Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

A cartografía é a rama da xeografía que se ocupa da representación da Terra sobre unha superficie, o que se denomina mapa. Ao ser a Terra esférica ha de valerse dun sistema de proxección para pasar da esfera ao plano. No fondo este é o problema da cadratura do círculo.

Mapa de 1627.

Pero ademais de representar os contornos das cousas, as superficies e os ángulos ocúpase, tamén de representar outra información que aparece sobre o mapa, segundo se considere que é relevante ou non. Isto, normalmente, depende do que se queira representar no mapa e da escala deste.

O método da cartografía baséase na fotogrametría: as fotos aéreas (en Galicia antes realizadas polos servizos militares e agora transferidos aos centros correspondentes da Xunta de Galicia) son combinadas, axuntadas, interpretadas e convencionalizadas antes de obter un resultado final.

Para unha correcta interpretación da cartografía (feita a escala rexional ou nacional-estatal), debe recorrerse aos fundamentos da xeografía matemática. O tipo de proxección xeodésica utilizada debe considerarse no reprantexamento cartográfico.

CÔTES
D ' E S P A G N E
PARTIE DE LA GALICE
depuis le CAP ORTEGAL jusqu'au CAP SILLEIRO, 1793.

Historia

editar
Artigo principal: Historia da cartografía.

A cartografía ven xa do imperio exipcio e do coñecemento dos gregos, cando Tolomeo realizou unhas primeiras medidas aproximadas da curvatura terrestre dependendo da lonxitude da sombra de dous esteos situados en ambos os dous lados do mar Mediterráneo.

Moito máis tarde buscouse unha referencia xeográfica universal: froito disto foron os meridianos de Barcelona, de París e o definitivamente aceptado de Greenwich. A importancia da cartografía foi tal que influíu nos fundamentos do sistema internacional de pesos e medidas, de xeito que a primeira definición do metro foi "a dezmillonésima parte do cuadrante superior do meridiano que pasa por París".

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar