Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

O catafracto fai referencia á cabalaría pesada na que os xinetes levaban armadura e os cabalos ían protexidos con bardas. O termo procede do grego kataphraktós (literalmente: "totalmente encerrado"), e a súa invención corresponde aos persas.

Recreación histórica dun catafracto da era sasánida.

Características

editar

Aínda que é certo que o seu poder de choque era máis que significativo e a súa invulnerabilidade case total, adoecía de defectos notorios: tanto o xinete como o cabalo cansábanse pronto, movíanse máis lentamente que outras cabalarías e eran pouco aptos para unha loita prolongada no deserto.

Posuían unha capacidade de manobra moito maior que a das indisciplinadas cabalarías pesadas occidentais, que só tiñan dous movementos: a carga frontal e a de tomada (isto é, repasando a liña inimiga). Os catafractos, que cargaban en formación máis ordenada, podían efectuar ataques envolventes, polo flanco, cargas frontais e mesmo fustrigación, xa que en certos períodos se dotou ao modelo de armas lixeiras (arcos e dardos).

Pobos, estados ou grupos tribais que utilizaron catafractos ao longo das súas historia, de maior a menos importancia no seu uso, foron: Imperio Parto, sármatas, armenios, Imperio Seléucida, Pérgamo, Imperio Sasánida, Imperio romano, Imperio bizantino.

Tralo seu uso ocasional por parte dos persas, os catafractos foron adoptados (xa na etapa baixoimperial) como tropas de elite romanas, sendo o xerme da cabalaría pesada en Europa Occidental e dando lugar, no Imperio Bizantino, a unha continuación do mesmo modelo, pero con estribos engadidos, o que converteu aos catafractos bizantinos nunha forza de choque case irresistíbel. Co xeneral Belisario, constituíron un dos factores determinantes para a reconquista, por parte de Xustiniano, de gran parte do Imperio Occidental.

Durante séculos foron en Europa Oriental o que foran antes os lexionarios romanos: soldados profesionais e fiábeis, recrutados na súa maioría de Asia Menor. Trala derrota na batalla de Manzikert, no ano 1071, a mans da rápida cabalaría lixeira de turcos selxúcidas practicamente desaparecen da historia.