Comunidade Francesa de Bélxica
A Comunidade Francesa de Bélxica (en francés: Communauté française de Belgique) é unha das tres comunidades lingüísticas de Bélxica. A súa sede atópase en Bruxelas e opera dentro das rexións belgas de Bruxelas-Capital e Valonia.
Fédération Wallonie-Bruxelles (fr) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Bélxica | |||
Capital | Bruxelas | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 16.151 km² | |||
Creación | 1980 | |||
Organización política | ||||
Órgano executivo | Government of the French Community (en) | |||
• Minister-President of the French Community (en) | Pierre-Yves Jeholet (2019–) | |||
Órgano lexislativo | Parliament of the French Community (en) , (Escano: 94) | |||
Membro de | ||||
Sitio web | federation-wallonie-bruxelles.be | |||
A Comunidade non designa a un territorio, senón á comunidade de persoas que se comunican en lingua francesa e que viven nas áreas onde a Comunidade ten competencias. A Comunidade francesa dispón de institucións propias: parlamento e goberno, e exerce as súas competencias nos ámbitos de educación, cultura, política lingüística, medios de comunicación, investigación, saúde, mocidade e deportes.
Descrición
editarA Comunidade Francesa agrupa a 4,2 millóns de cidadáns francófonos, dos cales 3,3 millóns (78,6 %) viven na Rexión Valoa e 0,9 millóns (21,4 %) na Rexión de Bruxelas-Capital. Os valones residentes na área de fala alemá dos Cantóns do Leste, os flamengos de Bruxelas, e os francófonos residentes na periferia flamenga de Bruxelas non forman parte da Comunidade Francesa.
Institucións
editarA cidade de Bruxelas é a sede do Parlamento e do Goberno da Comunidade Francesa.
Parlamento
editarO Parlamento componse de 94 membros (os 75 membros do Parlamento valón e 19 membros elixidos entre os cargos electos francófonos do Parlamento da rexión de Bruxelas capital).
Goberno
editarO Parlamento elixe ao Goberno. Un dos seus membros pertence polo menos á rexión de Bruxelas capital.
Desde o 20 de marzo de 2008, o Goberno da Comunidade Francesa está presidido por Rudy Demotte, membro do Partido Socialista (PS) e ministro-presidente do goberno valón.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Comunidade Francesa de Bélxica |