservación e promoción do bosque.
Galería de imaxes
editar-
Panel informativo do bosque de sequoias de Poio
-
Placas conmemorativas no bosque de sequoias de Poio
-
Bosque de sequoias de Poio (vista xeral dende a parte inferior do bosque)
-
Bosque de sequoias de Poio (debaixo das árbores)
-
Dúas sequoias no bosque de sequoias de Poio
Notas
editar- ↑ "Folleto informativo do bosque de sequoias de Poio." (PDF). Turismo de Poio. Consultado o 13/09/2023.