Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Coñecemento

Familiaridade adquirida por un ser vivo

O coñecemento[1] adoita entenderse como:

  1. Feitos, ou datos de información adquiridos por unha persoa a través da experiencia ou a educación, a comprensión teórica ou práctica dun tema ou obxecto da realidade.
  2. O que se adquire como información relativa a un campo determinado ou á totalidade do universo.
  3. Conciencia ou familiaridade adquirida pola experiencia dun feito ou situación.
  4. Inclúe o "saber que" (know what), o "saber como" (know how) e o "saber onde" (know where).
Árbore do coñecemento, de Lucas Cranach, o Vello

Non existe, polo tanto, unha única definición de coñecemento. Porén existen moitas perspectivas desde as que se pode considerar o coñecemento, sendo un problema histórico da reflexión filosófica e da ciencia a consideración da súa función e fundamento.

O coñecemento é, por unha banda, o estado de quen coñece ou sabe algo e, por outra banda, os contidos sabidos ou coñecidos como patrimonio global da humanidade. Por exemplo, un coñecemento amplamente compartido nas sociedades actuais é o feito de que a Terra é un xeoide.

Por extensión, adoita chamarse tamén coñecemento a todo o que un individuo ou unha sociedade dados considera sabido ou coñecido. Neste sentido, diríase por exemplo que a existencia de bruxas e trasgos era coñecida na Idade Media, mentres que, desde o punto de vista actual, estas crenzas son infundadas e non constitúen, xa que logo, coñecementos.

Sen dúbida, as ciencias constitúen un dos principais tipos de coñecemento.

O coñecemento, a súa natureza, a súa variedade, o xeito de como é adquirido, o proceso da súa adquisición, os seus valores e o seu papel nas sociedades humanas, estúdanse nunha variedade de disciplinas, incluíndo a filosofía, a epistemoloxía, a ciencia, a psicoloxía, as ciencias cognitivas, a antropoloxía e a socioloxía.

Algunhas definicións

editar

O coñecemento é a consciencia e o entendemento dos feitos, verdades ou información gañadas na forma da experiencia ou da aprendizaxe. O coñecemento é unha apreciación da posesión dos detalles interconectados que, no illamento, son de menor valor.

O coñecemento é un termo con moitos significados segundo o contexto, pero polo xeral está relacionado con tales conceptos como o significado, a información, a instrución, a comunicación, a representación, o estudo e o estímulo mental.

O coñecemento é distinto da información simple. Tanto o coñecemento como a información consisten en declaracións verdadeiras, pero o coñecemento é a información que ten un obxectivo ou o emprego. Os filósofos describirían isto como a información asociada coa intencionalidade. Chaman o estudo do coñecemento epistemoloxía.

Unha definición común de coñecemento é que consiste na crenza xustificada verdadeira. Esta definición provén do Theaetetus de Platón [2]

Que constitúe o coñecemento, a certeza e a verdade son cuestións polémicas. Estas cuestións son discutidas por filósofos, científicos sociais e historiadores. Ludwig Wittgenstein escribiu Sobre a certeza —aforismos acerca destes conceptos— explorando as relacións entre o coñecemento e a certeza.

Coñecer e saber

editar
 
Espiral do coñecemento,

Diferenciamos, dun modo técnico e formalizado [3] os conceptos de coñecer e saber, por máis de que, na linguaxe ordinaria, se usen ás veces como sinónimos, outras veces non.[4]

Coñecer, e o seu produto, o coñecemento, está ligado a unha evidencia que consiste na crenza baseada na experiencia e na memoria e á algo común na evolución des seres naturais concibidos como sistemas, a partir dos animais superiores.

Saber, pola súa parte, require, ademais do anterior, unha xustificación fundamental; é dicir, un engarce nun sistema coherente de significado e de sentido,[5] fundado no real e comprendido como realidade; máis alá do coñecemento do obxecto no momento presente como se fora definitivo e completo. Un sistema que constitúe un mundo e fai deste feito de experiencia algo con entidade consistente.[6]

É dicir, que as cousas alleas á razón non poden ser obxecto de ciencia. E un pouco máis adiante recoñece que os elementos simples son por iso "irracionais", xa que non se pode dar razón deles. E despois, no "Sofista", intenta por iso "ir máis alá" do elemental como elemental, senón ao fundamento do mesmo, á "Idea" (Logos), a "racionalidade" que serve de fundamento ou, como di Xavier Zubiri, (Inteligencia y razón, páx. 258 e ss.), fai posíbel o "verdadear" das cousas e os feitos como realidade. O saber da verdade, así concibido, é un "feito aberto" como proceso intelectual e non un logro definitivo, (Hilary Putnam, Razón, verdade e historia, Madrid, Tecnos, 1988.</ref> Un conxunto de razóns e outros feitos independentes da miña experiencia que, por un lado, ofrecen un "saber qué" é o percibido e, por outro lado, orientan e definen a conduta, como un "saber facer" como resposta adecuada e unha valoración de todo iso respecto ao bo.[7]

Tipos de coñecemento e características

editar
O coñecemento é O coñecemento expresa
  • Función
  • Acción
  • Produto
  • Resultado do desenvolvemento da vida dun individuo.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para coñecemento.
  2. "ciencia es la opinión verdadera acompañada de razón". (δοξα άληθης μεταλογου). Platón. Teeteto. Trad. Juan B. Bergua. Madrid. Ediciones Ibéricas. 1960. páxs. 122 e 223.
  3. Seguimos os termos da tese de Daniel Quesada; en cambio, Zubiri, o que aquí consideramos saber el o considera coñecemento en tanto que intelección racional. Véxase Intelixencia e razón, páx. 161.
  4. "Coñezo a Antonio". "Coñezo China". Ás persoas e ás nacións non se "saben". En cambio, "sei montar en bicicleta"; "sei a lección"; "sei por que funciona un motor". Nalgúns casos esta diferenza ten sentido: "Coñezo o teorema de Pitágoras" versus "Sei o teorema de Pitágoras". Noutros moitos casos son intercambiábeis o coñecer e o saber e a RAG tampouco os define dun modo plenamente diferenciado, porque o uso, aínda cando establece diferenzas, non son o suficientemente esclarecedoras. Véxase [https://web.archive.org/web/20130722230111/http://www.realacademiagalega.org/dicionario Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. Dicionario da Real Academia Galega.
  5. Significado de coherencia dentro dun contexto cognitivo, lóxico, lingüístico etc. que define un mundo posíbel. Véxase tamén referencia ao sentido de Heidegger en canto a un fundamento último existencial
  6. Non no sentido de lóxica formal, pero si relacionado fundamentalmente e no fondo coa lóxica na súa relación co contido material de coñecemento.
  7. Ferrater Mora, J. Diccionario de Filosofía, Madrid, Alianza Diccionarios, 1984; entrada "conocer". Hilary Putnam, Razón, verdad e historia, Madrid, Tecnos, 1988.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Dawkins, R. J. (2005): El gen egoísta. Las bases biológicas de nuestra conducta. Barcelona: Salvat. ISBN 84-345-0178-3
  • Ferrater Mora, J. (1979): De la materia a la razón. Madrid: Alianza. ISBN 84-206-2225-7
  • Ferrater Mora, J. (1984): Diccionario de Filosofía (4 volumes). Barcelona: Alianza Diccionarios. ISBN 84-206-5299-7
  • Husserl, E. (1993): Ideas relativas a una fenomenología pura y una filosofía fenomenológica, (Trad. José Gaos). México: Fondo de Cultura Económica. ISBN 84-375-0255-1
  • Husserl, E. (2005): Investigaciones Lógicas. 2 Volumes. (Trad. de Manuel García Morente e José Gaos). Buenos Aires: Alianza. ISBN 84-206-8196-2
  • Lakatos, I. (1983): La metodología de los programas de investigación científica. Madrid: Alianza. ISBN 84-206-2349-0
  • Lyotard, J. F. (1994): La condición postmoderna: informe sobre el saber. Madrid: Cátedra. ISBN 84-376-0466-4
  • Penrose, R. (1991): La nueva mente del emperador. Madrid: Mondadori. ISBN 84-397-1786-5
  • Putnam, H. (1988): Razón, verdad e historia. Madrid: Tecnos. ISBN 84-309-1577-X
  • Quesada, D. (1998): Saber, opinión y ciencia: Una introducción a la teoría del conocimiento clásica y contemporánea. Barcelona: Ariel. ISBN 84-344-8746-2
  • Quine, W. V. (1998): Del estímulo a la ciencia. Barcdelona: Ariel. ISBN 84-344-8747-0
  • Russell, B. (1959): El conocimiento humano: su alcance y sus limitaciones. Madrid: Taurus.
  • Villoro, J. (1982): Creer, saber, conocer. México: Siglo XXI Editores. ISBN 968-23-1151-9
  • Zubiri, X. (1980): Inteligencia sintiente. Madrid: Alianza. ISBN 84-206-9011-2
  • Zubiri, X. (1982): Inteligencia y Logos. Madrid: Alianza. ISBN 84-206-9012-0
  • Zubiri, X. (1983): Inteligencia y Razón. Madrid: Alianza. ISBN 84-206-9016-3

Ligazóns externas

editar