Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Cabaleiro

persoa condecorada cun título honorífico por un monarca ou señor

O termo cabaleiro designa unha posición social no sistema feudal da Idade Media, caracterizado por servir militarmente montado a cabalo.[1] Orixinouse na época carolinxia e foi evolucionando conforme aumentaba o seu poder, rexéndose polo código de cabalaría.

Cabaleiro da Orde de Santiago.

Co desenvolvemento das cruzadas, o cabaleiro deixou de ser simplemente o combatente a cabalo para se transformar no representante por excelencia da nobreza, ao que se lle atribuían ideais relixiosos e virtudes como a lealdade ao señor e a defensa dos débiles. Os novos cabaleiros tiñan que ser armados segundo uns ritos determinados pero previamente teñen que aprender o oficio actuando de escudeiro e demostrando que tiñan as cualidades físicas necesarias para o exercicio das armas e as virtudes cristiáns así como valor, sabedoría, siso, lealdade, misericordia, castidade e humildade; non é pois un título que se puidera herdar aínda que para ser cabaleiro era preciso ter nobreza de sangue, agás casos excepcionais.

Na Península Ibérica o proceso que seguía un escudeiro antes de ser armado cabaleiro consistía en confesar e comungar, pasar o día anterior en xaxún, logo durante a misa debía ofrecerse ao presbítero e á orde de cabalaría e logo do sermón o príncipe ou señor que armaba ao novo cabaleiro cínguelle a espada, bícao e dálle un golpe no lombo. O novo cabaleiro montaba no cabalo coas armas que lle son propias: a espada símbolo da xustiza e a lanza símbolo da rectitude.

Galería de imaxes

editar
  1. Aínda que os plebeos que tiñan renda suficiente para manter un cabalo servían montados nel, coñecíanse como cabaleiros viláns ou coteifes

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar