Carl David Anderson
Carl David Anderson, nado en Nova York o 3 de setembro de 1905 e finado en San Marino (California) o 11 de xaneiro de 1991, foi un físico estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de setembro de 1905 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 11 de xaneiro de 1991 (85 anos) San Marino, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Residencia | Nova York |
Educación | Instituto Tecnolóxico de California John H. Francis Polytechnic High School (en) |
Director de tese | William Ralph Smythe (pt) e Robert Andrews Millikan |
Actividade | |
Campo de traballo | Física de partículas e física |
Ocupación | físico, profesor universitario |
Empregador | Instituto Tecnolóxico de California |
Membro de | |
Alumnos | Donald Arthur Glaser |
Obra | |
Doutorando | Donald Arthur Glaser, Seth Neddermeyer (pt) e Carl A. Rouse (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Elvira Lorena Bergman |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Андерсон Карл Дейвид) Obálky knih, Enciclopedia soviética armenia, volume 1, (p.389) |
Traxectoria
editarEra fillo de emigrantes de orixe sueca. Estudou física e enxeñería no Instituto Tecnolóxico de California, obtendo o seu Bachelor of Sciences en 1927 e doutorándose en 1930. Posteriormente, en 1939, foi catedrático do departamento de Física en devandita Universidade.
Pronto destacou polos seus traballos de investigación sobre os fotoelectróns producidos por raios X, a radiación cósmica -en colaboración con Robert Andrews Millikan -, os raios gamma e a radioactividade inducida. Fotografando os rastros de raios cósmicos na cámara de ionización, descubriu en 1932 unha partícula que bautizou co nome de positrón, chamada tamén electrón positivo por ter a mesma carga positiva que un protón e a mesma masa que un electrón, e cuxa existencia fora predita uns anos antes por Paul Adrien Maurice Dirac.
En 1938 descubriu outra importante partícula elemental relacionada cos raios cósmicos, o mesón (chamado agora mesón ý), previsto xa por Hideki Yukawa en 1935. En 1950 achegou probas da existencia de partículas V cargadas e neutras.
Polo seu descubrimento do positrón outorgóuselle o Premio Nobel de Física en 1936, compartido con Victor Franz Hess.