Coligny
Coligny é unha vila francesa do departamento do Ain, na rexión de Ródano-Alpes.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Francia | |||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | |||
Rexións | Auvernia-Ródano-Alpes | |||
Departamento | Ain | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 1.227 (2021) (72,73 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921277 | |||
Superficie | 16,87 km² | |||
Altitude | 199 m-575 m | |||
Comparte fronteira con | Domsure Villemotier Salavre Pirajoux Senaud (–2015) Val-d'Épy (–2015) Q55956821 (2016–2017) Chazelles (pt) (–2016) Les Trois-Châteaux (2016–) Val-d'Épy (pt) (2018–) Saint-Jean-d'Étreux (–2018) | |||
Organización política | ||||
• Mayor of Coligny (en) | Bruno Raffin Bruno Raffin (2014–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 01270 | |||
Fuso horario | ||||
Páxina web | mairie-coligny.fr |
Historia
editarColigny é famosa polo seu calendario lunisolar, o Calendario de Coligny. O calendario, que data arredor do século I, foi a clave para a comprensión dos coñecementos da astronomía dos galos, e tamén forneceu información interesante sobre a lingua gala (como os nomes dos meses e as palabras "afortunado" e "desafortunado"). O calendario consistiu nun gravado de bronce orixinalmente descuberto en fragmentos en 1897.[1] Está escrito en alfabeto latino e representa un ciclo de cinco anos composto de tres anos, con 12 mes lunares e dous anos (o primeiro e terceiro) con 13 meses lunares.
A finais do século XIX foi descuberta unha estatua de bronce na vila, que foi bautizada como Dieu de Coligny (Deus de Coligny).
Notas
editar- ↑ http://www.roman-britain.org/celtic/coligny.htm Arquivado 17 de setembro de 2004 en Wayback Machine. Roman-Britain.org