Death 'n' roll
Death 'n' roll e o termo aplicado para cualificar a aqueles grupos de death metal que incorporan elementos típicos do rock and roll no seu son. O resultado desta combinación é unha mestura das características típicas do death metal, como as voces guturais e a distorsión nas guitarras, con elementos reminiscentes do hard rock e o heavy metal tradicional dos anos 1970.[1][2] Entre os grupos incluídos nesta clasificación atópanse bandas como Entombed,[3] Deuteronomium[4] e Gorefest.[2]
Death 'n' roll | |
---|---|
Orixe musical | death metal, hard rock, heavy metal, rock 'n' roll |
Orixe cultural | Comezos dos anos 1990 en Escandinavia |
Instrumentos típicos | Guitarra eléctrica, baixo, batería, voz |
Historia
editarAínda que a etiqueta "death 'n' roll" asiciouse nun principio con Entombed,[5] Daniel Ekeroth asocia o estilo cun grupo anterior chamado Furbowl.[6] Despois de que Entombed lanzase o seu álbum Wolverine Blues a banda asociouse ao que a prensa musical bautizou como "death 'n' roll", un nome que seguiu á carreira de Entombed desde entón.[7][8]
Outro lanzamento de death 'n' roll digno de mención éo álbum de Gorefest Soul Survivor, publicado en 1996. Este traballo amosaba máis que un aceno pasaxeiro ao rock clásico.[9] Proba desa influencia foi a xira de clubs organizada pola banda ese mesmo ano, onde Gorefest tocou temas de AC/DC, Black Sabbath e Deep Purple.[10] Gorefest separouse despois do seu último álbum da década de 1990, Chapter 13, que continuou a tendencia iniciada en Soul Survivor[9] (Gorefest reformouse sete anos despois). Dous dos seus membros tocarían posteriormente en Live & Dangerous, unha banda tributo a Thin Lizzy dos Países Baixos.[11]
Confrontados coa etiqueta "death 'n' roll" nas entrevistas, os artistas de death metal aos que adoita estar unida reaccionan con escepticismo a este termo. LG Petrov de Entombed fixo a seguinte declaración sobre esta cuestión: "Vémolo como música de Entombed, se a xente ve iso como death 'n' roll que así sexa. Nós simplemente rimos, death 'n' roll, por que non? Cando escribimos cancións, non pensamos que ten que ser un estilo particular".[8] Cando lle preguntaron sobre a súa mestura de death metal e rock and roll, Frank Harthoorn de Gorefest respondeu: "Estraño, todo o mundo sempre mencionou esta cousa do death n' roll. Para min é só metal, claro e simple. Non creo que as nosas influencias sexan diferentes ás doutras bandas".[12]
Notas
editar- ↑ Lee, Cosmo (14 de marzo de 2007). "Phazm - Antebellum Death ‘n’ Roll". Stylus. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2008. Consultado o 18 de xullo de 2008.
- ↑ 2,0 2,1 Huey, Steve. "Gorefest - Biography". Allmusic. Consultado o 15 de febreiro de 2008.
- ↑ Ekeroth, Daniel (2008). Swedish Death Metal (en inglés). Bazillion Points Books. p. 264. ISBN 9780979616310.
- ↑ "Deuteronomium". White Throne Metal Reviews. Consultado o 12 de novembro de 2015.
- ↑ Tobin, Dan (1999). Wolverine Blues (libreto do CD). Entombed. Nottingham, Reino Unido: Earache Records. p. 8
- ↑ Ekeroth, 2008, p. 264
- ↑ "Entombed". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-10-17.
- ↑ 8,0 8,1 "Entombed Interview". web.archive.org. 2008-04-23. Consultado o 2024-10-17.
- ↑ 9,0 9,1 "Gorefest". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-10-17.
- ↑ "MusicMight :: Artists :: GOREFEST". web.archive.org. 2012-09-26. Consultado o 2024-10-17.
- ↑ "GOREFEST Members' THIN LIZZY Tribute Band; Photos Available". Blabbermouth. 2009-02-26. Consultado o 2024-10-17.
- ↑ "Entrevista a Frank Harthoorn de Gorefest". archive.ph. 2009-10-26. Consultado o 2024-10-17.