Choque
Un choque[1][2] (shock) é unha síndrome clínica complexa e de múltiples causas, estado crítico no seo dunha enfermidade grave producida por unha redución da achega de osíxeno aos tecidos, que determina lesión celular, inicialmente reversible, e se se prolonga, dano irreversible. O factor común: a insuficiencia do sistema circulatorio para manter a perfusión e función celular.
Choque | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
ICD-10 | R57 |
ICD-9 | 785.50 |
DiseasesDB | 12013 |
MedlinePlus | 000039 |
eMedicine | med/285 emerg/533 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Clasificación do choque.
|
Hipovolémico
|
Cardioxénico
|
Vasoxénico |
O mantemento da perfusión de órganos vitais é fundamental para sobrevivir, polo que a hipoperfusión tisular provoca fallo multiorgánico, caracterizado inicialmente por : taquicardia, diminución da tensión arterial e da diurese, xunto con confusión.
Aínda que existen outros grupos de clasificación do choque, o enfoque clásico clasificounos en tres grupos fundamentais:
- Hipovolémico
- Cardioxénico
- Vasoxénico
Causas do choque
editar- Hemorraxias: Prodúcese tras un 30% de perda de sangue.
- Queimaduras: Perda de líquidos por ausencia da pel.
- Fracturas múltiples.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para choque. Acepción 5
- ↑ Diccionario galego de termos médicos. Real academia de medicina e cururxía de Galicia. 2002. Páxina 137 [www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXPL/medico.pdf ]
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |