Deutsche Bank Park
O Deutsche Bank Park, usualmente coñecido polo seu nome orixinal, Waldstadion, é un estadio de fútbol da cidade de Frankfurt, en Alemaña. Pertence ó club Eintracht Frankfurt, que xoga a Bundesliga. O primeiro Waldstadion foi inaugurado en 1925 e durante a segunda guerra mundial foi empregado en eventos políticos. En 1974, xogáronse tres partidos do mundial de 1974.
Deutsche Bank Park | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 50°04′07″N 8°38′43″L / 50.068611, 8.645278 |
Localización | Frankfurt, Alemaña |
Nomes antigos | Waldstadion (1925–2005) Commerzbank-Arena (2005–2020) |
Construción | |
Inauguración | 21 de maio de 1925 |
Renovación | 1937, 1953, 1974, 2005 |
Arquitecto | Gerkan, Marg & Partner, Max Bögl |
Custo | 150 millóns de € |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 × 68 m |
Capacidade | 51.500 |
Propietario | Waldstadion Frankfurt |
Operadora | Eintracht Frankfurt Stadion GmbH |
Localía | Eintracht Frankfurt (1925– ) |
Web | https://www.deutschebankpark.de/ |
Eventos | |
Copa do Mundo de fútbol 1974 Copa Confederacións de 2005 Copa do Mundo de fútbol 2006 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ten capacidade para 52.000 espectadores. Unha das súas características principais é un monitor central e o teito retráctil, para protección nos días de chuvia (que fallou na final entre o Brasil e a Arxentina da Copa de Confederacións de Fútbol de 2005) ou nos días de moita calor (como no encontro Corea do Sur e Togo, do mundial de 2006). Entre 2005 e 2020 o estadio chamouse Commerzbank-Arena após un contrato de patrocinio co dito banco, pasando posteriormente a adquirir o seu actual nome. Neste estadio xogáronse encontros do Mundial de Fútbol de 1974 e de 2006. Nesa última edición a súa capacidade foi reducida a 48.132 prazas.
Encontros do Mundial de Fútbol Alemaña 1974
editarNo antigo Waldstadion:
- 13 de xuño: Grupo 2 Brasil 0 - 0 Iugoslavia
- 18 de xuño: Grupo 2 Escocia 0 - 0 Brasil
- 22 de xuño: Grupo 2 Escocia 1 - 1 Iugoslavia
Encontros do Mundial de Fútbol Alemaña 2006
editar- 10 de xuño: Grupo B Inglaterra 1 - 0 Paraguai
- 13 de xuño: Grupo G Corea do Sur 2 - 1 Togo
- 17 de xuño: Grupo D Portugal 2 - 1 Irán
- 21 de xuño: Grupo C Países Baixos 0 - 0 Arxentina
- 1 de xullo: Cuartos de Final Brasil 0 - 1 Francia
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Deutsche Bank Park |