Citidín difosfato
O citidín difosfato ou difosfato de citidina, abreviadamente CDP, é un nucleósido difosfato formado polo nucleósido citidina esterificado con dous grupos fosfato en forma de pirofosfato. A molécula consta dun azucre ribosa unida á base nitroxenada citosina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' da ribosa e o nitróxeno en posición 1 da base, e un grupo de dous fosfatos esterificados no carbono 5' da ribosa, e unidos entre si por enlace anhidro.
Citidín difosfato | |
---|---|
Identificadores | |
Número CAS | 63-38-7, 34393-59-4 (sal disodio) |
PubChem | 290 |
ChemSpider | 5902 |
ChEBI | CHEBI:17239 |
ChEMBL | CHEMBL425252 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C9H15N3O11P2 |
Masa molecular | 403,176422 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Durante certas biosínteses de lípidos e glícidos o CDP únese a outras moléculas para enerxizalas. No metabolismo de lípidos intervén formando CDP-etanolamina, molécula que une a etanolamina a un diacilglicérido, formando fosfatidiletanolamina ; tamén forma a CDP-colina, que une a colina a un diacilglicérido, formando fosfatidilcolina. Tamén intervén unido a outra molécula, formando o CDP-metileritrol, na ruta de síntese de terpenos pola vía alternativa á do mevalonato. Na síntese do polisacárido celulosa nas plantas os restos de glicosa necesarios chegan unidos a un nucleótido difosfato, que varía segundo a especie, e que nalgunhas especies é a CDP-glicosa [1]
Notas
editar- ↑ Lehninger A., Principios de Bioquímica (1988). Omega. Barcelona. páxinas 600-601, 669. ISBN 84-282-0738-0