Corola
A corola é o verticilo interno do perianto da flor, case sempre vistoso.
O concepto pode ser definido de xeito máis simple como o conxunto de follas modificadas dunha flor (pétalos). Os pétalos acostuman a estar dispostos libres entre si ou fusionados ós outros. Cando están fusionados, a porción estreita basal recibe o nome de tubo, a superior libre, limbo, e a abertura, fauce.
Están presentes só en anxiospermas.
Flores
editarAs súas flores son xeralmente coloridas e con diversas variacións de cor, tamaño e forma. Cores "esverdeadas" acostuman a ser menos comúns. As cores son importantes na polinización pois atraen insectos que transportan o pole do estame dunha flor, ao carpelo doutra.
Polinización
editarA polinización foi tema de numerosos estudos por parte do naturalista inglés Charles Darwin, contribuíndo de xeito substancial na formulación da súa Teoría da evolución (publicada en 1859 co nome de A orixe das especies)[1].
Galería
editarNotas
editar- ↑ Analysis of theory of evolution of corolla elongation involving pollinating species, 25 de xullo de 2008 (en inglés)