Canadian Airlines
Canadian Airlines International Ltd. foi unha aeroliña canadense que operou entre 1987 e 2001. Foi a segunda aeroliña máis grande do Canadá, por detrás de Air Canada, e transportou a uns 11,9 milóns de pasaxeiros a 160 destinos de 17 países no seu apoxeo en 1996. Canadian Airlines voaba a 105 destinos no Canadá, máis que calquera outra aeroliña. Canadian Airlines tiña a súa sede en Calgary, Alberta, e foi adquirida, xunto cos seus avións, por Air Canada en 2001.
Canadian Airlines | ||
---|---|---|
IATA CP | OACI CDN | Indicativo Canadian |
Fundación | 1987 | |
Fin das operacións | 2000 |