Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Chad

país centroafricano

O Chad[1] (en francés Tchad, en árabe تشاد, Tshad), oficialmente República do Chad (en francés République du Tchad; en árabe جمهورية تشاد, Jumhūriyyat Tshād) é un país africano. Limita ao norte con Libia, ao leste co Sudán, ao sur coa República Centroafricana e ao oeste co Camerún, Nixeria e mais Níxer. A súa capital é Xamena.

Modelo:Xeografía políticaChad
République du Tchad (fr)
جُمْهُورِيَّة تشاد (ar) Editar o valor en Wikidata

HimnoLa Tchadienne Editar o valor en Wikidata

Lema«Unité, Travail, Progrès»
«Unity, Work, Progress»
«الاتحاد، العمل، التقدم»
«Единство, труд, прогрес»
«Undod, Gwaith, Cynnydd» Editar o valor en Wikidata
EpónimoLago Chad Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 15°28′00″N 19°24′00″L / 15.46667, 19.4
CapitalXamena Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Barh El Gazel (pt) Traducir
Batha (pt) Traducir
Hadjer-Lamis Editar o valor en Wikidata../... 22+
Poboación
Poboación15.477.751 (2018) Editar o valor en Wikidata (12,05 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa
lingua árabe Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.284.000 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porLago Chad Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoEmi Koussi (3.415 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoDepressão Bodélé (pt) Traducir (160 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación11 de agosto de 1960 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Presidente Editar o valor en WikidataMahamat Déby Itno (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of Chad (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataIdriss Déby Itno (2018–2021) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoNational Assembly (en) Traducir , (Escano: 155) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of Chad (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal11.779.981.332 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedafranco CFA de África Central Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.td Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+235 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia17, 18 e 2251-4242 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código de paísTD Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

BNE: XX453071

Historia

editar

Do mesmo xeito que a maioría do mundo, a área actualmente coñecida como o Chad comezou como un grupo desconectado de tribos. Eventualmente estas tribos foron tomadas por reinos. O Chad foi controlado por algúns reinos débiles ata ser tomado polo maior, pero aínda africano, Imperio Kanem-Bornu.

Logo, os estranxeiros comezaron a ter maior influencia sobre o Chad. Comezando na idade media, o Chad converteuse nun cruzamento de rutas entre os mercadores musulmáns e as tribos nativas. En 1891 o Chad converteuse en parte do Imperio colonial francés. Durante a segunda guerra mundial, o Chad foi a primeira colonia francesa en unirse aos aliados. En 1960 o Chad foi convertido pacificamente nun país independente.

En 1965 unha guerra civil comezou como unha sublevación de impostos do norte musulmán. A guerra foi longa e custosa. Durou ata 1998, en cuxo momento foi escrita a constitución e Idriss Déby foi elixido presidente.

Goberno e política

editar
Artigo principal: Goberno e política do Chad.

Tras a independencia estableceuse un sistema de partido único. A guerra civil de 1979 a 1982 entre o norte e o sur involucrou a tropas de Libia e Francia. En 1975 e 1982 houbo golpes de estado, o último a cargo de Hissène Habré, á súa vez derrubado por Idriss Déby en 1990. En 1992 legalizáronse os partidos políticos. Déby foi elixido presidente en 1996 e tivo que enfrontar unha rebelión dos nómades Toubou, radicados no norte do país. A guerra civil estendeuse durante décadas, alternando períodos de enfrontamentos abertos e de conflitos guerrilleiros. En abril de 2021 o presidente Déby foi asasinado nun destes enfrontamentos.

Organización político-administrativa

editar
 
Mapa do Chad
 
Rexións do Chad

O Chad divídese en 18 rexións.

  1. Batha
  2. Borkou-Ennedi-Tibesti
  3. Chari-Baguirmi
  4. Guéra
  5. Hadjer-Lamis
  6. Kanem
  7. Lac
  8. Logone Occidental
  9. Logone Oriental
  10. Mandoul
  11. Maio-Kebbi Leste
  12. Maio-Kebbi Oeste
  13. Moyen-Chari
  14. Ouaddaï (Abéché)
  15. Salamat
  16. Tandjilé
  17. Wadi Fira
  18. Iamena

Xeografía

editar

O Chad atópase situado na parte máis oriental do deserto do Sáhara, e é unha nación que non ten saída ao mar. Limita ao norte con Libia, ao leste co Sudán, ao sur coa República Centroafricana e ao oeste con Camerún, Níxer e Nixeria, esta última a través do lago Chad.

O país conta con dúas zonas ben diferenciadas: a norte atópase dominada polo deserto, atopándose nos puntos máis setentrionais o macizo de Tibesti. O sur é máis chairo e conta con maior vexetación. Hai que sinalar que na metade norte a poboación predominante é a árabe, mentres que no sur predominan as etnias africanas como os sara.

Como é lóxico, os principais ríos do país van desde o sur do mesmo cara ao norte, desembocando moitos no lago Chad. Os principais ríos do Chad son o Chari e o Logone.

Economía

editar
Artigo principal: Economía do Chad.

Demografía

editar
 
Evolución demográfica entre 1961 e 2003

Ao ano 2007, o Chad ten unha poboación de 9 885 000 habitantes. A metade concéntrase no sur. No norte só habitan grupos nómades. Os musulmáns son o 50%, o 43% ten crenzas tradicionais e o 7% é cristián. Os idiomas oficiais son o francés e o árabe, aínda que se falan máis de 120 linguas e dialectos. A esperanza de vida é de 47 anos. A media de fillos por muller é de 5,56 unha das taxas máis altas do mundo, o cal provoca un incremento da poboación moi elevado. O 47.5% da poboación está alfabetizada.

Cultura

editar

No Chad a relixión con máis crentes é o islam. Os musulmáns supoñen aproximadamente a metade da poboación, e forman un grupo homoxéneo que vive principalmente no norte do país. Pola contra, o resto da poboación, que vive na metade sur do país, é un grupo máis heteroxéneo dentro do cal se poden distinguir dous grandes grupos: os católicos e os seguidores de relixións animistas tradicionais de África. Os primeiros destes últimos supón aproximadamente un 7% da poboación sendo o resto seguidores de relixións animistas tradicionais de África.

Festas

editar
Data Nome en galego
1 de xaneiro Ano Novo
1 de maio Día do traballo
11 de agosto Día da Independencia
28 de novembro Proclamación do día da República
1 de decembro Día da liberdade e a democracia
  1. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419.