Cubozoos
Cubozoos | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Chironex sp. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Familias | |||||||||||
|
Os cubozoos (Cubozoa, do grego κύβος kýbos, 'cubo', e ζῷον zôon, 'animal'), son unha clase do filo dos cnidarios (Cnidaria). O seu nome alude á forma cúbica do corpo destes animais.
Posúen certa semellanza coas medusas da clase dos escifozoos (Scyphozoa), e a súa posición taxonómica non está aínda ben definida. Non chegan ás 40 especies descritas que, antigamente, se clasificaban dentro dos escifozoos.
O nome da clase refírese ao aspecto visual dos sifóns, que lembran un cubo (ao contrario das medusas, que son circulares, en forma de paraugas).
Características
editarOs cubozoos, ao contrario das medusas que son animais planctónicos filtradores, son predadores activos, con capacidade de desprazamento propia. Algúns estudos indican que os cubozoos non se limitan a acompañar as correntes oceánicas e poden percorrer cerca dun quilómetro en media hora. Este modo de vida activo implica a necesidade de períodos de descanso, que os cubozoos realizan durante as noites que pasan no fondo do mar.
Outra característica especial dos cubozoos e que están dotados de visión. Estes animais teñen 24 ollos agrupados en conxuntos de seis e dispostos nos catro lados que compoñen o sifón. Cada un destes conxuntos ten dous tipos de ollos: fosas que detectan a luz (semellantes ás observadas noutros cnidarios) e ollos propiamente ditos, extremadamente complexos e coa mesma estrutura que o ollo humano composto por cristalino, retina e córnea. A pesar desta complexidade, non está claro como é que estes animais procesan a información adquirida polos ollos, xa que non posúen cerebro. En vez dun sistema cognitivo central, os cubozoos teñen zonas de elevada densidade de nervios xunto aos conxuntos de ollos, que poden ser centros de procesamento de información. Para xustificar a evolución dun sistema visual tan elaborado foi suxerido que os cubozoos buscan e cazan activamente as súas presas, que inclúen krill, pequenos cangrexos e peixes.
Clasificación
editarTaxonomía
editarSegundo o "Système d'Information Taxonomique Intégré":
- clase Cubozoa
- orde Carybdeida Claus, 1886 (Sin. de Cubomedusae Haeckel, 1880)
- familia Carybdeidae Gegenbaur, 1856
- orde Chirodropida Haeckel, 1880
- familia Chirodropidae Haeckel, 1880
- familia Chiropsalmidae Thiel, 1936
- orde Carybdeida Claus, 1886 (Sin. de Cubomedusae Haeckel, 1880)
Segundo a "Animal Diversity Web" e a National Center for Biotechnology Information:
- clase Cubozoa
- orde Cubomedusae
- familia Carybdeidae
- familia Chirodropidae
- orde Cubomedusae
Segundo Catalogue of life[1]
- clase Cubozoa
- orde Chirodropida
- familia Chirodropidae
- familia Chiropsalmidae
- orde Cubomedusae
- familia Alatinidae
- familia Carybdeidae
- orde Chirodropida
Notas
editar- ↑ "Cubozoa". www.catalogueoflife.org. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2022. Consultado o 2022-03-03.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Cubozoos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cubozoos |
Bibliografía
editar- D'Ancona, Humberto (1972): Tratado de Zoología. Tomo II. Zoología especial. 4ª ed. Barcelona: Editorial Labor, S. A.
- Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W. (2006): Principios integrales de zoología. 13ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
- Ruppert, Edward E., Fox, Richard S. e BARNES, Robert D. (2005):Zoologia dos invertebrados: uma abordagem funcional-evolutiva. 7º ed. São Paulo: Roca. ISBN 85-7241-571-8.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Clasificación dos cubozoos (en inglés)
- Feitos dos cubozoos Arquivado 21 de outubro de 2006 en Wayback Machine. (en inglés)
- ThinkQuest: Box jellyfish, Boxfish, Deadly sea wasp (en inglés)
- Os cubozoos, perigos na gran barreira de coral (en inglés)
- Ollos dos cubozoos (en inglés)
- Predicións sobre os cubuzoos (en inglés)