Cobalamina
A cobalamina ou vitamina B12 é unha vitamina hidrosoluble. Posúe un grupo prostético, que contén cobalto, con enlaces semellantes aos do ferro coa hemoglobina.
A cobalamina ten funcións metabólicas e actúa como coenzima aceptora de hidróxeno. Contribúe a reducir os ribonucleótidos a desoxirribonucleótidos, fundamental na replicación do ADN. Por mor destas funcións, intervén no crecemento e na maduración de eritrocitos.
A vitamina B12 está presente en moitos alimentos vexetais. Para a súa absorción é preciso a síntese de factor intrínseco, producido nas paredes do estómago. Unha vez unida ao factor, absórbese no íleo terminal.
O seu déficit ocasiona anomalías hematolóxicas, coma anemia macrocítica ou anemia perniciosa. A falla prolongada desta vitamina causa alteracións do tecido nervioso, especialmente nos cordóns posteriores da medula e nos cordóns lateais. Estas dexeneracións poden causar a perda da sensibilidade periférica ou incluso parálise.
O ligando axial superior do ión cobalto da cobalamina pode variar, o que orixina as seguintes substancias:
- Cianocobalamina (na que R = -CN), forma manufacturada non natural, usada como medicamento
- Hidroxocobalamina (R = -OH)
- Metilcobalamina (R = -Me), que é unha forma activa da vitamina B12
- Adenosilcobalamina (R = -Ado), que tamén é unha forma activa da vitamina B12.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Tratado de Fisiología Médica. Guyton. Undécima edición. ISBN 84-8174-926-5 (en castelán)