Broadcast
No mundo das redes de computadores, as transmisións broadcast son as que se fan entre un equipo e todos os equipos do resto da rede.[1][2]
As transmisións broadcast están soportadas na maioría de redes de área local e adoitan usarse para transmitir mensaxes a tódolos equipos dunha mesma rede, como fai por exemplo o protocolo ARP. Para transmitir en broadcast adoita usarse unha dirección especial, como por exemplo a dirección física FF-FF-FF-FF-FF-FF.[1][2]