Carlos Portela
Carlos Portela Orjales, nado en Vigo en 1967[1][2] é un guionista de banda deseñada e series de televisión galego, tamén é produtor de televisión e subdirector do festival Viñetas desde O Atlántico.
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 (57/58 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, guionista, guionista de cómics |
Traxectoria
editarCarlos Portela iniciouse no mundo dos fanzines, autoeditándose Interlínea (1984) e colaborando con Coiote e Frente Comixario, amais do programa de radio Arte Alfa na emisora Radio ECCA en Vigo. Como profesional, escribiu as series Forest Hill (1988) e Guinsy (1988) con debuxos de Norberto Fernández e Víctor Rivas, respectivamente, para o xornal Atlántico Diario; tamén Canciones de amor con Santiago Sequeiros para Totem, el Comix en 1988.[3]
En 1994 comezou a traballar como guionista para Xabarín Club presentando ademais o Consultorio do Dr TNT, que o popularizou na pequena pantalla. Ao tempo, publicou para Camaleón Ediciones as series Impresiones de la Isla (1993), debuxada por Fernando Iglesias e Kami Seeds (1995), debuxada por Fernando Iglesias e Víctor Rivas. Novamente xunto a Fernando Iglesias realizou entre 1995 e 2000 a serie El Laberinto de Piedra para a revista Compostelán. En 1998 encargouse dos guións do relanzamento da serie Gorka debuxada por Sergi San Julián e unha vez máis por Fernando Iglesias.
Nos primeiros anos do século XXI, centrouse na escritura de series de televisión, como Rías Baixas (2000), Entre bateas (2002) ou Maridos e mulleres (2006-2008), pero sen deixar de lado a banda deseñada, realizando con Das Pastoras a serie fantástica Les Heresiarcas (2002) para Les Humanoides Associés. Tanteou ademais o mundo do cinema, escribindo os guións d' O ano da carracha (2004) e Hotel Tívoli (2005).
En 2005 comeza a colaborar con Purita Campos no relanzamento de Esther, que se converteu nun éxito de vendas. Colabora tamén con Sergi San Julian na novela gráfica A conta atrás (2008), onde narra cara a atrás no tempo a catástrofe do Prestige e da que se publicou até agora só o primeiro de dous volumes. Segue escribindo novas series televisivas: Padre Casares, da que tamén é produtor; Gondar (2009), e Matalobos (2009).
Na actualidade traballa para a produtora Mandarina desenvolvendo unha serie de piratas que protagoniza Pilar Rubio.
Obra
editar- Audiovisual
- 2000 Rías Baixas
- 2002 Entre bateas
- 2004 O ano da Carracha
- 2005 Hotel Tívoli
- 2006-2008 Maridos e mulleres
- 2008 Padre Casares
- 2009 Gondar
- 2009 Matalobos
- Historietística
- 1990 Debuxantes en banda, colectiva (Casa de Xuventude de Ourense)
- 1992 Memak, con debuxos de Fernando Iglesias ("Frente Comisario")
- 1992 Vox Populi, con debuxos de Víctor Rivas ("Atlántico Diario")
- 1993 Impresiones de la isla, con debuxos de Fernando Iglesias ("Camaleón Ediciones")
- 1995 Kami Seeds, con debuxos de Fernando Iglesias e Víctor Rivas ("Camaleón Ediciones")
- 1996 El Laberinto de Piedra, con debuxos de Fernando Iglesias ("Compostelan")
- 1998 Gorka, con debuxos de Sergi San Julián ("Planeta DeAgostini")
- 2000 Comix 2000, colectiva (L'Association)
- 2002 Les Heresiarcas, con debuxos de Das Pastoras (Les Humanoides Associés).
- 2003 H20il, colectiva (Colectivo Chapapote)
- 2005 Las Nuevas Aventuras de Esther, con Purita Campos (Glenat España)
- 2008 La cuenta atrás, con debuxos de Sergi San Julián (Faktoría K de Libros)
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor guión | Padre Casares | Nomeado |
2010 | Mellor guión | Padre Casares | Nomeado |
Mellor guión | Matalobos | Nomeado |
Notas
editar- ↑ «La última vez que hice recuento tenía 16.000 cómics», entrevista de B. R. Sotelino en La Voz de Galicia, 22 de xuño de 2008.
- ↑ "Portela, Carlos (1967-)". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2022.
- ↑ Cuadrado (2000), p. 22.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Carlos Portela (guionista) en Culturagalega
- Carlos Portela, ficha en Glenat (castelán)