Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

O castelo de Conwy (galés: Castell Conwy) é unha fortificación medieval de Conwy, na costa norte de Gales. Foi construída por orde de Eduardo I, durante a conquista de Gales, entre 1283 e 1289. Construído como parte dun proxecto meirande de crear a vila amurallada de Conwy, cun custo combinado das defensas de £15.000, daquela unha gran cantidade. Nos séculos seguintes, o castelo xogou un papel importante en moitas guerras. Resistiu o asedio de Madog ap Llywelyn no inverno de 1294–95, actuou como refuxio temporal para Ricardo II en 1399 e acolleu durante varios meses ás forzas leais de Owain Glyndŵr en 1401.

Castelo de Conwy
monumento clasificado como grao I, monumento planificado e National Monuments of Wales

Vista do castelo dende o río Conwy.
Coordenadas53°16′48″N 3°49′32″O / 53.28, -3.82556
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

Tralo estoupido da Guerra Civil inglesa en 1642, o castelo foi tomado polas forzas leais de Carlos I, que o aguantaron ata 1646 cando se renderon ás forzas parlamentarias. Posteriormente, o castelo foi abandonado polo Parlamento para previr que fose usado en calquera outra revolta, e finalmente foi arruinado en 1665 cando se vendeu o ferro e o chumbo restante. O Castelo de Conwy converteuse nun destino atractivo para pintores a finais do século XVIII e comezos do XIX. O número de visitantes medrou e os traballos de restauración comezaron na segunda metade do século XIX. Na actualidade, o castelo está baixo o control de Cadw como atracción turística.

Caractertísticas

editar
 
Vista en planta da fortificación.

O castelo de Conwy aseméllase a un castelo concéntrico, mais é lineal. Como o castelo de Caernarfon, está construído sobre unha rocha, para reducir a posibilidade de socavar, e tamén se aproveita doutros accidentes xeográficos. Foi construído para protexer a entrada do río Conwy. O castelo está dividido nun patio exterior e outro interior, separados por unha grosa muralla, e en cada extremo, unha das oito torres de acompañamento. As torres teñen uns 21 m de altura e 9 m de diámetro, con paredes de 4,5 m de grosor.

No século XIII, construsíuse o Bodysgallesn Hall como torre de vixilancia do castelo de Conwy para controlar os ataques máis difíciles que viñesen dende o norte. Algunhas das pedras que se empregaron na construción do castelo de Conwy proveñen dunha canteira que hai na propiedade de Bodysgallesn.[1]

A UNESCO expuxo a súa propia consideración respecto do castelo clasificándoo como Patrimonio da Humanidade.[2]

"É un dos mellores exemplos de finais do século XII e da arquitectura militar de comezos do século XIV en Europa"
  1. C.M. Hogan, History of Bodysgallen Hall, xullo de 2004, Arquivos da Biblioteca municipal de Aberdeen, Escocia.
  2. "Castles and Town Walls of King Edward in Gwynedd". UNESCO. Consultado o 4 de xuño de 2014. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar